Saltar ao contido

Historia do Ilves Naiset

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xogadoras de Ilves Naiset na tempada 2021-22 no Tesoman jäähalli.

O Ilves Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo fundado en 1971 na cidade de Tampere, Finlandia. Inicialmente tivo que xogar contra equipos masculinos de categoría júnior ao ser o único equipo feminino da cidade, e debutou contra un equipo feminino o 5 de marzo de 1978 en Espoo. Xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga, dende a súa tempada inaugural en 1982, e conquistaron o seu primeiro campionato finlandés en 1985. En total o equipo proclamouse campión de Finlandia 10 veces, sendo o segundo equipo máis laureado do hóckey sobre xeo finlandés por detrás de Kiekko-Espoo, que conta con cinco campionatos máis. En 2011 converteuse no primeiro e único equipo feminino finlandés de hóckey sobre xeo en conquistar un título continental logo de gañar a sétima edición da IIHF European Women's Champions Cup.

Logo de empregar distintas pistas da cidade, na década de 1980 o equipo xogou na pista de xeo de Koulukatu, e en 1989 trasladouse ao recentemente finalizado Tesoman jäähalli como pista para os seus partidos como local, onde xoga dende aquela.

O Museo finlandés do hóckey sobre xeo introduciu sete antigas xogadoras do equipo no seu Salón da Fama (coñecido como Suomen Jääkiekkoleijonat, en galego Leóns/leoas do hóckey sobre xeo finlandés), sendo Marianne Ihalainen unha das dúas primeiras mulleres homenaxeadas. O equipo retirou os números 10, 15 e 16 en honor a Anne Haanpää, Johanna Koivula, e a propia Ihalainen. Ademais, tres mulleres do equipo foron homenaxeadas no chamado "Ilves Hockey Legends", no que están incluídas algunhas das personalidades máis destacadas do equipos de hóckey sobre xeo de Ilves, tanto en categoría feminina como na masculina.

Antecedentes: a fundación de Ilves

[editar | editar a fonte]
O Tampereen lyseo, onde naceu Ilves en 1931.

O Ilves foi fundado no instituto Tampereen Lyseo o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo, que era profesor no centro, para que o alumnado puidese practicar deportes de pelota.[1] Tammisalo acabaría converténdose no primeiro presidente do club.[1][2]

Axiña o novo club comezou a práctica do hóckey sobre xeo en categoría masculina, disputando o seu primeiro partido no xeo do Näsijärvi o 24 de xaneiro de 1932, e pouco despois o equipo debutou en competición oficial o 6 de febreiro dese mesmo ano.[3][4] Con todo, tiveron que pasar varias décadas ata que o club incluíu a práctica do hóckey sobre xeo en categoría feminina.

Lasse Oksanen (á dereita) foi o principal impulsor do hóckey feminino en Ilves.

O Ilves comezou a desenvolver o hóckey sobre xeo feminino en 1971 co pulo do xogador Lasse Oksanen.[5] Durante as súas primeiras tempadas o Ilves era o único equipo feminino de Tampere, polo que buscou opoñentes nos equipo júnior masculinos, e non foi ata o 5 de marzo de 1978 cando xogou o seu primeiro partido fronte a outro equipo feminino, que se saldou coa vitoria do Ilves fronte ao Jäähonka en Espoo por 5-6.[6] O equipo comezou a adestrar e xogar na pista de Kaukajärvi, mais trasladouse cando Esko Peltonen se converteu no adestrador do distrito de Vehmainen. Non foi ata a década de 1980 cando as mulleres do Ilves puideron trasladarse á pista de xeo de Koulukatu, aínda que en numerosas ocasións os adestradores dos equipos júnior masculinos opuxéronse a darlles quendas no xeo.[7] Nesa época, no ano 1980, había xa tantas xogadoras que se puido formar un segundo equipo feminino, que foi chamado Ilves-Kiekko.[8] O equipo feminino puido empregar as distintas pistas de xeo da cidade ao longo da década, aínda que o Tesoman jäähalli, que non se completou ata 1989, converteuse na pista permanente para o equipo.[7]

Ilves debutou na primeira tempada da Naisten SM-sarja na pista de xeo de Koulukatu o 27 de novembro de 1982.

O Ilves participou no Torneo Lipstick, un torneo que é considerado o campionato feminino non oficial entre 1978 e 1982, levándose o título en 1980, 1981 e 1982.[9] En 1982 foi un dos equipos fundadores da Naisten SM-sarja,[a] xogando o seu primeiro partido na pista de xeo de Koulukatu o 27 de novembro dese ano fronte ao equipo feminino das Porin Ässät, ao que derrotou por 14–2.[5][8] No seu debut o equipo de Tampere finalizou a primeira fase da competicón na primeira posición do grupo A, no que contou todos os seus partidos por vitorias e conseguiu unha espectacular marca goleadora de 129 goles a favor fronte a 9 en contra nos oito partidos disputados. Finalmente conseguiu a medalla de prata como subcampión por detrás do HJK de Helsinqui logo de finalizar cun rexistro dunha vitoria e dous empates no grupo final, para un total de catro puntos, un menos que as da capital.[10] Na segunda tempada da Naisten SM-sarja, o Ilves quedou encadrado no grupo central xunto coas Tiikerit, as Ässat e o SaiPa. O equipo conseguiu novamente finalizar na primeira posición a primeira fase de competición sen perder ningún partido, anotando 46 goles e encaixando tan só seis nos seis encontros disputados. Na fase final o Ilves concluíu na terceira posición. O equipo de Tampere tan só puido conseguir unha vitoria fronte ao Tiikerit, e perdeu fronte ao EVU de Vantaa e ao HJK, que revalidaría o título logo de gañar todos os encontros.[11] A dianteira Jaana Rautavuoma liderou o equipo en todas as facetas do xogo durante a tempada.[12]

Época dourada

[editar | editar a fonte]

En 1985, logo de colleitar unha medalla de bronce na tempada anterior,[13] o Ilves conseguiu o seu primeiro campionato nacional, iniciando deste xeito unha xeira de catro anos consecutivos alzándose como campioas.[14] O equipo, liderado por Anne Haanpää (49 puntos, 38+11), comezou a competición no Keskilohko (Grupo Central), no que contou os seus oito partidos por vitorias cun rexistro de 161 goles a favor por tan só dous en contra. No grupo final, no que tamén participaron o HJK, o EVU e o seu segundo equipo, o Ilves-Kiekko, sumou cinco vitorias e unha derrota nos seus seis encontros para un total de 10 puntos fronte aos seis dos equipos de Vantaa e Helsinqui, que gañaron as medallas de prata e bronce respectivamente, mentres que o Ilves-Kiekko perdeu todos os seus encontros.[15][16]

Na rolda preliminar da tempada 1985-86 o equipo finalizou líder do Grupo Leste con oito vitorias noutros tantos partidos e cun espectacular rexistro de 161 goles a favor por tan só dous en contra, colleitando amplas vitorias como o 31-0 ou o 20-0 fronte ao Ketterä e o SaiPa respectivamente como local, ou a goleada 0-31 na casa do StU.[17] No campionato finlandés, disputado nun único grupo, o Ilves gañou os 14 partidos que disputou e proclamouse campión por segunda vez consecutiva. As xogadoras do Ilves anotaron 93 goles e encaixaron tan só 14. O equipo estivo liderado novamente por Haanpää (25 puntos, 19+6), acompañada por Päivi Halonen (24, 10+14) e Marianne Ihalainen (22, 13+9). Pola súa banda, o Ilves-Kiekko só puido sumar dúas vitorias e outros tantos empates nas 14 xornadas de competición e tivo que conseguir a permanencia no play-out.[18][19]

A Sammon Malja, trofeo entregado ao equipo campión da SM-sarja.

O terceiro título do equipo non tardou en chegar, e na tempada 1986-87 conseguiu o terceiro entorchado consecutivo. O novo campionato nacional chegou logo dunha tempada de 14 partidos na que o Ilves tan só perdeu un encontro, na casa fronte ao EVU por 1-2. Se ben o equipo realizou numerosas goleadas, especialmente nos dous partidos fronte ao Ilves-Kiekko (17-3 e 0-15), as vitorias non foron tan avultadas como na tempada precedente e conseguiu un rexistro de 114 goles a favor e 25 en contra. O equipo estivo liderado por Marianne Ihalainen (39, 25+14), que foi a segunda máxima puntuadora da competición por detrás da xogadora do Sport Sari Krooks, nunha tempada na que seis xogadoras do Ilves estiveron entre as dez máximas puntuadoras da liga.[17] O cuarto campionato consecutivo chegou na tempada 1987-88. O Ilves gañou de novo os 14 partidos que disputou, moitos deles con moita comodidade, ata en cinco partidos anotou 10 ou máis goles e en sete encontros gañou por cinco ou máis goles. O equipo estivo liderado por Anne Nurmi (34, 21+13) e Marianne Ihalainen (33, 20+13), que foron a segunda e terceira máximas puntuadoras da competición, novamente por detrás da xogadora do Sport Sari Krooks, e cinco xogadoras do Ilves estiveron entre as dez máximas puntuadoras da liga.[17]

Entre o 31 de decembro de 1987 e o 3 de xaneiro de 1988 o equipo disputou un torneo internacional en Suíza. As xogadoras do Ilves iniciaron a competición no grupo A, encadradas co Assabeth Valley estadounidense e o Esslingen alemán. O equipo clasificouse como primeiro de grupo logo das vitorias fronte americanas (5-1) e xermanas (12-1), avanzando así directamente ás semifinais, onde se enfrontaron ás suecas do Nacka, ás que derrotaron por cinco goles a un. Con todo, as finlandesas caeron na final fronte ao combinado suízo por seis goles a catro.[17]

