Saltar ao contido

Gatorade Center

Gatorade Center
Esterior.
Datos
Coordenadas60°27′23″N 22°11′13″L / 60.456388888889, 22.186888888889
LocalizaciónTurku, Finlandia Finlandia
Outros nomesTurkuhalli
Typhoon
Elysée Arena
Construción
Inauguración25 de novembro de 1990
ArquitectoArkkitehtitoimisto Casagrande ja Haroma Oy
Custo145000000 Marco finlandéss
Estadio
Capacidade11.820 espectadores
LocalíaHC TPS (1990-)
TuTo (1995-96, 2005-06)
TPS Salibandy (2007-09)
Turun NMKY (2007)
Webhttps://gatoradecenter.fi
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1991 (sede principal)
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1997
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2003
editar datos en Wikidata ]

O Gatorade Center (anteriormente denominado Typhoon, Elysée Arena, Turkuhalli e HK Areena), é un pavillón deportivo da cidade de Turku, Finlandia. Malia ser empregado para concertos e outros eventos, o seu principal uso é a práctica do hóckey sobre xeo, sendo a sede do principal equipo da cidade, o HC Turun Palloseura (TPS) da SM-liiga (máxima competición do hóckey sobre xeo finés).

Interior do Gatorade Center.

A construción do HK-areena comezou en 1989, e a súa inauguración tivo lugar o 25 de decembro de 1990. En 1991 o estadio foi a sede principal do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1991, e ese mesmo ano rexistrou o seu récord de asistencia con 12.041 espectadores. Entre 1996 e 1997 realizáronse obras para renovalo e modernizalo, e ao ano seguinte foi novamente sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino xunto co Hartwall-areena (Helsinqui) e o Tampereen jäähalli (Tampere). En 2003 repetiu como sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino, novamente xunto aos principais estadios das cidades de Helsinqui e Tampere.

  • Typhoon Arena (1989-1994)
  • Élysée Arena (1994-2006)
  • Turkuhalli (2006-2010)
  • HK Arena (2010-)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]