Porin Ässät
Porin Ässät | |
---|---|
Fundación | 1967 |
Cidade | Pori, Satakunta Finlandia |
Estadio | Isomäki Areena (6.350 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 3: 1971, 1978, 2013 |
Propietario(s) | HC Ässät Pori Oy |
Director | Tommi Kerttula |
Adestrador | Karri Kivi |
Afiliado(s) | Karhu HT |
Cores | Vermello, negro e branco |
Na rede | |
http://www.assat.com/ |
O Porin Ässät, ou simplemente Ässät, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pori (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en tres ocasións (1971, 1978 e 2013), se ben só o segundo título foi coa actual denominación. Xoga os seus partidos como local no Isomäki Areena, un pavillón con capacidade para 6.350 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia dos Porin Ässät.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Porin Karhut e RU-38 (hóckey sobre xeo).
A principios da década de 1960 dous equipos da cidade de Pori uníronse á SM-sarja, o RU-38 e os Porin Karhut. Axiña ambos equipos situáronse nos primeiros postos da liga ee conseguiron éxitos. Os Karhut gañaron a liga en 1965 e RU-38 dous anos despois, en 1967. Había unha forte competencia entre os dous equipos, tanto no xeo como fora del. A cidade estaba dividida entre os seareiros dos Karhut e do RU-38, se ben os Karhut eran máis populares porque a xente considerábaos o club da cidade. Por outra banda, o RU-38 era considerado un club da fábrica Rosenlew, financiado pola empresa, mais contaba cos seus propios seareiros. As relacións entre ambos clubs non eran moi boas.[1]
Aínda que o RU-38 gañou o campionato finés en 1967, a compañía Rosenlew considerou seriamente abandonar as actividades deportivas, xa que Rosenlew sentía que o hóckey non lle achegaba publicidade positiva abondo, senón o contrario. Os dirixentes dos Karhut e o RU-38 negociaron a unificación de ambos clubs durante a primavera e os inicios do verán dun xeito tan segredo que mesmo os integrantes dos equipos non se enteraron das negociacións da fusión. O problema para os Karhut era a recesión económica, xa que o club investira na adquisición dee xogadores para loitar pola SM-sarja e conseguir o dominio no hóckey local. Os ingresos non foron suficientes para cubrir os gastos, especialmente despois de que algúns seeareiros se cambiaran a club de Rosenlew.[2]
Cando Rosenlew abandonou o club deportivo, suxeriuse que o RU-38 simplemente se fusionara cos Karhut, o que non foi cuestionado por parte de Rosenlew. O club precisaba dun novo nome. Cando finalmente se chegou a un acordo, Rosenlew fíxose cargo de boa parte da débeda dos Karhut e prometeu axudar financeiramente o novo club durante os seus primeiros anos. O novo club chamouse Porin Ässät. O nacemento do novo club anunciouse en 1967.[3] Vilho Santala, que actuou como negociador na unión dos dous equipos e foi elixido primeiro presidente do novo club, foi quen lie deu o nome ao equipo. O logotipo do equipo foi deseñado por Vesa Antikainen, mentres que a cor elixida para representalo foi o vermello, que quedaba ben co negro e o branco do logotipo.[3]
Primeiras tempadas (1967–1970)
[editar | editar a fonte]Os primeiros días dos Ässät logo da fusión non foron tranquilos. Mover os xogadores dos Karhut e o RU-38 ao mesmo equipo non foi posible sen que os directivos de ambos clubs se reuniran para arrefriar a atmosfera acalorada. A fusión dos dous clubs máis importantes produciu entre os seareiros de Pori a expectativa de que se instalara un superequipo na cidade The early days of Ässät did not go smoothly after the merger. Moving Karhut, o que non chegou a producirse, xa que varios xogadores de nivel de equipo nacional procurou un novo equipo. Os xogadores que marcharon moron principalmente os pertencentes ao daquela vixente campión finlandés, o RU-38, polo que o primeiro equipo dos Ässät estaba integrado principalmente pr xogadores dos Karhut.[4]
