Porin Ässät (feminino)
Porin Ässät | |
---|---|
Fundación | 1982–1995 1998-2003 |
Cidade | Pori, Satakunta Finlandia |
Cores | Vermello, negro e branco |
O Porin Ässät Naiset foi un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Pori, Finlandia. O equipo estivo activo en dóus períodos: dende 1982 ata 1995 xogando na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja; e dende 1998 ata 2003 xogando en categorías inferiores.
Ao longo da súa traxectoria o equipo non conseguiu ningún logro colectivo, se ben algunhas das súas xogadoras conseguiron logros nacionais durante a súa carreira no equipo de Pori.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja,[a] dende a tempada inaugural en 1982 ata 1995, cando descendeu e cesou temporalmente a súa actividade.[1]
As mulleres de Ässät retomaron a súa actividade na tempada 1998-99, cando disputaron a I divisioona. Na súa segunda tempada na segunda categoría o equipo tentou regresar á Naisten SM-sarja, mais finalizou na sexta posición dun total de oito equipos na liga de clasificación, na que todos os equipos da categoría superior mantiveron a súa praza. Logo das eliminatorias o equipo continuou a xogar tres tempadas máis, dúas delas na I divisioona e outra na II divisioona, mais sen conseguir ningún éxito salientable. Finalmente, en 2003 o equipo cesou definitivamente as súas operacións.[1]
En 2022 a actividade do equipo limitábase ao traballo con nenas cun equipo, as Red Stars Tyttökiekko,[2] e unha escola de patinaxe.[3]
Xogadoras
[editar | editar a fonte]A mellor xogadora da historia do equipo foi a xogadora local Sari Fisk (de casada Marjamäki), quen foi a máxima puntuadora e goleadora de Ässät nas nove tempadas que vestiu a camisola vermella do equipo de Pori.[1][4] Fisk xogou posteriormente en Ilves e Blues, e foi tamén internacional coa selección finlandesa. É ademais a única xogadora do equipo presente nos Suomen Jääkiekkoleijonat, o Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés.[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten SM-sarja, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Recibe o seu nome en honor á membro do Salón da Fama do hóckey finlandés Marianne Ihalainen. Unha xogadora de Ässät recibiu este recoñecemento nunha ocasión:[6][7]
- Anne Haanpää: 1983
- Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga. Dúas xogadoras do equipo gañaron o trofeo nalgunha ocasión:[8]
- Anne Haanpää: 1983
- Sari Fisk: 1993
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denominada dende a tempoda 2017-18 Naisten Liiga.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ässät Women" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Red Stars Tyttökiekko. Joukkue" (en finés). Porin Ässät. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Ässät Gold Star" (en finés). Porin Ässät. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Sari Fisk" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "MARJAMÄKI SARI" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.