Logo de catro anos consecutivos alzándose como campión, o equipo de Tampere tivo que conformarse coa prata na tempada 1988-89.[20] A pesar de non perder ningún partido e ser o equipo máis goleador con 106 goles, logrando as vitorias máis avultadas (24-0 e 0-19 ao Sport), e o segundo menos goleado con 18 goles en contra, só superado polo EVU Vantaa (11 goles en contra),[b] O Ilves e o EVU finalizaron cos mesmos puntos a liga (25), polo que o vencedor decidiuse nunha final entre ambos os equipos. Logo de empatar no primeiro terzo da final (0-0), o Ilves impúxose no segundo (3-1), mais a reacción do equipo de Vantaa no derradeiro período levou o partido á prórroga, e finalmente na quenda de penaltis o ouro decidiuse a favor do EVU. Ese ano o equipo volveu estar liderado por Marianne Ihalainen, que conseguiu 30 puntos (19+11), os mesmos números que Anne Haanpää, sendo a segunda e terceira máximas puntuadoras da liga por detrás da xogadora do EVU Liisa Karikoski (33, 21+12); salientou tamén a figura de Tiia Reima, que cos seus 20 goles foi a máxima goleadora do equipo.[17] En agosto de 1989 inaugurouse o Tesoman jäähalli, un pavillón con capacidade para 800 persoas,[21] que pasou a converterse na casa do Ilves.[22]

O Tesoman jäähalli converteuse na casa do Ilves Naiset logo da súa finalización en 1989. Na imaxe o seu interior logo da remodelación de 2017.

Na tempada 1989-90, na que participaron sete equipos que disputaron un total de 12 partidos de liga regular, introducíronse os play-offs, consistentes en dúas roldas: semifinais e finais, coa disputa dun partido pola medalla de bronce entre os equipos perdedores das semifinais. O Ilves, liderado novamente por Ihalainen (máxima puntuadora, goleadora e asistente da liga regular) e Haanpää (segunda máxima puntuadora da liga regular), foi un ano máis o equipo máis goleador con 105 goles e protagonizou as maiores goleadas (16-0 e 0-14 fronte ás Tiikerit de Hämeenlinna, e 2-14 fronte ao SaiPa), con todo, as derrotas fronte ás Shakers de Kerava na casa (2-3) e en Vantaa fronte ao EVU (1-0) relegaron o equipo á segunda posición da liga regular cun punto menos que o EVU. Nas semifinais o Ilves eliminou de xeito cómodo ás Shakers sen encaixar ningún gol (3-0 e 0-7), disputándose así o campionato fronte ao EVU por segundo ano consecutivo. No primeiro partido, disputado en Vantaa, as linces impuxéronse de xeito cómodo (0-5), o que lles permitía proclamarse campioas no segundo partido, que se disputaría en Tampere. Finalmente o equipo de Tampere acabou impoñéndose tamén como local (4-1) e conseguiu o seu quinto título en oito anos, desquitándose así da derrota na tempada anterior fronte ao EVU no partido decisivo. Nas series polo título salientaron especialmente as figuras de Marika Lehtimäki, quen se converteu na máxima puntuadora do equipo (6, 1+5), e Tiia Reima, que con cinco goles foi xunto con Ihalainen (4 goles) o referente do equipo de cara á portería.[17] Ese ano, con todo, produciuse o descenso por motivos económicos do que fora o segundo equipo feminino de Tampere, o Ilves-Kiekko.[23]

A tempada seguinte viu a chegada de Kimmo Leinonen á administración do equipo,[24] e con el un novo campionato, o sexto na historia do equipo e segundo de xeito consecutivo. Logo da disputa dos 12 partidos da liga regular, o Ilves finalizou na primeira posición da clasificación contando todos os seus partidos por vitorias e sendo o equipo máis goleador (87 goles a favor) e o menos goleado (12 goles en contra), ademais rexistrou a maior goleada da tempada logo de gañar 14-0 na casa fronte ao KalPa. Logo de desfacerse nas semifinais das Ässät de Pori, o Ilves enfrontouse nas finais ao Shakers, segundo clasificado da liga regular, ao que derrotou en dous partidos (4-2 en Tampere e 3-4 en Kerava logo de finalizar o tempo regulamentario). Un ano máis Ihalainen liderou o equipo en puntos e goles, e foi a segunda máxima puntuadora da liga regular con 23 puntos (cinco menos que a xogadora das Shakers Johanna Ikonen, e a máxima puntuadora e goleadora (neste apartado empatada coa súa compañeira Tiia Reima) dos play-offs. Seis das once máximas puntuadoras das series polo título eran xogadoras do Ilves, e sete xogadoras do equipo foron seleccionadas para xogar ese ano no combinado nacional.[17]

O equipo seguiu alzando o título dous anos máis. Na tempada 1991-92, o equipo liderado por xogadoras como Anne Nurmi (23+8 para un total de 31 puntos), Marika Lehtimäki (29, 18+11), Tiia Reima (28, 20+8), Marianne Ihalainen (28, 9+19), finalizou na primeira posición da táboa cedendo tan só dous empates en 14 partidos cun rexistro de 114 goles a favor por seis en contra. Deste xeito o equipo dirixido por Kimmo Leinonen clasificouse para os play-offs, nos que alcanzou a final na que se impuxo ás Keravan Shakers para alzar por terceiro ano consecutivo o campionato finlandés.[25][26]

A tempada 1992-93, con Markku Hannunkivi no banco,[27] puxo punto e final á mellor etapa do club de Tampere, xa que o Ilves pasou os 12 anos seguintes sen conseguir ningún campionato, principalmente polo ascenso do Espoo Blues, que se acabaría convertendo no gran dominador dos primeiros anos do século XXI con sete títulos consecutivos entre 1999 e 2005.[28] Esa tempada as linces finalizaron a liga regular na segunda posición por detrás das Shakers, que sumaron un punto máis na clasificación. Con todo, na final conseguiron impoñerse ao equipo de Kerava e así alzarse co seu cuarto campionato consecutivo.[29]

O final dunha era

[editar | editar a fonte]

Nas tempadas 1993-94 e 1994-95 a loita polo campionato entre o Ilves e as Shakers continuou. En 1994 chegaron Petteri Linna e Jarmo Nurmi ao banco do Ilves, no que permaneceron dúas tempadas.[30][31] Ese ano as xogadoras de Tampere clasificáronse para o grupo final na primeira fase da liga logo de rematar na terceira posición por detrás das Shakers e o Kiekko-Espoo. O mesmo posto ocupou na fase final, co que se clasificou para os play-offs. Logo de derrotar ao Kiekko-Espoo nas semifinais, o Ilves disputou a final un ano máis fronte ás xogadoras de Kerava, mais desta volta as do lince tiveron que conformarse coa medalla de prata.[32] Ese ano o equipo estivo liderado por Tiia Reima,[33] que sumou 56 goles e 29 asistencias para un total de 85 puntos, só superada pola xogadora do Shakers Riikka Sallinen, que sumou un total de 129 puntos (73+56).[32]

O mesmo resultado conseguiu o equipo na tempada seguinte, cando logo de finalizar na segunda posición tanto na primeira como na segunda fase, o equipo eliminou nas semifinais dos play-offs ao KalPa, polo que volveuse enfrontar ás Shakers nas finais e colleitou unha nova medalla de prata. Esa tempada Sari Fisk liderou a liga tanto en goles (32) como en puntos (58), Marika Lehtimäki volveu ter un papel destacado no equipo con 49 puntos (21+28), así como Marianne Ihalainen, que cos seus 23 goles foi a segunda máxima goleadora do Ilves.[34][35]

Nas dúas seguintes tempadas o equipo de Tampere non conseguiu clasificarse para os play-offs. A pesar de finalizar na cuarta posición a primeira fase de competición na tempada 1995-96, tendo dúas vitorias máis que as quintas clasificadas (Kiekko-Espoo), a mala liga regular do Ilves levou o equipo á quinta praza, superado nunha vitoria polas xogadoras de Espoo.[36] A mesma historia repetiuse un ano despois, co equipo finalizando a primeira fase na terceira posición, e caendo na liga regular ata a quinta posición, véndose superadas polas Shakers e as Kärpät, estas últimas logo de realizar unha gran liga regular na que só perderon un partido.[37]

Logo de dous anos sen loitar polo título, o Ilves experimentou unha mellora na tempada 1997-98 da man de Antti Kallioinen e Ville Tolvanen no banco. A vella garda, con Tiia Reima, Sari Fisk e Marianne Ihalainen seguiu liderando o equipo, que finalizou a primeira fase e a liga regular na terceira posición, o que lle permitiu disputar de novo os play-offs. Logo de caer nas semifinais fronte ás Kärpät, o equipo tivo que disputar o partido polo bronce fronte ao Kiekko-Espoo, que tan só perderan catro partidos antes da disputa das series. Finalmente as xogadoras de Tampere caeron na final de consolación, sumando deste xeito un ano máis sen conseguir ningunha medalla.[38][39]

