Saltar ao contido

Torneo Lipstick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lipstick-turnaus
Copa entregada ao equipo campión do Torneo Lipstick.
Fundación1978
RexiónFinlandia
Club máis exitosoIlves Naiset (3 títulos)

O Torneo Lipstick (en finés Lipstick-turnaus) foi un torneo non oficial de hóckey sobre xeo feminino disputado en Finlandia entre 1978 e 1982. O equipo campión do torneo era considerado o campión non oficial de Finlandia.

O hóckey sobre xeo feminino comezou a desenvolverse en Finlandia a principios da década de 1970, cando se crearon os primeiros equipos femininos, que carecían dunha competición organizada e era frecuente que os equipos de mulleres disputaran partidos contra equipos júnior masculinos, como ocorría no caso do Ilves.[1][2]

En 1978 creouse o Torneo Lipstick, un torneo sen carácter oficial no que competían os mellores equipos femininos de Finlandia e algúns equipos invitados procedentes de Norteamérica. O primeiro equipo campión foron as Mississauga Indians do Canadá. O torneo funcionou como campionato de Finlandia non oficial e celebrou a súa derradeira edición en 1982.[3] Un ano despois naceu a Naisten SM-sarja, o campionato oficial de Finlandia organizado pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo.[4]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Tempada Campión
1978 Mississauga Indians
1979 Espoo Jäähonka
1980 Tampere Ilves
1981 Tampere Ilves
1982 Tampere Ilves
  1. Panel de información da liga feminina de Finlandia no Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).
  2. Wacklin, Matti (2006). Sydämenasiana Ilves (en finés). Tampere: Ilves. p. 114. ISBN 952-92-0783-2. 
  3. Panel de descrición da copa do Torneo Lipstick na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).
  4. "Jääkiekon Naisten Liiga 40 vuotta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 30 de abril de 2023.