Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Organizador | Real Federación Española de Deportes de Inverno |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 2008 – |
Competición | |
Primeiro posto | CH Jaca (1º) (2023) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Majadahonda HC (8) |
A Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina ou LNHHF, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Iberdrola de Hockey Hielo, é a liga nacional de España de hockey sobre xeo en categoría femenina. Foi fundada en 2008 e está regulada pola Real Federación Española de Deportes de Hielo.[1]
Con sete títulos o SAD Majadahonda é o equipo máis laureado da competición, seguido polas Valladolid Panteras con cinco.
Historia
[editar | editar a fonte]Os inicios: o dominio de Valladolid
[editar | editar a fonte]Dende a súa fundación en 2008 a Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina tivo distintos formatos de competición e un número variable de equipos.
Na primeira tempada iniciaron a competición catro partidos (Afer Gasteiz, SAD Majadahonda, Aramón Jaca e CG Puigcerdà), aínda que comezada a liga uníronse as Valladolid Panteras, que viña do hóckey liña, que acabaron gañando a liga a pesar de non contar con pista de xeo en Valladolid.[2]
O dominio do equipo castelán-leonés prolongouse durante os catro anos seguintes, nos que o número de equipos foi variando tamén, entre os tres das tempadas 2009-10, 2010-11 e 2011-12 aos dous equipos da tempada 2012-13. Esta última tempada os equipos do Valladolid Pateras e SAD Majadahonda dividíronse en dous (CPLV Valladolid e UEMC Valladolid, e Aguilas Majadahonda e Halcones Majadahonda) para disputar dúas ligas de catro equipos, nacendo deste xeito a Liga B, na que participaron o Artic Huarte, o Jaca, o Majadahonda B e o Milenio de Logroño.[3][4][5][6]
Dominio de Majadahonda (2013-2021)
[editar | editar a fonte]O equipo do SAD Majadahonda gañou sete das oito edición seguintes da competición, entre as tempadas 2013-14 e 2020-21, cedendo só na 2015-16 ante as Blue Cats, que finalizaron a liga invictas cun total de 12 vitorias e un rexistro de 88 goles a favor por 12 goles en contra e unha diferenza de goles de +76.[7] Esa tempada as xogadoras catalás fixeron dobrete ao gañar ao SAD Majadahonda na final da Copa de España disputada en Valdemoro por 3-0.[8]
Se ben na tempada 2017-18 a liga decidiuse mediante finais entre o SAD Majadahonda e o CH Huarte, non foi ata a tempada 2018-19 cando se reintroduciron os play-offs, e cando o número de equipos aumentou de sete a oito.[9][10] Ese ano os catro primeiros equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, disputadas ao mellor de tres partidos e resultando campioas as xogadoras de Majadahonda, que conquistaron o seu quinto título e terceiro de xeito consecutivo.[10]
O final da tempada tempada 2019-20 estivo marcado pola pandemia por coronavirus, que obrigou a adiar o partido de volta da final da liga entre o SAD Majadahonda e as Valdemoro Quimeras, de xeito que o partido de ida se disputou o 7 de marzo de 2020 e o de volta máis de seis meses despois, o 12 de setembro. Durante o partido de volta as xogadoras de ambos equipos tiveron que empregar mascarilla.[11]
En 2020 o equipo das Granada Grizzlies retirouse da competición, o que fixo que o número de equipos se reducira a oito. Ao final da tempada as xogadoras de Majadahonda consquistaron o seu quinto título consecutivo e sétimo da súa historia logo de derrotar nos dous partidos da final disputada a dobre volta ao CH Txuri-Urdin donostiarra (2-5 e 6-1).[12] Este título acabaría con oito anos de dominio case absoluto das xogadoras madrileñas.
