Saltar ao contido

Open Ice Winter Classic Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Open Ice Winter Classic Tampere
123 Total
Tappara 010 1
Ilves 000 0
Data14 de decembro de 2013
PistaEstadio de Ratina
CidadeTampere
Asistencia15 062

O Open Ice Winter Classic Tampere foi un partido de hóckey sobre xeo ao aire libre que se disputou o 14 de decembro de 2013 no Estadio de Ratina, na cidade de Tampere, Finlandia. O partido enfrontou aos dous principais equipos da cidade, Tappara (que xogou como local) e Ilves. O partido formou parte da tempada 2013-14 da SM-liiga.

Foi o primeiro partido ao aire libre entre os dous grandes clubs de Tampere na era moderna. Ao finalizar os 60 minutos regulamentarios o Tappara impúxose por un gol a cero, e o autor do gol foi Pekka Saravo.[1][2]

Durante o segundo terzo produciuse unha interrupción de case unha hora logo da rotura do xeo da pista.[1]

14 de decembro de 2013 Tappara 1 - 0
(0–0, 1–0, 0–0)
Ilves Estadio de Ratina (Tampere)
Asistencia: 15 062
  1. 1,0 1,1 "KAUSIKERTOMUS 2013-14" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 13 de febreiro de 2013. 
  2. "KAUSI 2013-14" (en finés). IlvesHistoria.com. Consultado o 13 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]