En 1999 volveron as medallas ao club de Tampere. A pesar da distancia entre o Ilves, cuarto clasificado, e os tres primeiros equipos da táboa (as Blues, as Kärpät e o JYP), as xogadoras dirixidas por Kallioinen e Tolvanen impuxéronse ás Kärpät no partido polo bronce.[40][41] Antes do inicio da tempada seguinte produciuise unha mudanza no banco do Ilves, que contratou a Tapio Koho como novo adestrador xefe.[42] O equipo conseguiría o mesmo resultado da tampada precedente, cando malia finalizar na primeira fase da competición sendo o equipo menos goleado con tan só 24 goles en contra, e finalizar na mesma posición na liga regular, caeu nas semifinais contra as Kärpät nunha serie moi disputada que tivo que ir ao quinto encontro, no que as de Oulu conseguiron imporse pola mínima (1-2), e tivo que xogar o partido polo bronce fronte ao JYP, ao que se impuxo por un claro 10-2.[43] O Ilves seguiu confiando en xogadoras veteranas como Ihalainen e Reima, se ben a xogadora máis destacada de cara á portería foi Katja Riipi (24 goles, 10 máis que a segunda máxima realizadora, Mari Saarinen), que se incorporara ese mesmo ano ao equipo procedente de Kärpät, mentres que Ihalainen liderou o equipo en asistencias.[42][44][45]

Na tempada 2000-01 o equipo empeorou o seu rexistro ao sumar 17 puntos, con sete vitorias, tres empates e catro derrotas, finalizando na cuarta e última posición para disputar a fase final, por detrás das Blues, as Kärpät e o IHK. As xogadoras dirixidas por Tapio Koho melloraron no grupo final, acadando un rexistro de 13 vitorias, 4 empates e nove derrotas para un total de 30 puntos, dous menos que as segundas clasificadas, as Kärpät. Ilves conseguiu desete xeito unha nova medalla de bronce, a terceira consecutiva, en boa parte grazas ao labor de Sari Fisk, que rexistrou (28+16), aínda que unha vez máis foi Ihalainen a máxima asistente do equipo con 21 asistencias.[46][47] Ao finalizar a tempada, Marianne Ihalainen retirouse da práctica do hóckey sobre xeo logo de 19 anos, toda a súa carreira, no Ilves, sendo unha das debutantes na primeira edición da Naisten SM-sarja na tempada 1982-83.[48]

Con todo, foi na tempada seguinte cando o equipo tivo os seus peores rexistros, xa que por primeira vez na súa historia encaixou máis goles dos que anotou, tanto na primeira fase como no grupo final. Ademais o Ilves non conseguiu máis que dúas vitorias en 12 partidos, sendo o segundo peor equipo dos sete que tomaron parte nesta fase da liga, superando tan só as K-Kissat de Vantaa, que tan só gañou un encontro, e non conseguiu gañar ás súas veciñas do Tappara ningún dos dous partidos que disputaron. Grazas aos seus cinco empates, o Ilves clasificouse na cuarta e última posición para disputar o grupo final, no que mellorou lixeiramente e puido superar na clasificación ao Jyväskylä HC. A terceira posición conseguida no grupo final fixo que as linces se cruzasen nos cuartos de final co Tappara, segundas clasificadas no grupo de promoción/descenso. As linces conseguiron superar as xogadoras do Tappara en dous partidos (ambos por 4-2), polo que se enfrontaron nas semifinais ao IHK. A pesar de que as de Tampere conseguiron gañar o primeiro partido en Helsinqui, as xogadoras do IHK déronlle a volta á eliminatoria gañando os dous partidos seguintes e logo da vitoria do Ilves en Tampere a serie decidiuse no definitivo quinto encontro a favor das xogadoras da capital (4-2). No partido pola medalla de bronce o Ilves non puido superar as Kärpät, quedando sen medalla por primeira vez en tres anos.[49]

Logo dun ano afastada do hóckey sobre xeo, Marianne Ihalainen volveu ao equipo para a tempada 2002-03, desta volta como adestradora, cargo no que permanecería ata 2006.[48][50] O Ilves mellorou os seus rexistros respecto da tempada precedente, conseguindo oito vitorias e un empate en 14 encontros e 68 goles a favor por 34 en contra na primeira fase, na que se clasificou na cuarta posición cos mesmos puntos que as Kärpät, que foron terceiras. Logo da segunda fase o equipo finalizou na mesma posición, polo que as xogadoras de Ihalainen cruzáronse nos cuartos de final co Tappara, que finalizara na quinta posición. A pesar da traballada vitoria no primeiro partido (3-2), o Ilves non tivo problemas para superar no segundo partido as súas veciñas (2-9) e pasar ás semifinais fronte ás Blues. Logo de gañar o primeiro partido en Espoo na prórroga, o equipo encaixou dúas derrotas, a primeira delas na casa, e quedou fora da carreira pola Aurora Borealis Malja. No partido polo bronce enfrontáronse ao IHK, que finalizara na segunda posición tanto a primeira como a segunda fase, e que derrotara sempre o equipo de Tampere, contra o que mesmo conseguira unha contundente vitoria por 11-3 na novena xornada da primeira fase. Con todo, o Ilves impúxose no xeo da capital (4-0) e conseguiu unha nova medalla de bronce.[51]

A progresión do equipo continuou nas tempadas seguintes, conseguindo dúas pratas e un campionato nas seguintes tres tempadas.[52] Na tempada 2003-04 finalizou a liga regular na segunda posición por detrás das Espoo Blues con 16 vitorias en 24 partidos e unha diferenza de goles de +72, polo que o equipo se clasificou directamente para as semifinais, onde se derrotou en catro partidos ás Kärpät, que á súa vez eliminara nos cuartos de final ás Cats de Jyväskylä. Con todo, na final as de Tampere non conseguiron vencer en ningunha ocasión as Blues, que se adxudicaron a Aurora Borealis Malja pola vía rápida (3-0).[53] Unha situación similar produciuse na tempada seguinte, aínda que as xogadoras de Espoo non se encontraban tan lonxe das de Tampere, que anotaron máis goles (101) que as de Uusimaa, e tiveron unha mellor diferenza de goles (+71). Nas semifinais víronse as caras de novo coas Kärpät, aínda que desta volta as xogadoras de Oulu non tiveron moitas opcións e tan só estiveron por diante no marcador no 0-1 do primeiro partido da serie, e finalizaron a mesma no segundo partido cunha derrota na casa por 0-3. Na final fronte ás Blues os dous primeiros partidos foron máis igualados, cedendo ante as xogadoras de Espoo por 3 goles a 2, cun segundo partido decidido na prórroga, mais no terceiro as de Tampere saíron goleadas (0-6) e tiveron que conformarse un ano máis coa medalla de prata. A nivel individual cinco xogadoras do Ilves acabaron a liga regular entre as dez máximas puntuadoras: Saara Tuominen (37, 14+23), Mari Pehkonen (33, 19+14), Eveliina Similä (24, 13+11), Johanna Koivula (23, 12+11) e Mari Saarinen (21, 13+8)[54]

Novena liga e debut europeo

[editar | editar a fonte]

A progresión do equipo culminou na tempada 2005-06, cando chegou o noveno campionato da súa historia nunha tempada na que a selección chinesa foi convidada como sétimo equipo como parte da súa preparación olímpica, xogando dous partidos contra cada equipo. O Ilves dominou a liga regular con 37 puntos, tres máis que as Blues, e cun rexistro de 18 vitorias, un empate e tan só tres derrotas, e clasificouse directamente para as semifinais. O equipo soubo rentabilizar ben os goles que anotou, liderando a liga en puntos e vitorias a pesar de ser o terceiro máximo goleador con 12 goles menos que as Blues e 8 menos que as Kärpät. Un ano máis Saara Tuominen (38, 21+17) foi a máxima puntuadora do equipo e ocupou o terceiro posto na clasificación de puntuadoras da liga que encabezou a xogadora das Blues Karoliina Rantamäki (43, 23+20). Nas semifinais enfrontouse ao IHK, cuarto clasificado na liga regular e que viña de eliminar as Cats nos cuartos de final. Logo da vitoria inicial na casa (2-1) o Ilves caeu en Helsinqui (3-2), mais as xogadoras de Ihalainen impuxéronse con facilidade nos seguintes dous partidos (4-1 e 0-3). Na outra semifinal as Kärpät derrotaron as Blues no quinto e definitivo encontro logo da quenda de penaltis e enfrontouse ao equipo de Tampere na final. As linces sentenciaron o primeiro partido xa no segundo terzo co 3-0 que se mantería ata o final do encontro, mentres que no segundo o marcador estivo lixeiramente máis igualado cun 2-4 para o Ilves nun partido no que todos os goles se anotaron no segundo terzo. Cun 2-0 na serie, as Kärpät chegou ao terceiro sen marxe de erro, facendo empregarse a fondo ás xogadoras locais, que non sentenciarían ata a prórroga.[55] A nivel individual Saara Tuominen liderou o equipo en puntos (38) e goles (21), mentres que en asistencias finalizou coas mesmas que Johanna Koivula (17), que foi ademais a segunda máxima pontuadora do equipo. Pola súa banda as dúas porteiras do equipo realizaron un bo papel, estado ambas por riba do 90% en paradas, Maija Hassinen-Sullanmaa foi a que máis partidos disputou na liga regular e máis acerto tivo cun 94,5%, esta porcentaxe subiu nas series, nas que disputou todos os encontros, ata o 95%.[56]

Na tempada 2006-07 produciuse o debut do equipo nunha competición continental, a IIHF European Women's Champions Cup. Nesta terceira edición do campionato, disputada en catro grupos, o Ilves estivo encadrado no grupo B con sede en Letonia. A primeira fase disputouse do 6 ao 8 de outubro de 2006 e as de Tampere clasificáronse na primeira posición logo de derrotar con facilidade a todas as súas opoñentes: o SHK Laima de Riga (18-0), as Dreamland Queens de Talín (30-0) e o Vålerenga de Oslo (6-1). Na fase final, disputada nun único grupo na localidade sueca de Katrineholm entre os días 5 e 10 de decembro de 2006, o AIK de Estocolmo proclamouse campión, mentres que as xogadoras do equipo de Tampere só puideron conseguir unha vitoria en catro encontros, finalizando na cuarta posición, só por diante das suízas do HC Lugano, único equipo ao que conseguiron derrotar.[57][58]

