Saltar ao contido

Club Hielo Jaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Hielo Jaca
Fundación1972
Cidade Jaca,
Aragón Aragón
España España
EstadioPavillón de Xeo de Jaca
(2 000 persoas)
LigaLiga Nacional Hockey Hielo
Liga Nacional de Hockey Hielo Feminina
Campionatos15 (masculino)
1 (feminino)
CoresVérmelo e branco
           
Na rede
https://www.clubhielojaca.com/
Facebook: clubhielojaca Instagram: clubhielojaca_oficial Youtube: UCLCfTk4vsIQxbgqWUuqIlsQ Editar o valor en Wikidata

O Club Hielo Jaca, é un equipo español de hóckey sobre xeo da cidade de Jaca, Huesca (Aragón). Actualmente compite na Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima categoría do hóckey sobre xeo do Estado español. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, inaugurado en 2008 e con capacidade para 2 000 espectadores.[1] Ademais do equipo sénior de hóckey, conta cunha sección feminina e categorías inferiores. Tamén posúe un equipo de curling e unha sección de patinaxe artística.

O CH Jaca foi fundado en 1972, coincidindo coa inauguración da Pista de Xeo de Jaca.[2] O club gañou 15 campionatos, así como a Copa do Rei en 18 ocasións. Gañou tódolos seus títulos dende mediados da década dos '80, os máis recentes foron o título de liga de 2024 e o de copa de 2024. De tódolos equipos españois ten o mellor récord nas competicións europeas. Porén, o progreso, con oito vitorias en 37 partidos segue sendo moi negativo. Durante a IIHF Continental Cup da tempada 2005-06, o equipo aragonés gañou os tres partidos da primeira rolda ante o HK Slawia Sofia de Bulgaria, o Hapoel Amos Lod de Israel e o Polis Akademisi Ankara de Turquía, mais perdeu tódolos partidos da segunda rolda ante o HK Junost Minsk de Belarús, Kaszink-Torpedo Ust-Kamenogorsk de Kazakhstán e o HK Sokol Kiew de Ucraína.

Na tempada 2022-23 o club fixo historia ao converterse no primeiro equipo en gañar a liga tanto en categoría feminina como masculina, títulos aos que amais sumou a Copa do Rei.[3]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Pavillón de Xeo de Jaca.
O Club Hielo Jaca xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca.

O Club Hielo Jaca disputa os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, un pavillón que constitúe un dos atractivos turísticos da cidade.[4] Foi inaugurado en 2007 e conta con dúas pistas de xeo, unha de dimensións olímpicas (60 x 30 metros) e outra de menores dimensións (50 x 20 metros), tratándose do primeiro edificio de España en contar con dúas pistas de xeo.[5][6] A pista principal conta con bancadas para dar cabida a 1 891 persoas, se ben a capacidade do recinto se pode ampliar ata as 3 579 persoas mediante a instalación doutras estruturas de bancadas de carácter provisional, e ata as 6 700 persoas para espectáculos con público de pé sobre as pistas.[4]

Rivalidades

[editar | editar a fonte]

O Club Hielo Jaca mantén unha longa rivalidade co Club Gel Puigcerdà, co que disputa o derby pirenaico. As orixes desta rivalidade atópanse na década de 1980, cando ambos equipos comezaron a loitar por ocupar os primeiros postos da clasificaión, que ata aquel momento dominaran os equipos vascos.[7]

Un dos detonantes da rivalidade foi a final da Copa do Rei de 1993 que se disputou o 1 de maio en Puigcerdà e que gañou o equipo local]]. A tempada seguinte o cadro aragonés desquitouse gañando a liga en Puigcerdà na derradeira xornada nun pavillón cun ambiente moi hostil.[7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Masculino