Anos de alternancia
[editar | editar a fonte]Nas tempada 2021-22 e tempada 2022-23 dous equipos máis inscribiron os seus nomes no palmarés da liga, acabando co dominio do SAD Majadahonda, que seguiu a dominar a liga regular e chegou sempre ás finais. En 2022, na reedición da final da tempada precedente as xogadoras vascas do CH Txuri-Urdin desquitáronse cunha dobre vitoria (4-2 e 2-3) para alzar a copa de campioas por primeira vez na súa historia e curtar unha racha de cinco campionatos consecutivas do equipo de Majadahonda.[13][14]
O Txuri-Urdin, con todo, afundiuse na clasificación na tempada seguinte, finalizando na derradeira posición, lonxe dos postos da loita polo título. O campionato decidiuse a favor das xogadoras do CH Jaca logo de gañar o quinto e decisivo partido en Majadahonda (4-5), que conseguiu remontar unha eliminatoria que comezara 2-0 a prol das madrileñas e no que Nerea Giménez anotou o gol da vitoria para o equipo aragonés, que xogaba sen porteira, a 31 segundos para a conclusión do tempo regulamentario.[15] En 2023 as series finais ampliáronse ao mellor de cinco encontros.[16]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga regular
Tempada | Campión | Subcampión |
---|---|---|
2008-09 | Valladolid Panteras | Afer Gasteiz |
2009-10 | Valladolid Panteras | SAD Majadahonda |
2010-11 | Valladolid Panteras | SAD Majadahonda |
2011-12 | Valladolid Panteras | SAD Majadahonda |
- Play-offs
Tempada | Campión | Resultado | Finalista | — | 1º da liga regular |
---|---|---|---|---|---|
2012-13 | Valladolid Panteras | 3 - 1 | SAD Majadahonda | - | UEMC Valladolid |
- Liga regular
Tempada | Campión | Subcampión |
---|---|---|
2013-14 | SAD Majadahonda | SAD Majadahonda B |
2014-15 | SAD Majadahonda | Blue Cats |
2015-16 | Blue Cats | SAD Majadahonda |
2016-17 | SAD Majadahonda | ASME Barcelona |
- Play-offs
Tempada | Campión | Resultado | Finalista | — | 1º da liga regular |
---|---|---|---|---|---|
2017-18 | SAD Majadahonda | 2 - 0 | CH Huarte | - | SAD Majadahonda |
2018-19 | SAD Majadahonda | 2 - 0 | CH Txuri-Urdin | - | SAD Majadahonda |
2019-20 | SAD Majadahonda | 2 - 0 | Valdemoro Quimeras | - | SAD Majadahonda |
2020-21 | SAD Majadahonda | 2 - 0 | CH Txuri-Urdin | - | SAD Majadahonda |
2021-22 | CH Txuri-Urdin | 2 - 0 | SAD Majadahonda | - | SAD Majadahonda |
2022-23 | CH Jaca | 3 - 1 | SAD Majadahonda | - | SAD Majadahonda |
2023-24 | CH Txuri-Urdin | 3 - 0 | SAD Majadahonda | - | CH Txuri-Urdin |
2024-25 | - |
Campionatos por equipo
[editar | editar a fonte]NºTítulos | Equipo | Campionatos |
---|---|---|
7 | SAD Majadahonda | 2014, 2015, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 |
5 | Valladolid Panteras | 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 |
2 | CH Txuri-Urdin | 2022, 2024 |
1 | Blue Cats | 2016 |
1 | CH Jaca | 2023 |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Líderes históricas
[editar | editar a fonte]As seguintes xogadoras lideran a clasificación histórica da liga en puntos, goles, asistencias, partidos e minutos de penalización:[17]
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Puntos | Ainhoa Merino | 229 |
Goles | Ainhoa Merino | 137 |
Asistencias | Sara Danielsson Borrasca | 109 |
Partidos xogados | Elena Álvarez Jimenez | 111 |
Penalty minutes | Irene Senac | 149 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hockey Hielo: Liga Iberdrola" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. Consultado o 30 de outubro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2008/09" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 30 de outubro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2009/10" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 20 de nonvembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2010/11" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 20 de nonvembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2011/12" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2012/13" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 30 de outubro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2015/16" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Barcelona Ice Blue Cats hace doblete tras vencer en la Copa de España de Hockey Hielo femenina" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 21 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2017/18" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 3 de decembro de 2023.
- ↑ 10,0 10,1 "Championnat d'Espagne féminin 2018/19" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 3 de decembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2019/20" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2020/21" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2021/22" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "El Txuri Urdin consigue su primera Liga femenina". MARCA (en castelán). 19 de marzo de 2022. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Championnat d'Espagne féminin 2022/23" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "El Jaca se lleva la Liga Iberdrola en el quinto encuentro". MARCA (en castelán). 12 de marzo de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ "Liga Iberdrola de Hockey Hielo" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023.