Mentres tanto, na liga, o equipo volveu caer na clasificación ata a cuarta posición na liga regular colleitando 11 derrotas en 22 encontros, o rexistro goleador caeu dende os 101 goles da tempada anterior a 70. A nivel individual tan só Mari Saarinen (27, 6+21) estivo entre as dez máximas puntuadoras, aínda que Johanna Koivula tamén salientou no apartado anotador con 26 puntos (11+15), mentres que Linda Välimäki foi a máxima goleadora do equipo (13). A súa clasificación fóra das dúas primeiras posicións levou o equipo a disputar os cuartos de final fronte ás Cats de Jyväskylä, equipo ao que eliminou en dous partidos (7-1 en Tampere e 4-5 logo dunha prórroga en Jyväskylä). Xa nas semifinais, as linces pouco puideron facer fronte a unhas Espoo Blues que se acabarían coroando como campioas por oitava vez na súa historia, e no partido polo bronce caeron (5-0) fronte ao IHK. No plano individual, Koivula foi a xogadora máis destacada nos play-offs con sete puntos (3+4) nos seis partidos que disputou o equipo.[59][60]

Décima liga e campioas europeas

[editar | editar a fonte]
A defensa Jenni Hiirikoski foi unha das dez máximas anotadoras da liga na tempada 2009-10, na que a súa compañeira de equipo Linda Välimäki encabezou a táboa de anotadoras.

Na primeira fase da tempada 2009-10 Ilves conseguiu finalizar na primeira posición da táboa logo de sumar 36 puntos (12 vitorias e tan só dúas derrotas). Con todo, na segunda fase perderían o liderado a mans do HPK, que malia a conseguir as mesmas vitorias que as de Tampere (24), conseguiu sumar máis puntos por perder menos encontros. A primeira fase dos play-offs consistiu nunha liguiña con dous grupos de tres equipos cada un da que saíron os catro equipos semifinalistas. O Ilves quedou enquadrado no grupo B xunto coas Blues e o LoKV de Lohja. As linces conseguiron gañar os seus dous partidos e disputaron as semifinais fronte ás Kärpät, que finalizaran segundas do grupo A, ás que se impuxeron en catro partidos. Nas finais as de Tampere enfrontáronse ás Blues, que viñan de gañar o título de liga os tres anos anteriores. A vitoria fronte o equipo de Espoo cun gol de Linda Välimäki no minuto 77 do quinto e definitivo partido supuxo o seu último campionato nacional ata o momento. Precisamente Välimäki liderou en puntos a liga regular (77, 42+35) e os play-offs (19, 6+13), mentres que Satu Niinimäki e Jenni Hiirikoski tamén estiveron entre as dez máximas anotadoras, tanto na liga regular como nos play-offs.[61][62]

Na tempada seguinte, Ilves presentou un equipo con moitos cambios e no que se esperaba que as xogadoras novas tomasen protagonismo nun equipo sen moitos efectivos, mais de gran calidade en palabras do seu adestrador Samuli Marjeta. O equipo iniciou a competición con dous partidos na fin de semana inaugural fronte ás Blues e o LoKV de Lohja.[63] No partido inaugural as xogadoras de Marjeta caeron 5-6 en Tesoma fronte o equipo de Espoo, que se desquitou da derrota nas finais da tempada anterior.[64] O Ilves clasificouse para disputar o campionato de Finlandia logo de finalizar a fase preliminar na terceira posición, por detrás das Blues e o HPK, cun rexistro de 30 puntos nos 16 encontros disputados (9-1-1-5), nos que anotou 61 goles e encaixou 36.[65] Na súa estrea na segunda fase o equipo caeu en Oulu fronte ás Kärpät (3-1), mentres que o día seguinte conseguiu derrotar en Kuopio o KalPa (1-7), situándose na terceira posición.[66] O Ilves finalizou a segunda fase da competición con dúas importantes vitorias, especialmente a conseguida no seu penúltimo partido en Hämeenlinna fronte ao HPK, que aínda así se proclamou campión da tempada regular e asegurou o seu pase ás semifinais xunto coas Blues. Coa terceira praza conquistada, o Ilves enfrontouse nos cuartos de final ao JYP (sexto e último clasificado do grupo polo título).[67] As de Tampere superaron sen problemas o equipo de Jyväskylä en tres partidos nos que tan só encaixaron un gol, deste xeito o equipo clasificouse para as semifinais, onde reeditou a final da tempada precedente fronte ás Blues.[68] A semifinal comezou moi ben para as xogadoras de Marjeta, que venceron en Espoo (2-8), aínda que precisaron do tempo extra para anotar a segunda vitoria en Tampere (4-3), mentres que no terceiro encontro se volveron impoñer a domicilio ás Blues (2-4), para sumar un global de 3-0 que clasificou o Ilves para a final fronte ao HPK.[69] Finalmente o equipo fíxose coa medalla de prata logo de perder na final fronte o equipo de Hämeenlinna.[70] A final non comezou ben para as de Tampere, que perderon pola mínima os dous primeiros encontros (ambos por 2-1, se ben no segundo o tempo regulamentario finalizou con táboas no marcador),[71] e as xogadoras de Jarkko Julkunen venceron de novo no terceiro encontro para facerse co seu primeiro título.[72]

Banndeirola do Campionato de Europa conquistado polo Ilves Naiset en 2011 no Tesoman jäähalli.

Esa mesma tempada, en febreiro de 2011, chegou o primeiro e ata a data único título continental do equipo, que se converteu deste xeito no primeiro equipo finlandés en gañar un título europeo.[73] Esa tempada as xogadoras adestradas por Samuli Marjeta conquistaron a IIHF European Women's Champions Cup. O equipo comezou a súa andaina na competición continental na segunda rolda, quedando encadrado no grupo F xunto co Aisulu Almaty (Casaquistán), o OSC Berlin (Alemaña) e o Vålerenga (Noruega). As xogadoras de Marjeta finalizaron a segunda rolda tan só por detrás do Aisulu Almaty e colleitando unha derrota precisamente contra o cadro casaco. O grupo final, no que tamén se encontraban o SKIF Nizhny Novgorod (Rusia), o HC Lugano (Suíza) e as casacas do Aisulu Almaty, xogouse nunha fin de semana, con tres partidos consecutivos na cidade suíza de Lugano. Na primeira xornada do grupo final as de Tampere derrotaron o cadro ruso (5-3), mentres que na xornada do sábado o equipo precisou da prórroga para sumar a vitoria fronte ao equipo local (5-4) grazas ao gol de Sari Karna, finalmente as xogadoras do Ilves gañaron o derradeiro encontro fronte ao Aisulu Almaty cun solitario gol de Saara Tuominen.[74][75][73] Con todo, o equipo non volvería disputar a competición.

O equipo iniciou a tempada 2011-12 en Oulu cunha importante vitoria (2-5) fronte ás terceiras clasificadas da edición precedente, e o día seguinte, na súa visita ao KalPa venceu por 11-1, resultados que lle valeron para iniciar a tempada na primeira posición da táboa xunto co JYP.[76] Durante as seguintes semanas o Ilves mantívose á fronte da clasificación con vitorias como a colleitada ante un LoKV con moitísimas baixas (32-0), ou o desquite fronte o HPK, que privara ás do lince dun novo título na tempada anterior (4-1).[77][78][79] Durante os primeiros sete encontros da tempada o equipo non coñeceu a derrota, gañando sempre antes de concluír o tempo regulamentario, unha xeira que finalizou no oitavo partido, no que as Kärpät se impuxeron en Tesoma (1-3), o que non impediu que o equipo de Tampere continuase á fronte da clasificación.[80] O Ilves acabou liderando a táboa a primeira fase de competición cun total de 13 vitorias (unha no tempo engadido) e tres derrotas, cun total de 119 goles a favor por tan só 19 en contra.[81] O 28 de xaneiro de 2012 o equipo disputou de novo un partido de liga ao aire libre na pista de xeo de Koulukatu fronte ás Blues, nunha xornada na que se puido ver de novo sobre o xeo xogadoras veteranas do Ilves,[82] na que se "conxelou" o número 10 de Anne Haanpää,[83] e na que as locais levaron o denominado "Koulukarun lassikko" (3-1) para seguir mandando na clasificación.[84] Finalmente o equipo asegurou o liderado ao final da segunda fase de competición a falta de tres partidos para a súa conclusión, asegurando xogar directamente nas semifinais, así como o factor cancha en todas as eliminatorias dos play-offs.[85][86] Nas semifinais, o Ilves conseguiu derrotar as Blues en catro partidos (3-1), meténdose dese xeito nas finais por segundo ano consecutivo, desta volta fronte ás Kärpät.[87] Finalmente, as de Oulu alzaron a Aurora Borealis Malja logo de derrotar ao Ilves en catro partidos (3-1), nunha final que comezou costa arriba para as de Tampere logo de perder os dous primeiros partidos, e na que o equipo non foi quen de completar a remontada logo da vitoria no terceiro encontro.[88][89][90]

Os peores anos

[editar | editar a fonte]