Os primeiros partidos dos Ässät no outono de 1967 foron be e mesmo antes de iniciar a SM-sarja chegou o primeiro título do club tras proclamouse campión da Suomen Cup logo de impoñerse na final ao SaPKo de Savonlinna por sete goles a cero.[5][6] Ademais, grazas ao campionato de RU-38 na tempada precedente, os Ässät xogaron a edición de 1968 da Copa de Europa, na que a pesar de gañar as dúas primeiras roldas caeu fronte o SC Dynamo Berlin nos cuartos de final.[4][7]
Na súa primeira tempada na SM-sarja, a 1967–68, os Ässät dirixidos por Rauli Virtanen finalizaron na cuarta posición. O novo club non recibiu o apoio incondicional da xente de Pori, xa que a asistencia aos seus partidos como local diminuíu un pouco. A audiencia total na súa primeira tempada foi de 10 000 espectadores menos que a derradeira tempada dos Karhut.[4] Na segunda tempada dos Ässät as cifras de asistencia comezaron a aumentar, chegando ao mesmo nivel que tiveran os Karhut. Lasse Heikkilä, o antigo adestrador dos Karhut, converteuse no adestrador do equipo na súa segunda tempada e permaneceu no cargo ata 1974, e posteriormente entre 1976 e 1981. Na tempada 1968–69 Ässät finalizou de novo na cuarta posición. Para a seguinte tempada, a 1969–70, os Ässät sufriron dúas importantes baixas cando Veli-Pekka Ketola e Alpo Suhonen marcharon aos Jokerit de Helsinqui durante un ano, o equipo acabou notando a perda e finalizou a liga na sexta posición.[8]
Primeiro campionato (1970–1971)
[editar | editar a fonte]Na tempada 1970–71, os Ässät conseguiron un retorno de primeira clase cando Veli-Pekka Ketola regresou a Pori dende Helsinqui, onde xogara durante unha tempada nas filas dos Jokerit. Alpo Suhonen tamén regresou aos Ässät despois de Ketola. O regreso de Ketola ao seu club de orixe provocou un grande entusiasmo polo adestramento tamén noutros xogadores, e o adestrador Lasse Heikkilä levou o equipo nunha viaxe de adestramento a Moscova antes do inicio da tempada. A viaxe á Unión Soviética fixo comezar o adestramento moi cedo para os estándares da época, xa que non había xeo en Pori a principios de outono. Na tempada 1970–71 os Ässät finalizaron na terceira posición a liiga regular por detrás dos Jokerit e de HIFK. Nas series finais os Ässät perderon tan só un dos seus dez partidos e superaron os equipos da capital que estaban por diante. O equipo asegurou a medalla de ouro por unha diferenza de cinco puntos respecto dos Jokerit, que finalizaron segundos. O primeiro campionato chegou baixo o liderado do trío de atacantes formado por Erkki Väkiparta - Veli-Pekka Ketola - Tapio Koskinen. Outras liñas detrás do nº 1 tamén puideron achegar ao equipo. Houbo tamén grandes nomes en defensa, como Antti Heikkilä e Pekka Rautakallio.[8] Veli-pekka Ketola foi o máximo puntuador na SM-sarja durante a tempada 1970–71 con 42 puntos, dos cales 25 foron goles e 17 foron asistencias.[9] O capitán dos Ässät durante a tempada foi Raimo Kilpiö. O primeiro porteiro dos Ässät foi Jorma Valtonen que played xogou todos os partidos da tempada e finalizou cun 92,2 % de paradas.[10][a]
Segundo campionato (1977–78)
[editar | editar a fonte]A tempada 1977–78 superou de novo as expectativas de éxito cando Pekka Rautakallio e Veli-Pekka Ketola regresaron de América do Norte aos Ässät, que se uniron xogadores novos prometedores do club como Arto Javanainen, Kari Makkonen, Tapio Levo e Harry Nikander. Os ases finalizaron a liga regular na segunda posición por detrás de Tappara e derrotaron o TPS de Turku nas semifinais (3–2). As series finais fronte o Tappara non comezaron ben, xa que o equipo de Tampere impúxose no primeiro partido da serie en Tampere 8–0. Con todo, os Ässät gañaron o resto de partidos, e