Saltar ao contido

Koulukarun lassikko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A pista de xeo de Koulukatu, na que se disputou o partido.

O Koulukarun lassikko foi un partido de hóckey sobre xeo feminino disputado ao aire libre o 28 de xaneiro de 2012 na pista de xeo de Koulukatu, en Tampere (Finlandia). O partido enfrontou os dous equipos que dominaron a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, as Espoo Blues e as xogadras locais do Ilves. O partido finalizou coa vitoria do Ilves por 3-1.

Antes do partido principal entre o Ilves e o Espoo Blues disputouse o "mammapeli", un partido entre xogadoras veteranas do Ilves e un equipo integrado por algunhas das xogadoras máis destacadas do hóckey sobre xeo feminino finlandés dos anos anteriores e denominado "Muu Suami".

Artigo principal: Pista de xeo de Koulukatu.

O Koulukarun lassikko disputouse na mítica pista de xeo de Koulukatu de Tampere o 28 de xaneiro de 2012.[1] A pista forma parte da historia do hóckey sobre xeo finlandés, xa que foi a primeira pista de xeo artificial construída en Finlandia na década de 1950. Koulukatu foi ademais a casa do Ilves Naiset durante case dúas décadas, ata que o equipo se trasladou ao Tesoman jäähalli,[2] no oeste da cidade.

Eventos previos

[editar | editar a fonte]

Mammapeli

[editar | editar a fonte]

Ás 12:45, hora local, iniciouse o chamado "mammapeli" (en galego "partido das nais") entre antigas xogadoras do Ilves e "Muu Suami", un equipo formado algunhas das mellores xogadoras do hóckey sobre xeo feminino finlandés dos anos anteriores.[2]

O equipo de xogadoras retiradas de Ilves contou coa presenza de:[3]

O equipo do "Muu Suami" estivo integrado polas seguintes xogadoras:[4]

Retirada do número de Anne Haanpää

[editar | editar a fonte]

Antes do inicio do partido entre o Ilves e o Espoo Blues, o equipo de Tampere honrou a carreira da antiga xogadora do equipo Anne Haanpää retirando o número 10. Esta era a segunda vez que o Ilves feminino retiraba un número en honor a unha antiga xogadora logo de ter retirado o número 16 en recoñecemento á carreira de Marianne Ihalainen. A cerimonia de retirada foi dirixida polo daquela director do Museo finlandés do hóckey sobre xeo, Kimmo Leinonen, e nela estivo tamén presente o presidente da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo, Kalervo Kummola.[5]

Anne Haanpää naceu en Tampere e xogou boa parte da súa carreira no Ilves, equipo co que gañou cinco campionatos finlandeses. Coa selección finlandesa Haanpää gañou catro ouros e un campionatos de Europa e catro bronces nos campionatos do mundo.[6]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Os equipos de Ilves e Blues eran nesa tempada os dous equipos máis exitosos do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia con 10 ouros, 9 pratas e 5 bronces das de Tampere por 10 ouros, 1 prata e 7 bronces das de Espoo.[7] Esa tempada o Ilves, logo da tempada de outono, posicionouse como o máximo favorito a alzar o título finlandés cun rexistro de 50 puntos (16 vitorias, unha vitoria máis aló do tempo regulamentario, e tan só tres derrotas) nos primeiros 20 encontros.[8][9] A última final disputada entre ambos equipos tivo lugar na tempada 2009-10, cando as xogadoras do Ilves gañaron o seu último título ata a data logo de impoñerse ás Blues en no quinto partido (I-B 1–2 (pr.), B-I 3–2 (pr.), I-B 2–1 (pr.), B-I 1–5, I-B 3–2 (pr.)).[10]

O partido

[editar | editar a fonte]
Johanna Koivula, capitá do Ilves na tempada 2011–12, nunha imaxe de 2022.

O partido correspondeu á liga regular da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino, daquela denominada Naisten SM-sarja[a] A xornada de hóckey sobre xeo comezou ás 12:45 co deonominado "mammapeli" Ilves-Muu Suami, un partido no que se enfrontaron as mellores xogadoras das tempadas pasadas.[2]

O partido que enfrontou aos equipos das Ilves e as Blues decantouse do lado do equipo local (3-1). As de Tampere foron superiores ao equipo de Espoo, como recoñeceu logo do partido a capitá visitante Essi Hallvar.[12]

Por parte do Ilves xogaron as dúas porteiras: Vilma Vaattovaara (a primeira metade do partido) e Linda Selkee (a segunda). Para Vaattovaara a vitoria do Ilves significou volver ao camiño da vitoria, xa que viña de encaixar unha derrota días antres fronte ao HPK que supuxo a súa primeira derrota na liga regular, durante a primeira metade do partido Vaattovaara non encaixou ningún gol.[13]

Repercusión

[editar | editar a fonte]

A organización do clásico invernal da Naisten SM-sarja valeulle ao Ilves o recoñecemento como mellor actuación do ano no hóckey feminino por parte da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo na cerimonia de entrega de premios anual que tivo lugar no estadio de Hakametsä durante o primeiro descanso do partido que enfrontou ás seleccións de Finlandia e Belarús en abril de 2012.[14]

  1. Dende a tempada 2017-18 denominada Naisten Liiga.[11]
Referencias
  1. "Naisten SM-sarjaa: Koulukarun Lassikko la 28.1.2012" (en finés). Ilves Hockey. 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mennander, Pasi (13 de xaneiro de 2012). "SM-sarjakiekko palaa Tampereen Koulukadulle - Ulkojääottelu 28.1.2012!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  3. "Koulukarun lassikon "mammapelin" emännillä kokemusta 2586 sarjapelin verran - Tässä kokoonpano" (en finés). Leijonat.fi. 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2023. 
  4. "Reilu viikko Koulukarun lassikkoon - Tässä Muun Suamen joukkue!" (en finés). Leijonat.fi. 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2023. 
  5. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Anne Haanpää nousi pääosaan "lassikossa" - Pelinumero jäähän" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 27 de marzo de 2023. 
  6. "Anne Haanpää" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de marzo de 2023. 
  7. "Naisten SM:n mitalijoukkueet kautta aikojen" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de marzo de 2023. 
  8. "Ilves repii etumatkaa naisten SM:n kärjessä" (en finés). Leijonat.fi. 11 de decembro de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2023. 
  9. Mennander, Pasi (13 de xaneiro de 2012). "Ilveksen naiset haluavat kaataa Bluesin "lassikossa" - "Pikkupakkanen olisi hyvä!"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de marzo de 2023. 
  10. "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2022-2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 255. 
  11. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  12. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Ilves vei Koulukarun lassikon - Upea ilma kruunasi hienon tapahtuman" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  13. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Vaattovaara palasi voittokantaan - "Ihan mahtava peli!"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  14. "Jääkiekkoliitto palkitsi ansioituneita". Sportti.com (en finés). 21 de abril de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]