Tampere Cup
Partido entre Ilves e Blues durante a Tampere Cup de 2007. | |
Fundación | 1989 |
---|---|
Rexión | Finlandia |
Número de equipos | 4-8 |
Actual campións | ![]() |
Club máis exitoso | ![]() |
A Tampere Cup é un torneo de hóckey sobre xeo que se disputa cada ano na cidade de Tampere, Finlandia.
Historia
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Mezin_Andrei_Metallurg_2008.jpg/220px-Mezin_Andrei_Metallurg_2008.jpg)
Celebrouse por primeira vez en 1989, cando o Sokol Kíiv soviético derrotou na final a un dos equipos organizadores, o Tappara, por 8-2.[1] En 2008 celebrou a súa vixésima edición consecutiva cun nivel moi alto ao contar con catro equipos na SM-liiga finlandesa (Ilves e Tappara como anfitrións, e Blues e HPK) e dous da recentemente creada Kontinental Hockey League eurasiática (Dinamo Riga e Metallurg Magnitogorsk) Nestes primeiros 20 anos sempre no mesmo escenario, o xeo de Hakametsä, mais tan só en dúas ocasións o trofeo foi entregado a un dos equipos anfitrións, foi en 1996 e 1999, e ambas veces foi o Tappara quen o ergueu. Con todo, a presión das grandes ligas internacionais acabou por eliminalo do calendario.[2][3] Inicialmente eran oito os equipos participantes, aínda que en 2001 o número reduciuse a seis. Ata 2008 participaran no torneo un total de 47 equipos diferentes de 13 países.[4] Nesta primeira etapa do torneo o campionato quedou en Finlandia un total de sete veces. Os equipos organizadores, Ilves e Tappara, participaron en todas as edicións, mentres que o resto foron cambiando. Logo dos equipos de Tampere o seguinte equipo que máis veces participou foi o Luleå, cun total de 11 edicións. En 2009 deixouse de organizar.
Tampere Cup volveuse organizar en agosto de 2015 baixo o nome de Decens Tampere Cup por motivos de patrocinio. Amais de Ilves e Tappara participaron no torneo Helsingin IFK e Turun Palloseura. O torneo disputouse en dous días e o HIFK de Helsinqui proclamouse campión.[5] Na primeira edición da nova etapa do torneo HIFK, que xa derrotara nas semifinais a TPS,[6] impúxose na final a Ilves 2-6.[7]
O torneo tamén se celebrou en agosto de 2016. Ese aano Tappara celebrou a vitoria final fronte a Turun Palloseura con gol de Jere Karjalainen.[8] No partido polo bronce Ilves derrotou a HIFK (2-1) no tempo suplementario logo de ter finalizado o partido con empate 1-1.[9]
En agosto de 2017 a Tampere Cup contou, ademais de con Ilves e Tappara, con HIFK e Pelicans.[10]
En 2018 o torneo contou cos mesmos participantes que o ano anterior. Tappara proclamouse campión por terceira vez consecutiva logo de derrotar na final a HIFK 4-0.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5b/Ilves_vs_HPK_Tampere_Cup_2021.jpg/220px-Ilves_vs_HPK_Tampere_Cup_2021.jpg)
En 2021 a Tampere Cup amais de Tappara e Ilves, participaron KooKoo e HPK. A sede do torneo foi excepcionalmente o Tesoman jäähalli.[11] Ese ano KooKoo conseguiu a súa primeira Tampere Cup.