o club conseguiuu o seu segundo campionato Finlandés. O último partido disputado no Porin jäähalli (na actualidade denominado Isomäki Areena) tivo unha audiencia estimada de máis de 14 000 persoas nas bancadas, aínda cando tan só se debería ter permitido a entrada a 8 600 persoas na época. Houbo máis persoas nas bancadas de Pori que en ningún outro partido previo de hóckey sobre xeo celebrado en Finlandia. Nos primeiros anos da SM-liiga[b] na segunda metade da década de 1970, os Ässät eran un dos equipos máis fortes da competición. O xogador máis importante do equipo foi o capitán, o centro Veli-Pekka Ketola, que regresara da WHA norteamericana. Ketola bateu o récord de puntos nos play-offs no momento.[11]
2012–13: o campionato sorpresa
[editar | editar a fonte]A tempada 2012–13 foi diferente para os Ässät. O equipo comezou forte a liga, mais co cambio de ano caeu por debaixo da liña dos play-offs. O equipo vendeu o seu centro número 1, Stephen Dixon, ao Lokomotiv Yaroslavl da Kontinental Hockey League (KHL).[12][13] Ao final de xaneiro os Ässät comezaron a maior racha gañadora da spa historia, que só finalizou cunha derrota na prórroga fronte aos Kärpät de Oulu ao final da liga regular. Na clasificación ascendeu dende o posto 14 ata a cuarta posición. Nos cuartos de final, os Ässät derrotaron ao KalPa de Kuopio por 4–1 na serie disputada ao mellor de sete encontros. Nas semifinais fronte o JyP Ässät comezou cunha na prórroga cando Michael Ryan anotou o gol gañador no minuto 92:51. Os Ässät gañaron o segundo partido en Pori 2–0 e o terceiro en Jyväskylä (1–4). O JyP reduciu distancias coa súa vitoria a domicilio (1–2), mais o equipo de Pori gañou o quinto partido por 0-1 e clasificouse para as finais, onde se enfrontou ao Tappara. O equipo de Tampere gañou o primeiro partido da final por 2–1 logo de que Jukka Peltola marcara cinco segundos antes de que finalizara o tempo regulamentario. No segundo partido das finais, disputado en Pori, os Ässät impuxéronse por 5–1, mentres que no terceiro, Tappara foi mellor cun resultado de 3-2, e o gol gañador foi anotado por Niclas Lucenius tan só un segundo antes de finalizar o tempo regulamentario. Ässät gañou o cuarto partido 4–0 no seu estadio. No quinto partido das finais, os Ässät conseguiron a vitoria a domicilio por 2-1. Veli-Matti Savinainen anotou o gol gañador logo dun pase de Ville Uusitalo na terceira prórroga no minuto 108:59. O partido foi o máis longo dunhas finais na historia da SM-liiga, e o terceiro máis longo en todos os play-offs. Finalmente os Ässät gañaron o campionato finlandés logo de derrotar o Tappara no sexto partido por 3–2 cun gol de Jyri Marttinen, finalizando a serie cun resultado de 4–2 e conseguindo o seu primeiro título dende 1978.[14][15] Viuse un auténtico cambio xeracional despois do partido, cando o capitán do equipo campión de 1978, Veli-Pekka Ketola, saltou ao xeo para entregar a Kanada-malja ao capitán Ville Uusitalo.[16]
O nome completo da compañía que xestiona o club na actualidade é HC Ässät Pori Oy.[17]
Identidade do equipo
[editar | editar a fonte]Logotipo
[editar | editar a fonte]O logotipo principal dos Ässät é unha pica (♠️) dentro dun anel negro. Foi deseñado por Vesa Antikainen e os Ässät o teñen empregado este dende 1967.[3]
Música
[editar | editar a fonte]A canción de apoio das seareiras e seareiros de Ässät é "Patasydän" (en galego "Corazón de pica"), da banda de rock local Nuoret Vihaiset Miehet. En 2011 realizouse un vídeo no que participaron fans do equipo.[18][19]
Mascota
[editar | editar a fonte]A mascota dos Ässät dende 2017 é Rysty Mesikämmen.[20][21] Rysty Mesikämmen é un oso pardo que leva un casco de hóckey sobre xeo e unha camisola dos Ässät co número 67.[22]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Isomäki Areena.
