Saltar ao contido

Kalevan Pallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KalPa»)
Kalevan Pallo
Fundación1929
Cidade Kuopio,
Savonia do Norte
Finlandia Finlandia
EstadioKuopion jäähalli
(5 300 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos0
Propietario(s)KalPa Hockey Oy
Finlandia Sami Kapanen
Finlandia Kimmo Timonen
Scott Hartnell
AdestradorFinlandia Pekka Virta
CoresAmarelo e negro
           
Na rede
https://www.kalpa.fi/

O Kalevan Pallo ou KalPa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio, Savonia do Norte (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo profesional finés. Xoga os seus partidos como local no Kuopion jäähalli, pavillón con capacidade para 5 300 espectadores.

Fundado en 1929, o equipo nunca conseguiu gañar o campionato finlandés, se ben chegou dúas veces ás finais, conseguindo dúas medallas de prata (1991 e 2017), ademais gañou o bronce en 2009. En 2012 o equipo gañou o Trofeo Memorial Harry Lindblad como campión da liga regular. Ademais, en 2018 KalPa fixo historia ao converterse no primeiro equipo finlandés en proclamouse campión da prestixiosa Spengler Cup en Davos, Suíza.

KalPa conta tamén cun equipo feminino, denominado KalPa Naiset, que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga, competición na que conseguiu o subcampionato en 2021.

O club foi fundado en 1929 en Sortavala baixo o nome de Sortavalan Palloseura (SPS), cando Carelia aínda pertencía á República de Finlandia. Inicialmente a oferta deportiva do club incluía o bandy, o pesäpallo e o fútbol. Con todo, o PSP dividiuse en dous na década seguinte: o Sortavalan Palloseura e o Sortavalan Pallo (SP), mantendo ambos as tres modalidades deportivas do club orixinal.[1]

Durante a Guerra de Inverno a cidade foi evacuada e pasou ao control soviético, situación que se repetiu posteriormente durante a Guerra de Continuación, despois da cal abandonaron a cidade os últimos finlandeses e a cidade pasou a formar parte da Unión Soviética.[2] Os clubs deportivos da cidade foron trasladados a Kuopio, onde SPS e SP fusionáronse axiña pouco despois da contenda baixo o nome SPS. O primeiro evento no que se presentou Sortavalan Palloseura á xente de Kuopio foi un partido de fútbol amigable fronte a KuPS que tivo lugar o 10 de maio de 1945.[1]

O nome completo da compañía propietaria do equipo é KalPa Hockey Oy. A meirande parte da compañía é propiedade dos xogadores da NHL Sami Kapanen e Kimmo Timonen. Kapanen é o socio maioritario cun 50'5% das accións. Timonen conta co 8%, cando o seu compañeiro de equipo nos Philadelphia Flyers Scott Hartnell fíxose co 5%.

Na tempada 1990-91 gañou a súa primeira medalla de prata da competición, mais en 1999 viuse obrigado a xogar na segunda categoría logo de finalizar a tempada no último posto da liga e descender.

Durante a tempada 200405 da NHL Timonen, Kapanen, e Adam Hall xogaron no KalPa. Logo de gañar a Mestis, o KalPa retornou á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, na tempada 2005-06 tras xogar seis anos na categoría de prata. Tan só tres anos despois, na tempada 2008-09, o KalPa conseguiu a súa segunda medalla da máxima categoría ao facerse coa medalla de bronce.

En 2018 gañou o seu primeiro título internacional, a Spengler Cup, logo de derrotar na final á selección do Canadá por 1-2, sendo o primeiro club finlandés en gañar o torneo.[3][4]

Identidade do equipo

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2013-14 fixo a súa primeira aparición ante o público de Kuopio a mascota do equipo, Ruusteri.[5] Trátase dun galo antropomorzo, similar a outras mascotas da Liiga que representan a animais: Redi (Sport) ou Pekko Pelikaani (Pelicans).[6]

Antes da presentación do equipo nos seus partidos como local, Ruusteri deslízase pola pista, durante o partido pode vérselle por distintos lugares do estadio,[5] toca a guitarra eléctrica no centro da pista, e durante o segundo tempo morto técnico lanza produtos de KalPa á bancada cun canón de camisolas.[6]

Existen diversos eventos relacionados coa mascota, como a súa xira escolar ou o seu aniversario, cando as nenas e nenos poden enviarlle felicitacións decoradas e coincide cun partido de outono no que se regalan entradas para nenas e nenos menores de 16 anos.[5]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Kuopion jäähalli.
Exterior do Olvi Areena.

