IIHF European Women's Champions Cup
Tipo | torneo |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Organizador | Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2004 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A IIHF European Women's Champions Cup (EWCC) foi unha competición de clubs feminines de hóckey sobre xeo disputada entre os equipos campións nacionais de varios países europeos. A competición foi creada e organizada pola Federación Internacional de Hockey sobre Xeo (IIHF polas súas siglas en inglés). O formato de competición incluía dúas fases de grupos seguidas por unha rolda final. Cada fase xogábase en formato de liga en grupos de catro equipos cada un.
Historia
[editar | editar a fonte]A competición foi creada en 2004, ao mesmo tempo que a competición masculina similar. O primeiro equipo campión foi o AIK IF sueco. Este club sueco gañou as tres edcións seguintes. Dende 2009, a IIHF European Women's Champions Cup foi gañada por equipos rusos, coa excepción da tempada 2010–2011, na que se proclamou campión o Ilves finlandés.