Os Ässät xogan os seus partidos como local no Isomäki Areena, pavillón que comparte co Karhu HT da Suomi-sarja, o terceiro nivel do hóckey sobre xeo finlandés. O estadio foi inaugurado en 1964 como unha pista de xeo artificial esterior. En 1971 completouse o pavillón cuberto con capacidade para 8 000 persoas.
Na actualidade o Isomäki Areena ée coñecido polo seu ambiente próximo e ten reputación de pista complicada para os equipos visitantes. O pavillón está situado no Centro Deportivo de Pori, no distrito de Isomäki. Foi renovado entre os anos 2014 e 2016, e o seu nome mudou oficialmente polo de Isomäki Areena.[23][24] En 2022 a capacidade do pavillón era de entre as 6 350 e as 6 500 persoas. Na tempada 2022-23 o nome do pavillón pasou a ser West Areena.[25]
Imaxe | Nome | Primeira tempada | Derradeira tempada | Capacidade[c] | Outros usos |
---|---|---|---|---|---|
Isomäki Areena | 1967-68 | en uso | 6 500 | Karhu HT |
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns do equipo
[editar | editar a fonte]Dende a súa primeira tempada, os Ässät tiveron 18 capitáns distintos. O primeiro xogador da historia do equipo de Pori que foi nomeado capitán foi Raimo Kilpiö na primeira tempada do equipo. Dende 2022 o posto de capitán é ocupado por Jesse Joensuu. Todos os capitáns do equipo ata 2022 foron de nacionalidade finlandesa, e moitos deles naceron na cidade de Pori. Os xogadores que máis tempadas exerceron de capitán do equipo foron Raimo Kilpiö e Tapio Levo. A continuación todos os capitáns dos Ässät ao longo da súa historia:[26]
|
|
Líderes históricos
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia tres xogadores dos Ässät superaron a barreira dos 500 puntos: Arto Javanainen, Kari Makkonen e Tapio Levo. Nas estatísticas de xogo salientan, amais dos tres xogadores anteriormente citados, Veli-Pekka Ketola e Jari Korpisalo. O máximo goleador da historia do equipo e Arto Javanainen, con 472 goles en 678 encontros disputados. Javanainen é ademais o líder histórico en puntos, cun total de 814, e o segundo xogador na clasificación de asistencias, con 342, só superado por Kari Makkonen (365). Pola súa banda Pasi Peltonen é o xogadora que máis partidos vestiu a camisola dos Ässät con 827 partidos. A continuación os rexistros dos xogadores máis destacados do equipo en puntos, goles, asistencias e partidos disputados:[28]
Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.
|
|
|
|
Números retirados
[editar | editar a fonte]Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
2 | Antti Heikkilä | D | |||
4 | Arto Javanainen | RW | |||
11 | Raimo Kilpiö | F | 1962-1977[d] | 21 de setembro de 2019 | [30] |
12 | Tapio Levo | D | 1972-1981 1983-1992 |
21 de novembro de 2007 | [31] |
13 | Veli-Pekka Ketola | C | |||
89 | Jaroslav Otevrel | LW |
Adestradores
[editar | editar a fonte]
|
|
Equipo feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Porin Ässät (feminino).
Ässät contou cun equipo que estivo activo en dóus períodos. A pesar de que polo equipo pasaron xogadoras como Anne Haanpää ou a xogadora nada na cidade Sari Fisk, o equipo non conseguiu ningún logro colectivo.