En 2012, logo de cinco anos consecutivos chegando ás finais, o equipo iniciou outros cinco anos marcados pola ausencia de medallas, coa única excepción do ano 2015, cando o equipo gañou a medalla de bronce.[91]

Na liga regular da tempada 2012-13 o equipo finalizou na terceira posición da táboa con 47 puntos, aínda que lonxe dos dous equipos que encabezaron a clasificación, as Blues e o JYP (ambos por riba dos 60 puntos), e pechou a liga regular cunha derrota na prórroga fronte ao Team Oriflame, deste xeito as de Kuortane superaron na clasificación o HPK, que finalmente xogaría a primeira rolda dos play-offs fronte ao Ilves.[92][93] Nas series eliminatorias, malia a eliminar na primeira rolda o HPK, o Ilves non foi quen de gañar ningún partido fronte ao JYP, que levou o punto definitivo na prórroga,[94][95] relegando as de Tampere á loita polo bronce. Na final de consolación disputada no Tesoman jäähalli, as Kärpät impuxéronse con claridade ás linces (4-1), nun partido no que o equipo local tan só puido anotar no terceiro tempo, cando o partido estaba decidido (4-0).[96]

A situación non mellorou na tempada seguinte, na que o equipo non disputou as medallas. O Ilves tivo que loitar ata o final para meterse nas series eliminatorias, ao encontrarse cun rexistro de 6 vitorias, unha derrota no tempo extra e 12 derrotas en 19 partidos, que as situaba na sétima posición a tres puntos do KalPa, que era o último clasificado e tiña un partido máis,[97] con todo, o equipo conseguiu sumar tres puntos en cada un dos seus tres partidos restantes e conseguiu finalizar na cuarta posición,[98] asegurando así o factor pista nos cuartos de final. Na primeira rolda dos play-offs o HPK desquitouse da tempada precedente e superou as linces na prórroga do quinto e definitivo partido.[99]

Na tempada 2014-15 Osmo Lindström converteuse no adestrador xefe do Ilves,[100] que repetiu posición ao final da liga regular logo de finalizar con 49 puntos (14-3-1-10), polo que se enfrontaron ao quinto clasificado, ás Kärpät, na primeira rolda dos play-offs.[101] Comezaron ben as cousas para o equipo de Tampere, que gañou na casa no primeiro partido fronte ás de Oulu (4-1),[102] e finalmente conseguiu o pase ás semifinais logo de gañar a serie en catro partidos (3-1). A pesar de comezar a serie de semifinais cunha vitoria en Jyväskylä fronte ao JYP,[103] as de Finlandia Central déronlle a volta á eliminatoria, pechando a serie cun contundente 6-3.[104] Finalmente o Ilves conseguiu facerse coa medalla de bronce esa tempada logo de vencer ao HPK (3-2).[100]

A pesar do éxito da tempada precedente, a tempada 2015-16 foi a peor da historia do equipo, xa que finalizou na derradeira posición da liga regular por primeira e única vez na súa historia, e polo tanto tivo que xogarse a permanencia.[105] O equipo acusou as grandes mudanzas e o rexuvenecemento respecto da tempada anterior, xa que en torno á metade do elenco de xogadoras mudara.[100] O Ilves non foi quen de gañar ningún partido no tempo regulamentario durante a liga regular e perdeu un total de 26 partidos, os seus mellores resultados foron dúas vitoras máis aló dos 60 minutos regulamentarios, e unha derrota tamén despois do tempo regulamentario.[105] Finalmente o equipo conseguiu manterse na máxima categoría.[106]

Mari Saarinen chegou ao equipo na tempada 2016-17 coa intención de devolvelo aos seus anos gloriosos,[106] para o que dispuxo dun elenco equilibrado e competitivo no que se mesturaba veteranía e xuventude co obxectivo de ter éxito esa mesma tempada e conseguir continuidade.[107] A liga comezou co torneo de apertura, desta volta celebrado en Hämeenlinna os días 10 e 11 de setembro de 2016. O Ilves debutou fronte a Lukko, que malia a marcar o primeiro gol cando tan só transcorreran 39 segundos de partido, acabou caendo fronte ás de Tampere (1-5).[108] A pesar da vitoria inicial e o potencial do elenco, o equipo descolgouse axiña dos primeiros postos da táboa, e pola metade da liga regular xa ocupaba o sexto posto (último que daba acceso aos play-offs) a nove puntos do quinto clasificado, o HPK, con tan só catro vitorias.[109] Finalmente as xogadoras de Saarinen non puideron ascender ningunha posición no tramo final da liga regular e mesmo viron aumentada a súa desvantaxe respecto ao HPK ata os 11 puntos. A súa mala clasificación obrigouno a enfrontarse nos cuartos de final ao KalPa, terceiro clasificado da liga regular e un dos equipos máis fortes da competición, e aínda que o 2-4 do primeiro partido animaba ao optimismo, as de Kuopio impuxéronse nos dous encontros seguintes (0-3 e 3-2), quedando o Ilves un ano máis fóra da loita polas medallas.[110]

Volta ás finais

[editar | editar a fonte]
A máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, así como o seu logotipo mudaron na tempada 2017-18.

Na tempada 2017-18 a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés pasou a denominarse "Naisten Liiga" co obxectivo de elevar o perfil das grandes ligas femininas, ao adoptar a mesma denominación que a liga profesional masculina, denominada simplemente Liiga.[111] Na competición, a pesar da derrota inicial na renovada pista do Tesoman jäähalli fronte ao HPK, o Ilves finalizou a liga regular na primeira posición cun rexistro de 75 puntos en 30 partidos (21-5-2-2[c]) nos que anotou 139 goles e encaixou 41. A primeira posición deulle ao equipo o pase directo ás semifinais das series pola Aurora Borealis Malja.[112] Deste xeito o Ilves regresou a unha final da Naisten Liiga seis anos despois, logo de derrotar nas semifinais o Team Kuortane en catro partidos (3-1). Logo dunha traballada primeira vitoria máis aló do tempo regulamentario no partido inicial da serie disputado en Tampere (2-1), as de Kuortane conseguiron empatar a serie na casa (5-4). Tras poñerse por diante de novo na serie, o Ilves chegou ao cuarto partido coa necesidade de gañar para regresar ás finais. O partido decisivo da serie tivo lugar en Kuortane, onde as de Tampere venceron por 3-2 cun gol gañador de Linda Välimäki no terceiro período.[113][114][115] Na final, disputada fronte ás Kärpät, o Ilves comezou caendo en Tampere (1-3) e, malia a vitoria no segundo encontro da serie, non foi quen de manter o factor pista no terceiro encontro e perdeu novamente no cuarto, disputado en Oulu, por 5-1, nun partido no que Johanna Oksman detivo 27 disparos das linces, que só puideron anotar por mediación de Sari Kärnä.[116]

Un gol de Linda Välimäki no terceiro período levou ao Ilves Naiset ás finais na tempada 2017-18.

Antes do inicio da tempada 2018-19 o equipo gravou a súa propia "canción de gol" (en finés maalilaulu), unha versión do tema empregado polo equipo masculino para o mesmo fin, titulado "We Are the Kings", do guitarrista de Popeda Costello Hautamäki. A versión empregada polo Ilves Naiset foi realizada pola banda Jay Lewis Gang e con Päivi Lepistö como solista, ademais as propias xogadoras do equipo gravaron os coros para a canción, cuxa letra e título mudaron a "We Are the Queens".[117][118]

Esa tempada produciuse ademais unha nova mudanza no banco cando o Ilves fichou a Jarmo Jamalainen como novo adestrador xefe a principios de xuño de 2018.[119] Esa tempada o equipo finalizou na segunda posición a primeira parte da liga, só por detrás do Espoo Blues, que conseguiu dous puntos máis que as de Tampere. Esta clasificación valeulle ao Ilves para xogar no grupo superior a segunda parte da tempada.[120] A clasificación mantívose ao finalizar a segunda fase de competición, se ben as de Espoo ampliaron a súa vantaxe a cinco puntos, e o equipo conseguiu o pase directo ás semifinais.[121] Nos play-offs o Ilves vingouse da derrota nas finais da tempada anterior eliminando a Kärpät en catro partidos (3-1) logo de vencer na pista de Raksila (3-1), clasificándose para as finais por segunda tempada consecutiva.[122] A final fronte ás Espoo Blues non comezou ben para o Ilves, que caeu no primeiro partido disputado en Espoo (6-1), a pesar de que Johanna Siira conseguiu reducir distancias no segundo terzo (2-1).[123] Logo de perder o segundo encontro na casa (2-5), o Ilves viaxou a Espoo coa necesidade de conseguir a vitoria para manterse vivo na final,[124] mais as xogadoras de Jarmo Jamalainen non foron capaces de superar as Espoo Blues, que gañou o partido (4-2) e a final, polo que as de Tampere tiveron que conformarse coa medalla de prata por segundo ano consecutivo.[125]

De novo lonxe das medallas

[editar | editar a fonte]

O Ilves empeorou o seu rendemento na tempada 2019-20. Na primeira fase da competición as de Tampere só puideron finalizar na sexta posición con 30 puntos, só cinco máis que as sétimas, HIFK, se ben conseguiron clasificarse para o grupo superior, asegurando deste xeito a súa presenza nos play-offs.[126] O equipo finalizou a segunda fase da liga na sexta posición con tan só 36 puntos e un rexistro de 9-2-5-14.[127] Nas series polo título o Ilves quedou emparellado co KalPa, terceiro clasificado, mais as xogadoras dirixidas por Ville Tolvanen non puideron facer nada fronte ás de Kuopio e só foron capaces de anotar dous goles (no segundo partido, e único que disputaron como locais) nos tres partidos disputados, que finalizaron cos marcadores de 2-0, 2-5 e 2-0.[128] O KalPa acabaría chegando ás finais fronte ao K-Espoo, se ben a liga cancelouse finalmente por mor da pandemia por coronavirus, non proclamando ningún equipo campión por primeira vez na súa historia.[129][130]

Anni Keisala gañou o trofeo Tuula Puputti á mellor porteira na tempada 2020-21.

