Palmarés do Ilves (hóckey sobre xeo)
Ilves é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. Con 16 campionatos finlandeses e dúas copas de Finlandia en categoría masculina absoluta, 10 campionatos nacionais e unha Copa de Europa en categoría feminina absoluta, así como numerosos títulos nacionais en categorías inferiores masculina e feminina, Ilves é un dos equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés, facendo un total de 154 medallas en campionatos de Finlandia nas distintas categorías, das cales 73 se corresponden co título de campión.
Ademais Ilves ten conseguido un subcampionato da Copa de Europa masculina e dous bronces na Copa Continental masculina.
Moitas personalidades relacionadas co equipo recibiron distintos trofeos a nivel individual, e numerosas xogadoras e xogadores foron recoñecidas durante o tempo que xogaron para o equipo de Tampere. Do mesmo xeito, moitos dos trofeos idivididuais entregados anualmente a xogadoras e xogadores pola Naisten Liiga e a Liiga respectivamente levan o nome de antigas personalidades ligadas ao equipo, como Jarmo Wasama, Aarne Honkavaara, Lasse Oksanen, Raimo Kilpiö, Katja Riipi, Marianne Ihalainen, Sari Fisk ou Noora Räty. Do mesmo xeito, moitas xogadoras e xogadores do equipo foron seleccionados para os equipos das estrelas da liga feminina e masculina.
Xeral
[editar | editar a fonte]- O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo na Liiga ou Mestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. Ilves gañou o trofeo un total de oito veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 1973, 1974, 1978, 1981, 1982, 1983, 1990 e 1993.[1][2]
- O "Patín de Prata" de Kiekkolehti ao mellor equipo en situacións especiais na Liiga. O equipo gañou este premio en sete ocasións: 1962, 1966, 1972, 1985, 1989, 1990 e 1998.[1][3]
Equipo masculino
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Ilves gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972 e 1985.[4][1][a]
- O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Ilves gañou este galardón nunha única ocasión: 1988.[4][1]
- Subcampión: 1967[1]
- Medalla de bronce: 1998 e 2007[1]
- Campión: 2019[5]
- Subcampión: 1999, 2003, 2008 e 2015
- Medalla de bronce: 1989, 1993, 2016, 2017, 2018, 2020 e 2022
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de tres xogadores de Ilves recibiron este galardón, se ben o número de máximos goleadores do campionato finlandés que xogaron para Ilves ascende ata os once cun total de 19 trofeos:[4]
- Jaakko Tiitola: 1934
- Jussi Tiitola: 1935, 1936 e 1937
- Matti Wasama: 1938
- Aarne Honkavaara: 1944, 1946, 1948 e 1952
- Matti Rintakoski: 1944
- Jorma Peltonen: 1966
- Pekka Leimu: 1968, 1969 e 1972
- Lasse Oksanen: 1970
- Raimo Summanen: 1983 e 1990
- Mikko Mäkelä: 1985
- Vesa Viitakoski: 2002
- Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, doce xogadores de Ilves fixéronse co galardón, entre eles o primeiro en recibilo, Seppo Ahokainen:[4]
- Seppo Ahokainen: 1972
- Markus Mattsson: 1975
- Risto Siltanen: 1977
- Jukka Tammi: 1983
- Jari Neuvonen: 1985
- Mika Nieminen: 1988
- Pasi Puistola: 1998
- Toni Dahlman: 2001
- Simo Vidgren: 2005
- Perttu Lindgren: 2006
- Otto Koivula: 2017
- Matias Maccelli: 2020
- Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Ilves conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo:[4]
- Seppo Hiitelä: 1985
- Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome do antigo xogador de Ilves Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, dus xogadores de Ilves gañaron o trofeo.[4]
- Raimo Helminen: 1998
- Michael Keränen: 2014
- Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Dous xogadores do equipo recibiron o galardón dende a súa introdución:[4]
- Allan Measures: 1998
- Markus Seikola: 2009
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Sete xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[4]
- Raimo Kilpiö: 1960
- Lasse Oksanen: 1968
- Reijo Hakanen: 1972
- Jorma Kallio: 1974
- Risto Jalo: 1983
- Juha Järvenpää: 1990
- Vesa Viitakoski: 2002
- Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Dous porteiros de Ilves teñen alzado o trofeo:[4]