En 1982 Ässät converteuse nun dos equipos fundadores da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja, e competiu nela ata que cesou temporalmente a súa actividade en 1995.[32] Se ben o equipo feminino retomou a súa actividade entre aș tempadas 1998-99 e 2002-03, non conseguiu volver á elite do hóckey feminino finlandés.[32]
En 2022 a actividade do equipo limitábase ao traballo con nenas cun equipo, as Red Stars Tyttökiekko,[33] e unha escola de patinaxe.[34]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Ässät proclamouse tres veces campión de Finlandia: 1971, 1978, 2013.[35]
- O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Ässät gañaron este galardón nunha única ocasión: 1979.[35]
- Campión: 1967.[37]
- I-divisioona
- logo do único descenso da súa historia, Ässät disputaron a segunda categoría na tempada 1989-90, cando se fixeron co título.
- Campión: 1990[38]
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de catro xogadores dos Ässät recibiron este galardón, se ben o número total de trofeos conseguidos por xogadores do equipo de Satakunta ascende ata os sete trofeos:[35]
- Kari Makkonen: 1979
- Arto Javanainen: 1981, 1984, 1986, 1991
- Tomáš Záborský: 2012
- Sebastian Wännström: 2021
- Trofeo Jari Kurri: entregado cada ano dende a tempada 1993-94 ao mellor xogador durante os play-offs. Leva o nome do ex xogador Jari Kurri, internacional con Finlandia e considerado o mellor xogador da historia do país nórdico. Un xogador do equipo recibiu o galardón:[35]
- Antti Raanta: 2013
- Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor a Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, dous xogadores dos Ässät fixéronse co galardón:[35]
- Kari Makkonen: 1976
- Petri Varis: 1992
- Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Dous adestradores dos Ässät conseguiron o galardón ao longo da historia do equipo, incluído o primeiro en recibilo, Kari Mäkinen:[35]
- Kari Mäkinen: 1978
- Karri Kivi: 2013
- Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome do antigo xogador Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, dous xogadores dos Ässät gañaron o trofeo:[35]
- Tomas Zaborsky: 2012
- Antti Raanta: 2013
- Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do antigo xogador dos Ässät e primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Catro xogadores do equipo recibiron o galardón dende a súa introdución:[35]
- Pekka Rautakallio: 1978, 1979
- Tapio Levo: 1984, 1985
- Shaun Heshka: 2013
- Esa Lindell: 2015
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador da selección nacional de Finlandia. Tan só un xogador do equipo conseguiu o trofeo:[35]
- Aki Uusikartano: 2013
- Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Catro porteiros dos Ässät teñen alzado o trofeo:[35]
- Antero Kivelä: 1978
- Kari Takko: 1985, 1994
- Juuso Riksman: 2006
- Antti Raanta: 2013
- Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome de Veli-Pekka Ketola, ex xogador dos Ässät, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de dous xogadores dos Ässät conseguiron o galardón canto menos nunha ocasión:[35]
- Veli-Pekka Ketola: 1971, 1979
- Arto Javanainen: 1986
- Trofeo Matti Keinonen: cada ano é entregado ao xogador co mellor rexistro plus-minus da competición. Recibe o seu nome en honor a Matti Keinonen, xogador internacional coa selección finlandesa. Tres xogadores dos Ässät gañaron o trofeo nalgunha ocasión:[35]
- Pekka Rautakallio: 1978
- Veli-Pekka Ketola: 1979
- Harry Nikander: 1986
- Trofeos da Asociación de Xogadores
- Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Un xogador dos Ässät conseguiu este recoñecemento:[39]
- Tomáš Záborský: 2012
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Este dato inclúe só os partidos das series finais, xa que os da liga regular non se contabilizaron.
- ↑ A SM-sarja foi remprazada pola SM-liiga en 1975.
- ↑ A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
- ↑ Ata 1967 desenvolveu a súa carreira no RU-38, un dos equipos dos que xurdiron en 1967 os Ässät.[29]
- Referencias
- ↑ Majasaari 1994, p. 1–76.