Na primavera de 2020 produciuse unha nova mudanza no banco do Ilves, cando o club nomeou a Linda Leppänen[d] como nova adestradora do equipo, que carecía de experiencia no posto. Axiña saltaron as críticas por non ofrecer o posto a unha persoa cunha maior traxectoria, preguntándose mesmo as voces críticas que podía achegar ao xogo e ao equipo o nomeamento de Leppänen que non fora publicidade momentánea.[131]

Anna Kilponen (á dereita co número 5) e Jenna Lehtiniemi (á esquerda co número 4). Kilponen exerceu de capitá ata a súa marcha ao equipo chinés do KRS Vanke Rays, cando Lehtiniemi pasou a ocupar o seu posto.

Na tempada 2020-21 o Ilves presentou un cadro de xogadoras moi renovado respecto da tempada anterior.[132] O equipo finalizou a primeira fase da competición na quinta posición cun total de 34 puntos, os mesmos que o TPS (4º) e o HPK (6º). Na segunda fase o Ilves mellorou a súa clasificación, ascendendo ata a cuarta posición, o que lle aseguraba o factor pista favorable na primeira rolda das series eliminatorias. Nesta primeira fase da competición salientou a actuación de Jenna Suokko, que con 36 puntos foi a sétima máxima puntuadora da liga, sumando 22 goles e 14 asistencias.[133] Nos cuartos de final o Ilves enfrontouse ao HPK (quinto clasificado) de Mari Saarinen, quen fora adestradora do equipo de Tampere durante as tempadas 2016-17 e 2017-18.[134] A eliminatoria, ao mellor de tres encontros, salientou pola súa baixa anotación, xa que entre os dous equipos só anotaron tres goles. O Ilves conseguiu o pase logo de gañar os dous primeiros partidos (1-0 en Tampere, e 0-2 en Hämeenlinna), nos que conseguiu non encaixar ningún gol, cun gran traballo da porteira Anni Keisala, quen parou un total de 65 disparos á portería.[135] Nas semifinais fronte ao K-Espoo, as de Tampere comezaron caendo nos dous primeiros encontros por dous goles a cero tanto en Espoo como en Tampere, e chegaban ao terceiro encontro coa necesidade de conseguir a vitoria para forzar o cuarto encontro na casa. As xogadoras de Linda Leppänen conseguiron sobrepoñerse ao gol inicial de Nea Katajamäki e mesmo poñerse en vantaxe (1-2 no minuto 29), mais o K-Espoo conseguiu o empate pouco tempo despois, logo dun terceiro período e unha prórroga sen goles, o partido decidiuse nos penaltis, onde Anna Kilponen deulle a vitoria ao seu equipo. Con todo, no cuarto partido perderon novamente (1-2) a pesar da actuación de Keisala, quen detivo 39 disparos.[133][136] O Ilves chegou ao partido pola medalla de bronce fronte ao HIFK, mais non puido coas de Helsinqui, que se impuxeron (2-1) nun partido no que todos os goles se anotaron no primeiro terzo.[137] A nivel individual, a actuación durante toda a tempada de Anni Keisala valeulle o trofeo Tuula Puputti como mellor porteira da liga, e foi escollida, xunto con Kilponen, no primeiro equipo das estrelas, mentres que Suokko foi nomeada para o segundo equipo das estrelas.[138]

Ilves durante un partido na casa fronte ao K-Espoo na tempada 2021-22.

Na tempada 2021-22 o Ilves presentou un equipo moi novo, cunha idade media de pouco máis de 20 anos. As xogadoras de Linda Leppänen comezaron a primeira fase da competición con tres derrotas, aínda que conseguiu igualar o rexistro nos tres seguintes encontros, desenvolvendo no inicio da liga unha boa defensa que se viu acompañada polo traballo da porteira Anni Keisala.[139] O 2 de outubro o Ilves celebrou o seu partido do 90 aniversario do club coincidindo coa visita do HPK, un encontro no que se puido ver no xeo de Tesoma ás mellores porteiras do mundo, Keisala e Noora Räty, e que se decidiu na quenda de penaltis logo de finalizar o tempo regulamentario e a prórroga sen goles no marcador. Riikka Noronen polo HPK, e Anna Kilponen e Anniina Kaitala do lado do Ilves, puxeron o 2-1 no electrónico logo dos penaltis.[140]

Finalmente o Ilves concluíu a primeira fase na cuarta posición con 33 puntos en 20 partidos (9-2-2-7), por detrás do K-Espoo (que contou todos os seus partidos por vitorias), o HIFK e as Kärpät, clasificándose deste xeito unha vez máis no grupo superior, no que tamén estaban o Team Kuortane e o TPS.[141]

En xaneiro de 2022 anunciouse a saída da capitá do equipo, Anna Kilponen, que pasou a formar parte do equipo chinés do KRS Vanke Rays da liga rusa logo dos Xogos Olímpicos de Inverno celbrados en Beijing.[142] O seu lugar foi ocupado por Jenna Lehtiniemi, que ata o momento era unha das capitás suplentes do equipo.

Unha mala segunda fase das xogadoras de Leppänen deixou o equipo na cuarta posición da táboa logo de encadear seis derrotas, se ben a cuarta posición non se viu ameazada no tramo final da competición e o equipo tivo que enfrontarse ao TPS nos cuartos de final.[143] Logo de caer nos dous primeiros encontros, o Ilves chegou coa necesidade de gañar na casa o terceiro encontro da serie, disputado en Hakametsä o 31 de marzo de 2022. Con todo, o equipo non puido superar de novo ás de Turku e acabou caendo 1-3, finalizando así unhas series moi igualadas nas que tan só foi quen de anotar catro goles en tres encontros, e unha tempada na que o equipo se viu afectado polas lesións de xogadoras importantes.[144] O día seguinte da eliminación das series polo título, o Ilves anunciou que Linda Leppänen non continuaría no posto de adestradora xefe na tempada 2022-23, e en declaracións ao xornal Aamulehti, Leppänen sinalaba que quería adicar máis tempo á súa familia.[145] Esa tempada, o día 19 de marzo antes do partido que disputaron en Tesoma ante HIFK, o equipo retirou o número 15 en honor á xogadora Johanna Koivula.

Etapa con Marjo Voutilainen (2022-)

[editar | editar a fonte]
O equipo do Ilves Naiset durante o "Ilves päivä" (Día de Ilves) celebrado no parque de atraccións de Särkänniemi (Tampere) o 17 de agosto de 2022.
Marjo Voutilainen, asinou co Ilves para a tempada 2022-23.

O 31 de marzo de 2022, o LeKi de Lempäälä anunciaba no seu sitio web a súa intención de crear un equipo feminino para a tempada 2022-23 en cooperación co Ilves.[146] Con todo, as poucas inscricións de xogadoras recibidas impediu que o equipo feminino puidera comezar nesa tempada.[147]

Logo da marcha de Leppänen, o equipo iniciou un proceso de selección para atopar unha nova adestradora.[148] Finalmente o 5 de maio o Ilves anunciou a contratación de Marjo Voutilainen, quen durante as seis tempadas anteriores adestrara o KalPa de Kuopio, equipo co que chegara ás finais nas tempadas 2019-20 e 2020-21, celebrando a prata na segunda das dúas ocasións.[149]

A tempada non comezou ben para o equipo, que sumou sete derrotas consecutivas, se ben todas elas foron fronte a equipos da zona alta da táboa (o HIFK, o K-Espoo e o Team Kuortane dúas veces, e o KalPa unha), aínda que as xogadoras dirixidas por Voutilainen foron competitivas en case todos os partidos. A primeira vitoria, conseguida nos 60 minutos regulamentarios, chegou fronte ao HPK, co que o equipo conseguiu os seus primeiros tres puntos.[150]

En xaneiro de 2023 o Ilves anunciou que inscribira un equipo na terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Suomi-sarja, baixo o nome Ilves Naiset Akatemia. O equipo naceu coa idea de dar máis oportunidades de xogo ás xogadoras de formación do equipo e na súa primeira tempada estará integrado principalmente por xogadoras sub-15 e sub-18.[151]

Ao finalizar a liga regular o equipo ocupou a quinta posición por detrás do HPK, que foi o seu rival nas series.[152] Finalmente o Ilves caeu en catro partidos fronte ás xogadoras de Hämeenlinna (3-1), poñendo punto e final á tempada.[153] Pouco despois da eliminación nas series polo título o club anunciou que Voutilainen seguiría un ano máis á fronte do equipo, e que Yin Tuorila continuaría tamén no posto de directora.[154]