[editar | editar a fonte]
  • 15 Ligas españolas: 1983-84, 1990-91, 1993-94, 1995-96, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2009-10, 2010-11, 2011-12, 2014-15, 2015-16, 2022-23, 2023-24
  • 18 Copas do Rei: 1985, 1988, 1989, 1993, 1995, 1996, 1998, 2001, 2002, 2003, 2006, 2011, 2012, 2013, 2017, 2021, 2023, 2024

Participacións na Copa de Europa

[editar | editar a fonte]
Tempada Rolda Adversario Resultado(s)
1984-85 1ª Rolda Steaua Bucarest 1-14 ; 4-7
1991-92 1ª Rolda Dragons de Rouen
HC Bolzano
HC Utrecht
0-13
2-17
0-7
1994-95 1ª Rolda EHC Kloten
VEU Feldkirch
Lillehammer IK
3-19
2-17
3-15
1996-97 1ª Rolda Steelers de Sheffield
Steaua Bucarest
Tilburg Trappers
0-16
1-7
8-12
1997-98 1ª Rolda Dunaferr Acélbikák
Partizan Belgrade
2-8
7-4
1998-99 1ª Rolda Espagne CG Puigcerdà
SC Energija
Dukla Trenčín
6-1
3-2
1-20
2000-01 1ª Rolda Ferencváros TC
Miercurea Cluc
KT Ust-Kamenogorsk
2-5
1-3
0-14
2001-02 1ª Rolda Rødovre Mighty Bulls
Tilburg Trappers
Brûleurs de Loups de Grenoble
1-6
2-6
1-4
2002-03 1ª Rolda Amstel Tijgers Amsterdam
KT Ust-Kamenogorsk
HK Vojvodina Novi Sad
1-7
0-13
3-5
2003-04 1ª Rolda Tilburg Trappers
Espagne FC Barcelona
Phantoms Deurne
5-13
5-3
3-8
2004-05 1ª Rolda SC Energija
KHL Medvescak Zagreb
Partizan Belgrade
4-8
1-3
15-1
2005-06 1ª Rolda Bulgarie HK Slawia Sofia
Hapoel Amos Lod
Polis Akademisi Ankara
5-2
13-2
7-4
2ª Rolda HK Sokol Kiew
HK Junost Minsk
KT Ust-Kamenogorsk
0-4
0-8
0-10

Balanzo europeo

[editar | editar a fonte]
Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza
37 8 0 29 112 308 -196

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O Club Hielo Jaca é o club deportivo máis laureado de Aragón. Ademais o club recibiu os seguintes recoñecementos:[2]

  • En 1984 foi recoñecido co premio de mellor club español da Asociación Prensa Españolala.
  • O Consello Superior de Deportes concedeulle a Placa de Bronce ao Mérito Deportivo en xaneiro de 1998.
  • Foi dúas veces recoñecido coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo outorgada polo Goberno de Aragón nos anos 1998 e 2023.
  • En 2011 recibiu o Premio "Gobierno de Aragón" ao Mellor Club de Aragón.
  1. Jaca estrena Palacio de Hielo... por fin
  2. 2,0 2,1 "SINCE 1972" (en castelán). ClubHieloJaca.com. 11 de novembro de 2024. 
  3. Lainez, Javier (13 de abril de 2023). "Ilusión, cantera y tradición: el secreto del club más laureado en Aragón, el Club Hielo Jaca". Hoy Aragón (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 "PABELLÓN DE HIELO" (en castelán). Concello de Jaca. Consultado o 15 de abril de 2024. 
  5. "Pabellón de Jaca, la pista de hielo más famosa del Pirineo" (en castelán). enjoyzaragoza.es. 26 de decembro de 2023. Consultado o 14 dee abril de 2024. 
  6. "Jaca. Pabellón de Hielo" (en castelán). Comarca de La Jacetania. Consultado o 15 de abril de 2024. 
  7. 7,0 7,1 Mills, Alfons (13 de marzo de 2023). "Eterna rivalidad pirenaica" (en castelán). nhlmania.com. Consultado o 7 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]