- Jukka Tammi: 1990
- Lukáš Dostál: 2020
- Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de dez xogadores de Ilves conseguiron o galardón canto menos nunha ocasión:[4]
- Jaakko Tiitola: 1934
- Jussi Tiitola: 1935, 1936 e 1937
- Matti Wasama: 1938
- Aarne Honkavaara: 1946, 1948, 1950, 1951 e 1952
- Jorma Salmi: 1957, 1958 e 1959
- Raimo Kilpiö: 1960
- Jorma Peltonen: 1966, 1968, 1969, 1970, 1972
- Raimo Summanen: 1989 e 1990
- Peter Larsson: 1998
- Steve Kariya: 2005
- Trofeos da Asociación de Xogadoras e Xogadores
- Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Ilves conseguiron este recoñecemento:[6]
- Jukka Tammi: 1990
- Raimo Helminen: 1998
- Michael Keränen: 2014
- Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. Tan só un xogador do equipo conseguiu o galardón, foi Markus Seikola en dúas tempadas consecutivas (2009 e 2010):[6]
- Markus Seikola: 2009 e 2010
Equipo feminino
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Ilves Naiset gañou un total de 10 veces o trofeo: 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1993, 2006, 2010[1]
- Torneo Lipstick (non oficial)
Disputado entre 1978 e 1982 e sen carácter oficial, nomeou o equipo campión de Finlandia antes da creación da categoría feminina da SM-sarja/Liiga. O Ilves gañou o torneo en tres ocasións: 1980, 1981 e 1982.[8]
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Riikka Nieminen: outorgado á mellor xogadora da Naisten Liiga dende a tempoda 2008-09. Dúas xogadoras de Ilves teñen alzado o trofeo dende a súa creación:[9]
- Jenni Hiirikoski: 2010
- Linda Välimäki: 2018
- Anni Keisala: 2022
- Trofeo Tuula Puputti: recompensa cada ano á mellor porteira da liga. Dúas xogadoras do equipo recibiron o galardón, para un total de tres trofeos conseguidos pola entidade:[10]
- Maija Hassinen-Sullanmaa: 2006 e 2008
- Anni Keisala: 2021 e 2022
- Trofeo Päivi Halonen: entregado cada ano á mellor defensora da liga. Creado na tempada 2005-06, a primeira xogadora premiada foi Heidi Pelttari, que é ata a tempada 2021-22 a única xogadora de Ilves que conseguiu gañar o trofeo:[11]
- Heidi Pelttari: 2006
- Trofeo Katja Riipi: entregado cada ano á mellor dianteira da liga. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora de Ilves, entre outros equipos, Katja Riipi. Dúas xogadoras do equipo alzaron a galardón dende a súa introdución na tempada 2005-06:[12]
- Saara Tuominen: 2006
- Linda Välimäki: 2010
- Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten Liiga,[b] a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora de Ilves e membro do Salón da Fama do hóckey finlandés Marianne Ihalainen. Cinco xogadoras de Ilves recibiron este recoñecemento canto menos nunha ocasión:[13][14]
- Anne Haanpää: 1985
- Marianne Ihalainen: 1990
- Anne Nurmi: 1992
- Sari Fisk: 1995
- Linda Välimäki: 2010 e 2018
- Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga. Cinco xogadoras do equipo gañaron o trofeo nalgunha ocasión:[15]
- Anne Haanpää: 1985
- Marianne Ihalainen: 1990
- Anne Nurmi: 1992
- Sari Fisk: 1995 e 2001
- Linda Välimäki: 2010 e 2018
- Trofeo Sari Fisk: dende a tempada 2010-11 se entrega o trofeo Sari Fisk á xogadora con mellor plus–minus ao final da liga regular. Unha xogadora de Ilves Naiset conseguiu o galardón:[16]
- Heidi Pelttari: 2012
- Trofeo Karoliina Rantamäki: entregado dende a tempada 1999-2000 á MVP dos play-offs. Dúas xogadoras do equipo alzaron o trofeo dende a súa introdución:[17]
- Maija Hassinen-Sullanmaa: 2006
- Linda Välimäki: 2010
- Trofeo Noora Räty: outorgado á mellor debutante na liga dende a tempada 2005-06. Na tempoda 2021-22 tan só unha xogadora do equipo gañara o galardón nalgunha ocasión:[18]
- Venla Kotkaslahti: 2011
- Trofeo Emma Laaksonen: o premio ao xogo limpo entrégase dende a tempada 2011-12. Unha xogadora de Ilves Naiset gañou o premio nunha ocasión:[19]
- Satu Niinimäki: 2012
- Trofeos da Asociación de Xogadoras e Xogadores
- Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 2022 á mellor xogadora da Naisten Liiga por votación da Asociación de Xogadoras e Xogadores. No ano da súa instauración na categoría feminina a xogadora de Ilves Anni Keisala converteuse na primeira galardoada:[c][20]
