Mikkelin Jukurit
Jukurit | |
---|---|
Fundación | 1970 |
Cidade | Mikkeli, Savonia do Sur Finlandia |
Estadio | Kalevankankaan jäähalli (4.500 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 5 (Mestis) |
Adestrador | Jarno Pikkarainen |
Cores | Amarelo, azul e vermello |
Na rede | |
https://www.jukurit.fi/ |
O Mikkelin Jukurit ou simplemente Jukurit, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Mikkeli (Finlandia). O club foi fundado en 1970 e dende a tempada 2016-17 compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga. Anteriormente competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, onde dende a súa fundación no ano 2000 se mantivo nos postos de cabeza, gañando a competición en cinco ocasións (2001, 2002, 2003, 2006, 2013), quedando segundo en tres (2004, 2007, 2011), e terceiro nunha ocasión (2008). Xoga os seus partidos como local no Kalevankankaan jäähalli, un pavillón con capacidade para 4.500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O Mikkelin Jukurit foi fundado en 1970. A tempada 1998-99 supuxo un punto de inflexión para o club, cando Matti Turunen se converteu no director executivo e Risto Dufva de Jyväskylä no adestrador xefe. Na tempada 1999–2000 gañou o seu primeiro campionato na recentemente creada Suomi-sarja, e regresando á Mestis tras 20 anos. Cando Jukurit gañou o seu cuarto campionato da liga Mestis en primavera de 2006, Risto Dufva deixou o equipo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Suomi-sarja: 2000
- 5 Mestis: 2001, 2002, 2003, 2006, 2013
Xogadores
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]- # 21 Sami Lehmusmetsä (non retirado oficialmente, mais non se utiliza)
- # 24 Lasse Kanerva
Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)