- ↑ Majasaari 1994, p. 19–80.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Majasaari 1994, p. 81.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Majasaari 1994, p. 82–83.
- ↑ "Championnat de Finlande 1966/67. Coupe de Finlande 1967" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Ässät opetti jääkiekkoa SaPKo:lle". Satakunnan kansa (en finés). 1967.
- ↑ "Coupe d'Europe des clubs champions de hockey sur glace 1967/68" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 1 de xaneiro de 2023.
- ↑ 8,0 8,1 Majasaari 1994, p. 85–89.
- ↑ "Championnat de Finlande de hockey sur glace 1970/71" (en francés). hockeyarchives.info . Consultado o 10 de decembro de 2022.
- ↑ "1970-1971 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 10 de decembro de 2022-10.
- ↑ Majasaari. Pitkä Laukaus. pp. 97–102. ISBN 9519583750.
- ↑ Tammilehto, Teemu (16 de abril de 2015). "Ässien tuhkimotarina jäi kokematta – Dixonin uusi yritys Tapparassa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 27 de abril de 2023.
- ↑ "Stephen Dixon KHL-liigaan" (en finés). assat.com. 26 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2023. Consultado o 27 de abril de 2023.
- ↑ Laine, Sami (24 de abril de 2013). "Porin Ässät palasi Suomen mestariksi 35 vuoden tauon jälkeen!". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 27 de abril de 2023.
- ↑ Lempinen, Marko (10 de marzo de 2015). "SM-liigan klassikkohetket: Porin Ässien sensaatiomainen mestaruus 2013". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 27 de abril de 2023.
- ↑ "Ässien tarina - Suomi-Areenan lahja Mestareille - Koko versio" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2023.
- ↑ "Ässät" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ "Patasydän-kannatuslaulu sykkii pian videolla". Yle Uutiset (en finés). 28 de novembro de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2022.
- ↑ Vídeo orixinal de "Patasydän" en YouTube
- ↑ "Ässät lanseeraa maskotin lauantain Perhepelissä" (en finés). assat.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2022. Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ Laiho, Harri (3 de novembro de 2017). "Ässät esittelee lauantaina uuden maskotin – muistatko edellisen väriläiskän?". Satakunnan Kansa (en finés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ "Ehdota uudelle maskotille nimi" (en finés). assat.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2022. Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ Rantala, Kati (15 de outubro de 2015). "Porin kiekkoväelle tärkeä nimi säilyy – jäähalli on nyt Isomäki Areena". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 13 de decembro de 2022.
- ↑ Meritähti, Päivi (6 de agosto de 2015). "Porin jäähallin remontissa loppukiri: "Töitä tehdään yötä päivää"". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 13 de decembro de 2022.
- ↑ "Isomäki Areenan uusi nimi on West Areena" (en finés). assat.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2022.
- ↑ eliteprospects.com (ed.). "Ässät - Team Captaincy History" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ "Pasi Peltonen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ "Ässät franchise records" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ "Raimo Kilpiö" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ "RAIMO KILPIÖN PELIPAITA NOUSEE ISOMÄKI AREENAN KATTOON" (en finés). Ässät Pori. 16 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2022. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ "Ässät jäädytti Levon pelinumeron". MTV Uutiset (en finés). 21 de novembro de 2007. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ 32,0 32,1 "Ässät Women" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Red Stars Tyttökiekko. Joukkue" (en finés). Porin Ässät. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Ässät Gold Star" (en finés). Porin Ässät. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ 35,00 35,01 35,02 35,03 35,04 35,05 35,06 35,07 35,08 35,09 35,10 35,11 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ 36,0 36,1 "Ässät" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ "SAPKO JÄÄKIEKON SUOMEN CUPISSA" (en finés). SaPKo. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ "Championnat de Finlande 1989/90" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Majasaari, Matti (1994). Pitkä laukaus: porilaisen jääkiekkoilun historia (en finés). Pori: Satakunnan kirjateollisuus. ISBN 9519583750.