  1. Naisten SM-sarja era o nome que recibía nos seus inicios a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, agora denominada Naisten Liiga.
  2. O Ilves conseguiu manter a súa portería a 0 en cinco partidos.
  3. Vitorias (3 puntos) - vitorias logo de tempo regulamentario (2 puntos) - derrotas logo de tempo regulamentario (1 puntos) - derrotas (non puntúa).
  4. De solteira Välimäki.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Seuran esittely" (en finés). Ilves ry. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  2. "ILVES RY:N PERUSTAMISKOKOUS 10.4.1931" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  3. "KOTIKENTÄT" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  4. "Kausi 1931-32" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Wacklin 2006, p. 111.
  6. Wacklin 2006, p. 114.
  7. 7,0 7,1 Wacklin 2006, p. 128.
  8. 8,0 8,1 Wacklin 2006, p. 119.
  9. Panel de descrición da copa do Torneo Lipstick na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).
  10. "SM-sarja (W) - 1982-1983" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  11. "SM-sarja (W) - 1983-1984" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  12. "1982-1983 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  13. "SM-sarja (W) - 1983-1984" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  14. "Naisten Liiga. Champions" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  15. "SM-sarja (W) - 1984-1985" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  16. "1984-1985 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  18. "SM-sarja (W) - 1985-1986" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  19. "1985-1986 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  20. "SEURAN SAAVUTUKSET" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 2 de abril de 2022. 
  21. Huovinen, Jorma (1 de marzo de 2016). "Uudessa hallissa luistellaan Tesomalla vuonna 2017". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2016. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  22. "TESOMAN JÄÄHALLI" (en finés). IlvesNaiset.fi. Consultado o 2 de abril de 2022. 
  23. "SM-sarja (W) - 1989-1990" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 5 de abril de 2022. 
  24. "Kimmo Leinonen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  25. "Ilves. 1991-1992 ROSTER" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  26. "SM-sarja (W) - 1991-1992" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  27. "Markku Hannunkivi" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  28. "Historia" (en finés). Kiekko-Espoo Naiset. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  29. "SM-sarja (W) - 1992-1993" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  30. "Petteri Linna" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  31. "Jarmo Nurmi" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  32. 32,0 32,1 "Naisten SM-sarja. 1993-1994 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  33. "Ilves. 1993-1994 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  34. "Naisten SM-sarja. 1994-1995 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  35. "Ilves. 1993-1994 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  36. "Naisten SM-sarja. 1995-1996 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  37. "Naisten SM-sarja. 1996-1997 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  38. "Ilves 1997-1998" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  39. "Naisten SM-sarja. 1997-1998 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  40. "Naisten SM-sarja. 1998-1999 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de agosto de 2022. 
  41. "Ilves 1998-1999" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de agosto de 2022. 
  42. 42,0 42,1 "Ilves 1999-2000" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  43. "Naisten SM-sarja. 1999-2000 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de agosto de 2022. 
  44. "Katja Riipi" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de agosto de 2022. 
  45. "Championnat féminin de Finlande 1999/2000" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 20 de outubro de 2022. 
  46. "Championnat féminin de Finlande 2000/2001" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 20 de outubro de 2022. 
  47. "Ilves 2000-2001 Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de outubro de 2022. 
  48. 48,0 48,1 "Marianne Ihalainen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  49. "Championnat féminin de Finlande 2001/2002" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  50. Lepistö, Leena. "# 75 Marianne Ihalainen". mtvuutiset.fi (en finés). Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  51. "Championnat féminin de Finlande 2002/2003" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  52. "Naisten SM:n mitalijoukkueet kautta aikojen" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  53. "Championnat féminin de Finlande 2003/2004" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  54. "Championnat féminin de Finlande 2004/2005" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  55. "Championnat féminin de Finlande 2005/2006" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de outubro de 2022. 
  56. "Ilves 2005-2006" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  57. "EWCC (W) - 2006-2007" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  58. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2006/07" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de outubro de 2022. 
  59. "Championnat féminin de Finlande 2006/07" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de outubro de 2022. 
  60. "Ilves Naiset - 2006-2007 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 23 de outubro de 2022. 
  61. "SM-sarja (W) - 2009-2010" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  62. "Championnat féminin de Finlande 2009/2010" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 24 de outubro de 2022. 
  63. Mennander, Pasi (10 de setembro de 2010). "Ilveksen päävalmentaja Marjeta: Unelmista pelataan" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  64. Mennander, Pasi (11 de setembro de 2010). "HPK aloitti naisten SM-sarjan murskavoitolla, Rajahuhta 4+2" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  65. Mennander, Pasi (28 de novembro de 2010). "Blues jatkoaikamaalilla naisten SM-alkusarjan voittoon" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  66. Mennander, Pasi (12 de decembro de 2010). "Vuoroin vieraissa - Bluesin vuoro kaapata sarjapisteet HPK:lta" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  67. Mennander, Pasi (6 de marzo de 2011). "Naisten SM:n runkosarja paketissa - Tässä playoff-parit!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  68. Mennander, Pasi (12 de marzo de 2011). "Naisten SM:n välieräparit: HPK-Kärpät ja Blues-Ilves!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  69. Mennander, Pasi (20 de marzo de 2011). "HPK Ilvestä vastaan naisten SM-sarjan finaaliin" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  70. "SM-sarja (W) - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  71. Mennander, Pasi (27 de marzo de 2011). "HPK parempi myös toisessa finaaliottelussa - Sarja katkolla tiistaina!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  72. Mennander, Pasi (29 de marzo de 2011). "Mestarivalmentaja Julkunen: Lopetan valmentamisen!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  73. 73,0 73,1 "Ilveksen naiset tekivät suomalaista jääkiekkohistoriaa". Yle Urheilu (en finés). 27 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  74. "Ilves - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  75. "EWCC (W) - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  76. "Ilves ja JYP tappioitta naisten SM:n avausviikonlopusta" (en finés). leijonat.fi. 12 de setembro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  77. "Ilveksen pelaajille isoja pistesaaliita naisten SM:ssä" (en finés). leijonat.fi. 25 de setembro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  78. "Naisten SM:n keskiryhmässä pelattiin viikonloppuna ristiin" (en finés). leijonat.fi. 26 de setembro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  79. "Naisten SM: Ilves jatkaa ilman pistemenetyksiä - mestarit nurin" (en finés). leijonat.fi. 1 de outubro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  80. "KalPa takaisin viivan paremmalle puolelle, JYP kaatui voittomaalikisassa" (en finés). leijonat.fi. 9 de outubro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  81. "Naisten SM-alkusarja pelattu - Näin kävi!" (en finés). leijonat.fi. 20 de novembro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  82. Mennander, Pasi (13 de xaneiro de 2012). "SM-sarjakiekko palaa Tampereen Koulukadulle - Ulkojääottelu 28.1.2012!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  83. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Anne Haanpää nousi pääosaan "lassikossa" - Pelinumero jäähän" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  84. Mennander, Pasi (29 de xaneiro de 2012). "Ilves vei Koulukarun lassikon - Upea ilma kruunasi hienon tapahtuman" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  85. "Naisten SM:n viikonloppukatsaus: Ilves varmisti runkosarjan voiton" (en finés). leijonat.fi. 6 de febreiro de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  86. "SM-sarja (W) - 2011-2012" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  87. Mennander, Pasi (15 de marzo de 2012). "Naisten SM-sarjan finaali: Ilves-Kärpät" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  88. Mennander, Pasi (22 de marzo de 2012). "Ilves sillassa, Kärpille toinen voitto naisten finaalisarjassa" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  89. Mennander, Pasi (24 de marzo de 2012). "Ilvekselle avausvoitto naisten finaalisarjassa" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  90. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2012). "Naisten Suomen mestari 2012: Kärpät!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  91. "Naisten SM:n mitalijoukkueet kautta aikojen" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  92. Mennander, Pasi (11 de febreiro de 2013). "Naisten SM: Tässä panokset runkosarjan päätösviikonlopulle" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  93. Aralinna, Virpi (17 de febreiro de 2013). "Team Oriflame yllätti Ilveksen" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  94. Mennander, Pasi (7 de marzo de 2013). "JYPin naisilta räiskyvät kommentit finaalipaikan varmistuttua - "Tästä taistelu vasta alkaa!"" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  95. Mennander, Pasi (9 de marzo de 2013). "Naisten SM-sarjan finaali: Blues-JYP!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  96. "Kärpät nappasi pronssia Naisten SM-sarjassa" (en finés). leijonat.fi. 16 de marzo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  97. "Noora Räty hurjassa tulituksessa paluupelissään - "Extrabuustia kun vastassa Leijona-kollega"" (en finés). leijonat.fi. 22 de decembro de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  98. "HPK yllätti JYPin naisten SM:ssä - Taistelu playoff-viivalla kiihtyy" (en finés). leijonat.fi. 