- Anni Keisala: 2022
Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]A prolífica canteira de Ilves ten conquistado ata a tempada 2021-22 un total de 92 medallas en campionatos finlandeses, das cales 48 foron de ouro, 26 de prata e 18 de bronce. Os equipos femininos conseguiron un total de sete medallas (cinco ouros, dúas pratas e dous bronces) dende 2001, mentres que os masculinos lograron 85 medallas (43 ouros, 24 pratas e 16 bronces) dende 1945. A continuación todas as medallas conseguidas polo club nas distintas categorías, tanto femininas como masculinas:[1]
Masculino
[editar | editar a fonte]- Masculino A (1945- )
- Ouro (22): 1945, 1946, 1947, 1948, 1949, 1952, 1953, 1960, 1961, 1966, 1967, 1974, 1976, 1977, 1978, 1981, 1982, 1991, 1993, 1994, 2005, 2016
- Prata (11): 1955, 1962, 1963, 1970, 1973, 1983, 1984, 1986, 1992, 1995, 1999
- Bronce (6): 1950, 1954, 1972, 1975, 2010, 2011
- O equipo júnior de Ilves gañou o premio ao xogo limpo en cinco ocasións: 1953, 1960, 1968, 1973, 1981.[1]
- Masculino B (1972- )
- Ouro (7): 1973, 1978, 1979, 1980, 1982, 1990, 2006
- Prata (2): 1977, 1981
- Bronce (6): 1974, 1983, 1989, 1993, 1995, 1997
- Masculino B2 (2008- )
- Ouro (2): 2009, 2014
- Prata (5): 2008, 2010, 2011, 2012, 2017
- Masculino C (1972- )
- Ouro (5): 1972, 1974, 1982, 2001, 2004
- Prata (3): 1976, 1977, 2003
- Bronce (1): 1983
- O Kalen Kannu é un premio especial entregado pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo a persoas ou entidades que teñen conseguido algún logro sorprendentemente grande no hóckey sobre xeo finlandés. O equipo júnior C de Ilves recibiu o recoñecemento en 2004.[21][1]
- Masculino D (1971-78)
- Ouro (3): 1971, 1972, 1975
- Prata (1): 1976
- Bronce (2): 1974, 1978
- Masculino E (1967-78)
- Ouro (6): 1968, 1969, 1970, 1972, 1973, 1974
- Prata (2): 1967, 1975
- Bronce (1): 1971
Feminino
[editar | editar a fonte]- Feminino A (2001- )
- Ouro (2): 2007, 2008
- Prata (2): 2013, 2019
- Feminino C (2007- )
- Ouro (1): 2010
- Bronce (2): 2008, 2009
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os 15 primeiros títulos do equipo foron conquistados antes da profesionalización da liga, sendo denominada daquela SM-sarja.
- ↑ Antes denominada Naisten SM-sarja.
- ↑ Ata o ano 2022 este premio era entregado unicamente ao mellor xogador na Liiga, mais dende ese ano o mesmo galardón entrégase á mellor xogadora da Naisten Liiga.[20]
- Referencias
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 "SEURAN SAAVUTUKSET" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 3 de xuño de 2020.
- ↑ Mennander, Pasi (2 de maio de 2015). "Aaro Kivilinnan muistopalkinto Bluesille - Kauden paras seura 2014-15 - Kärpät niukalla piste-erolla toinen" (en finés). Federación Finlandesa e Hóckey sobre Xeo. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Tapparalle hopealuistin". MTVuutiset (en finés). 28 de marzo de 2001. Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2020.
- ↑ Seppä, Lassi (10 de agosto de 2019). "13 maalia kahdessa ottelussa − Ilves rynnisti myös HIFK:n yli ja voitti historian ensimmäisen Tampere Cupinsa" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. Consultado o 15 de agosto de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ "Ilveksen naiset tekivät suomalaista jääkiekkohistoriaa". Yle Urheilu (en finés). 27 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Panel de descrición da copa do Torneo Lipstick na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Player (Riikka Nieminen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ 20,0 20,1 Isokoski, Riki (9 de maio de 2022). "Pelaajat äänestivät Anton Levtchin kauden parhaaksi – Naisleijonien sankarivahdille historiallinen tunnustus". Iltalehti (en finés). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Mennander, Pasi (13 de xuño de 2019). "Kalen kannu 2019 Jukka Jaloselle: "Tehnyt Suomi-kiekossa ainutlaatuisen suorituksen"" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 8 de decembro de 2021.