En 2022 o torneo, denominado por motivos de patrocinio “Aamulehti Tampere Cup”, disputouse por primeira vez no Nokia Arena coa participación de HPK e JYP amais dos equipos organizadores.[12] Ese ano, o campión finlandés, Tappara, alzou a copa logo de derrotar a HPK 3-2,[13] mentres que o outro equipo da cidade, Ilves, fíxose co bronce logo de remontar tres goles fronte ao equipo de Jyväskylä. [14]
Medallistas
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
1989 | ![]() |
![]() |
![]() |
1990 | ![]() |
![]() |
![]() |
1991 | ![]() |
![]() |
![]() |
1992 | ![]() |
![]() |
![]() |
1993 | ![]() |
![]() |
![]() |
1994 | ![]() |
![]() |
![]() |
1995 | ![]() |
![]() |
![]() |
1996 | ![]() |
![]() |
![]() |
1997 | ![]() |
![]() |
![]() |
1998 | ![]() |
![]() |
![]() |
1999 | ![]() |
![]() |
![]() |
2000 | ![]() |
![]() |
![]() |
2001 | ![]() |
![]() |
![]() |
2002 | ![]() |
![]() |
![]() |
2003 | ![]() |
![]() |
![]() |
2004 | ![]() |
![]() |
![]() |
2005 | ![]() |
![]() |
![]() |
2006 | ![]() |
![]() |
![]() |
2007 | ![]() |
![]() |
![]() |
2008 | ![]() |
![]() |
![]() |
2009-14 | |||
2015 | ![]() |
![]() |
![]() |
2016 | ![]() |
![]() |
![]() |
2017 | ![]() |
![]() |
![]() |
2018 | ![]() |
![]() |
![]() |
2019 | ![]() |
![]() |
![]() |
2020 | ![]() |
![]() |
![]() |
2021 | ![]() |
![]() |
![]() |
2022 | ![]() |
![]() |
![]() |
2023 | ![]() |
![]() |
![]() |
2024 | ![]() |
![]() |
![]() |
Casificación de equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | ![]() |
![]() |
![]() |
Medallas totais |
---|---|---|---|---|
![]() |
6 | 6 | 6 | 17 |
![]() |
3 | 1 | 0 | 4 |
![]() |
2 | 3 | 1 | 6 |
![]() |
2 | 1 | 1 | 4 |
![]() |
2 | 1 | 1 | 4 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 2 |
![]() |
1 | 5 | 7 | 12 |
![]() |
1 | 3 | 0 | 4 |
![]() |
1 | 2 | 0 | 3 |
![]() |
1 | 1 | 0 | 2 |
![]() |
1 | 1 | 0 | 2 |
![]() |
1 | 1 | 0 | 1 |
![]() |
1 | 0 | 2 | 3 |
![]() |
1 | 0 | 1 | 2 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 1 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 1 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 1 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 1 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 1 |
![]() |
0 | 2 | 0 | 2 |
![]() |
0 | 2 | 0 | 2 |
![]() |
0 | 1 | 1 | 2 |
![]() |
0 | 0 | 2 | 2 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "TAMPERE CUP" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 27 de marzo de 2024.
- ↑ "TAMPERE CUP" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 27 de marzo de 2024.
- ↑ Sala, Ville (12 de agosto de 2008). "Tampere-cup viettää juhlavuottaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 27 de marzo de 2024.
- ↑ "Historia" (en finés). TampereCup.fi. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2024.
- ↑ "Decens on Tampere Cupin pääyhteistyökumppani" (en finés). Decens.fi. 27 de xullo de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ Sirkkiä-Jarva, Sari (14 de agosto de 2015). "Tampere-cup palasi harjoituskalenteriin – IFK luisteli voiton Tepsistä". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ "HIFK tyly vieras Decens Tampere cupin finaalissa" (en finés). Ilves Hockey. 15 de agosto de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ "Tappara voitti Tampere Cupin TPS:n nenän edestä" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. 13 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2021.
- ↑ "Ilves voitti Tampere Cupin pronssiottelun − tulokasmaalivahti Lehtonen mies paikallaan" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. 13 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2021.
- ↑ "Decens Tampere Cup avaa uuden kiekkokauden" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 14 de agosto de 2021.
- ↑ "Tampere Cup 2021: Päivittyvä otteluseuranta − Tappara voitti huipputasaisen paikallistaiston kirittyään Ilves-johdon kiinni" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. 13 de agosto de 2021. Consultado o 14 de agosto de 2021.
- ↑ "Aamulehti Tampere Cup pelataan ensimmäistä kertaa historiassa Nokia Arenalla 12.–13.8.2022." (en finés). Nokia Arena. Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ Heimo, Jussi (13 de agosto de 2022). "Tappara näytti tasonsa Tampere Cupissa: ”Tuota Tampere Cupin pokaalia emme vie saunaan”". Aamulehti (en finés). Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ Heimo, Jussi (13 de agosto de 2022). "Jouko Myrrä suitsutti pitkältä tauolta palannutta puolustajaa: ”Liikkui jäällä kuin mitään ei olisi tapahtunut”". Aamulehti (en finés). Consultado o 13 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tampere Cup |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Sitio web do Ilves (en finés)
- Sitio web do Tappara (en finés)