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  99. "Naisten SM: HPK jatkoaikavoitolla välieriin - "Suurta viihdettä loppuun asti"" (en finés). leijonat.fi. 4 de marzo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  100. 100,0 100,1 100,2 Ikonen, Petteri (8 de setembro de 2015). "Naisten SM // Ilves: ”Joukkueen vahvuutena nuoruus, ennakkoluulottomuus ja yhteishenki”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  101. Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2015). "Naisten SM-sarjan runkosarja pelattu - Tässä playoff-joukkueet!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  102. Ikonen, Petteri (12 de febreiro de 2015). "Naisten SM // Tositoimiin palaava Saija Tarkki: ”Olen mukana kannustamassa ja tukemassa nuoria pelaajia”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  103. Mennader, Pasi (12 de febreiro de 2015). "Naisten SM:n välierät alkoivat yllätyksellisesti - Runkosarjan voittaja horjahti kotonaan - Bluesin maalitykki ratkaisi voittomaalikisassa" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  104. Mennader, Pasi (2 de marzo de 2015). "JYP varmisti finaalipaikkansa Naisten SM-sarjassa - Välilä-Saari -kaksikko hurjassa iskussa" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  105. 105,0 105,1 Nyholm, Taru (8 de febreiro de 2016). "Naisten SM-sarjan runkosarja päätökseen - ”Edessä hienot pelit”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  106. 106,0 106,1 Nyholm, Taru (7 de abril de 2016). "Mari Saarinen on Ilveksen uusi päävalmentaja Naisten SM-sarjassa - ”Toiminnalle jatkumo”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 16 de xullo de 2022. 
  107. Nyholm, Taru (9 de setembro de 2016). "Naisten SM-sarja käynnistyy viikonloppuna - ”Ilves on nälkäinen”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 24 de outubro de 2022. 
  108. Nyholm, Taru (10 de setembro de 2016). "Naisten SM-sarjan avauskierroksen nopein maalintekijä Lukon Maija Koski" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 24 de outubro de 2022. 
  109. Nyholm, Taru (14 de novembro de 2016). "Naisten SM-sarjassa Kärpät nousi sarjakärkeen - Sarjataulukko!" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 24 de outubro de 2022. 
  110. "Championnat féminin de Finlande 2016/17" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 24 de outubro de 2022. 
  111. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  112. Nyholm, Taru (5 de marzo de 2018). "Naisten Liigan runkosarja päätökseen - Puolivälieräparit selvillä!". leijonat.fi (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  113. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2018). "Ilveksen kokenut kaarti iski finaalipaikan arvoiset maalit - Team Kuortane taipui kotonaan". leijonat.fi (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  114. Nyholm, Taru (19 de marzo de 2018). "Naisten Liigan välierissä tiukkaa kamppailua - Ottelusarjat tasan!". leijonat.fi (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  115. Lund, Sakari (24 de marzo de 2018). "Ilves naisten jääkiekkofinaaleihin". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  116. Mennander, Pasi (9 de abril de 2018). "Kärpät naisten Suomen mestariksi kotiyleisönsä edessä - Erikoinen vierasvoittojen putki katkesi neljännessä finaaliottelussa". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  117. Manninen, Jukka (12 de xullo de 2018). "Jäähalleissa kajahtaa syksyllä uusi maalilaulu – Ilvesten Naisten SM-joukkue sanoitti tutun kappaleen uudestaan". Aamulehti (en finés). Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  118. "Musiikki" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  119. Lehtinen, Lauri (8 de xuño de 2018). "Hopeajoukkue Ilvekselle uusi päätoiminen valmentaja – tuttu pelaajauralta SM-liigasta". Aamulehti (en finés). Consultado o 24 de outubro de 2022. 
  120. Mennander, Pasi (26 de novembro de 2018). "Naisten Liigan alkusarja pelattiin päätökseensä - Tässä lopullinen sarjataulukko". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  121. Mennander, Pasi (4 de febreiro de 2019). "Naisten Liigan runkosarjavaihe pelattu – Tältä näyttävät jatkosarjojen lopputaulukot". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  122. Mennander, Pasi (10 de marzo de 2019). "Naisten Liigan finaalissa kohtaavat Blues ja Ilves – Taistelu Aurora Borealis -maljasta alkaa ensi lauantaina" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 30 de outubro de 2022. 
  123. Mennander, Pasi (16 de marzo de 2019). "Bluesilla voitokas alku Naisten Liigan finaalisarjassa – Näin ottelu eteni – Maalikooste". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  124. Mennander, Pasi (20 de marzo de 2019). "Blues voiton päässä Aurora Borealis -pokaalista – Kapteeni Tuominen: "Ei kannata muuttaa mitään!"". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  125. Mennander, Pasi (22 de marzo de 2019). "Blues naisten Suomen mestari 2019 – Näin kolmas finaaliottelu eteni – Maalikooste". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  126. Mennander, Pasi (3 de decembro de 2019). "Sarjataulukkokatsaus: Naisten Liigan alkusarjavaihe pelattu – Näin kausi jatkuu". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  127. Mennander, Pasi (3 de febreiro de 2020). "K-Espoo voitti Naisten Liigan ylemmän jatkosarjan – Lopputaulukko". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  128. Mennander, Pasi (24 de febreiro de 2020). "Näin pelattiin Naisten Liigan puolivälierissä viikonloppuna – Katsaus ottelusarjojen avauspeleihin ja otteluiden tulokset". leijonat.fi (en finés). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  129. "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  130. "Koronavirus lopettaa Jääkiekkoliiton alaisten sarjojen kauden – Myös alle 16- ja 17-vuotiaiden kotimaan maaottelut peruttu" (en finés). leijonat.fi. 12 de marzo de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  131. Sirkkiä-Jarva, Sari (1 de marzo de 2021). "Viimeisillään raskaana ollut Naisleijonien tähti hyppäsi kylmiltään valmentajaksi ja sai kritiikkiä – Linda Leppäsen Ilves on hiljentänyt soraäänet". Yle.fi (en finés). Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  132. "Naisissa kova sitoutuminen" (PDF). Ilves Naiset. Kausijulkaisu 2020-2021 (en finés) (Ilves Naiset): 14. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  133. 133,0 133,1 "Championnat féminin de Finlande 2020/21" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  134. Viljanen, Markus (3 de marzo de 2021). "HPK:n puolivälierävastustaja Ilves on päävalmentaja Mari Saariselle erittäin tuttu: ”Näemme varmasti hyvän taiston heitä vastaan”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  135. Mennander, Pasi (6 de marzo de 2021). "Kiekko-Espoo, KalPa, HIFK ja Ilves välieriin Naisten Liigassa – Näin pelattiin lauantaina" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  136. Mennander, Pasi (13 de marzo de 2021). "Maalikooste: Sinnikäs Ilves sai palkintonsa – Naisten Liigan välieräsarja neljänteen osaotteluun" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  137. Mennander, Pasi (20 de marzo de 2021). "Maalikooste: HIFK voitti Naisten Liigan pronssimitalit – Ilves kaatui pronssiottelussa maalein 2–1" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  138. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2021). "Naisten Liigan kauden 2020–21 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  139. Viljanen, Markus (14 de outubro de 2021). "Ilveksen puolustus- ja maalivahtipelaaminen tuottavat haasteita vastustajajoukkueille: ”Ottelut on helpompi voittaa, jos omiin ei mene montaa maalia”" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  140. Ruotsalainen, Annu (2 de outubro de 2021). "Keisala vs Räty – Tähtivahtien taiston vei tällä kertaa nipin napin Anni Keisala" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  141. Mennander, Pasi (13 de decembro de 2021). "Tältä näyttää Naisten Liigan alkusarjan lopputaulukko – Kuusi parasta joukkuetta ylempään jatkosarjaan" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 25 de decembro de 2021. 
  142. Husa, Mikko (25 de xaneiro de 2022). "Kiinalainen kiekkoseura nappasi Ilveksen kapteenin – ”Ihan joka päivä naisjääkiekossa ei eteen tule tilanteita, että saisi ammatikseen pelata”". Aamulehti (en finés). Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  143. Pajala, Mikko (20 de marzo de 2022). "Ilves lähtee pudotuspeleihin kuuden ottelun tappioputkessa: ”Olisihan voitto tehnyt hyvää itseluottamukselle”". Aamulehti (en finés). Consultado o 2 de abril de 2022. 
  144. Raunio, Antti (31 de marzo de 2022). "Ilveksen kausi päättyi kotitappioon – Päävalmentaja paketoi kauden: ”Korona on tuonut tähänkin kauteen omat mausteensa”". Aamulehti (en finés). Consultado o 2 de abril de 2022. 
  145. Raunio, Antti (1 de abril de 2022). "Linda Leppänen ei jatka Ilveksen päävalmentajana: ”En ole mitään sulkenut elämästäni pois”". Aamulehti (en finés). Consultado o 2 de abril de 2022. 
  146. "Infotilaisuus: tavoitteena Naisten joukkue kaudelle 2022-2023" (en finés). LeKi Hockey. 31 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2022. Consultado o 2 de abril de 2022. 
  147. "Lempäälässä ei nähdä Naisten joukkuetta kaudella 2022-2023" (en finés). LeKi Hockey. 22 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2022. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  148. "Ilves ry etsii Naisten Liiga joukkueelle päävalmentajaa" (en finés). Ilves ry. 4 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  149. Ruotsalainen, Annu (5 de maio de 2022). "Ilves Naisille uusi päävalmentaja – Marjo Voutilainen siirtyy Kuopiosta Tampereelle". Jatkoaika (en finés). Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  150. Löfman, Heikki (6 de outubro de 2022). "Voiton makuun päässyt Ilves jahtaa lisävoittoja Naisten Liigassa: "Meidän pitää yltää parhaaseemme"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de outubro de 2022. 
  151. "Ilves on ilmoittautunut Naisten Suomi-sarjaan kevääksi 2023!" (en finés). Ilves ry. 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  152. Seppä, Lassi (24 de febreiro de 2023). "HIFK ja KalPa sarjojensa suursuosikit Naisten Liigan puolivälierissä, HPK:n ja Ilveksen kohtaaminen on ennakkoon äärimmäisen tiukka". jatkoaika.com (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  153. Löfman, Heikki (4 de marzo de 2023). "Naisten Liiga: Kiekko-Espoo ja HPK voittoihin ja välieriin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  154. Seppä, Lassi (15 de marzo de 2023). "Marjo Voutilainen jatkaa Ilveksen naisten päävalmentajana". jatkoaika.com (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mustonen, Olli (2001). Veijareita & virtuooseja: tarina legendaarisesta jääkiekkoseurasta 1980-2001 (en finés). Tampere: Poika kotiin Oy. ISBN 952-91-3862-8. 
  • Wacklin, Matti (2006). Sydämenasiana Ilves. Tampere: Ilves. ISBN 952-92-0783-2. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]