KalPa xoga os seus partidos como local no Kuopion jäähalli, coñecido por motivos de patrocinio como "Olvi Areena", e tamén coñecido popularmente como "Niiralan Monttu".[7][8] O estadio foi inaugurado en 1979 e ten capacidade para 5 300 persoas (3 628 sentadas), mestres que a pista ten unhas medidas de 60x30 metros.[8]

Entre os servizos do estadio cóntanse máis de 300 prazas de aparcadoiro,[7] case 300 asentos VIP[9] e varios restaurantes.[10][11]

Os días de partido pode accederse ao estadio nos autobuses urbanos da cidade de Kuopio cun billete especial de prezo reducido.[7]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]

KalPa ten retirado os seguintes catro números ao longo da súa historia:[12]

Números retirados de KalPa
Número Nome
27 Jouni Rinne
1 Pasi Kuivalainen
24 Sami Kapanen
44 Kimmo Timonen

Equipo feminino

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: KalPa Naiset.
Equipo feminino do KalPa no outono de 2022.

KalPa conta cun equipo feminino, denominado KalPa Naiset, que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Foi fundado en 1989[13] e o seu maior éxito chegou na tempada 2019-20, cando o equipo disputou a final da Naisten Liiga fronte a Kiekko-Espoo, se ben a final non chegou a disputarse por mor da pandemia por coronavirus.[14] Con todo, na tempada seguinte conseguiu de novo chegar á final, de novo fronte ao equipo de Espoo, contra o que caeu en catro partidos (3-1).[15] O equipo conseguiu tamén tres medallas de bronce en 1995, 1996 e 2017.[16]

Muro da Fama

[editar | editar a fonte]

En 2014 KalPa creou o "Wall of Fame" (en galego "Muro da Fama"), un espazo onde se homenaxea ás personalidades que máis influíron no club ao longo da súa historia. Cada tempada unha nova personalidade é honrada no "Wall of Fame" durante un partido festivo. Estas son todas as personalidades que en 2021 figuraban no "Wall of Fame".[12]

  • Núm. 7 Ossi Hyppönen
  • Núm. 13 Mauno Repo
  • Núm. 14 Juhani Wahlsten
  • Núm. 9 Lauri Helen
  • Núm. 20 Darius Rusnak
  • Núm. 6 Jari Järvinen
  • Núm. 8 Juha Tuohimaa
  • Kari Myllys
  • Matti Turunen e Kalevi Tavi
  • Núm. 15 Jari Pulliainen
  • Toivo Yläjärvi
  • Kari Penttilä
  • Núm. 13 Risto Pursiainen
  • Núm. 16 Pekka Voutilainen
  • Núm. 20 Matti Jokinen
  • Esko Kasanen e Esko Rautamäki
  • Núm. 16 Esa Välioja
  • Núm. 46 Jussi Timonen
  • Núm. 42 Tommi Jokinen

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
SM-liiga
  • A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. KalPa nunca gañou o trofeo.[17]
    • 2 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1991 e 2017
    • 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2009
Mestis
  • Campión: 2004 e 2005
Spengler Cup
  • Campión: 2018

Trofeos individuais

[editar | editar a fonte]
O Trofeo Aarne Honkavaara no Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Tampere).
Trofeos da Asociación de Xogadores
  • Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Un xogador de KalPa conseguiu este recoñecemento:[18]
  1. 1,0 1,1 "KalPan historia" (en finés). Kalpa Hockey. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  2. "The history of Sortavala" (en finés). Pohjois-Karjalan museo. 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  3. "List of Winners" (en inglés). spenglercup.ch. Consultado o 20 de marzo de 2020. 
  4. "KalPa valloitti Spengler Cupin – finaalissa kaatui Kanadan maajoukkue" (en finés). Liiga.fi. 31 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "KalPa-maskotti Ruusteri" (en finés). Kalpa Hockey. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Turunen, Tomi T. (15 de marzo de 2016). "KalPa-maskotti Ruusteri: "Olen syntynyt tunkiolle kukonlaulun aikaan"". Savon Sanomat (en finés). Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Olvi Areena info" (en finés). Kalpa Hockey. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Kuopion jäähalli" (en finés). Cidade de Kuopio. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  9. "VIP-tilat" (en finés). Kalpa Hockey. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  10. "Ravintola Pelimies" (en finés). Kalpa Hockey. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  11. "Olvi Hall of Fame" (en finés). Kalpa Hockey. Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  12. 12,0 12,1 "Wall of Fame" (en finés). KalPa Hockey Oy. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  13. "TEAM HISTORY AND STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  14. "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  15. Mennander, Pasi (25 de marzo de 2021). "Maalikooste: Kapteeni Rajahuhta laukoi mestaruusmaalin – Kiekko-Espoo voitti Naisten Liigan mestaruuden" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  16. "KalPan naisille SM-hopeaa" (en finés). juniorikalpa.fi/. 26 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  18. "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]