Sammon Malja
A Sammon Malja (en galego Copa Sampo) foi o trofeo entregado cada ano en Finlandia ao equipo campión da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino ata 2011, ano no que foi substituído pola Aurora Borealis Malja.
Historia
[editar | editar a fonte]Se ben o hóckey sobre xeo feminino comezou a organizarse en Finlandia na década de 1970, cando naceron os primeiros equipos femininos, non foi ata a tempada 1982-83 cando se organizou o primeiro campionato feminino oficial no país, a Naisten SM-sarja.[a] Decidiuse cear a Sammon Malja como trofeo para entregar ao equipo gañador dende esa primeira tempada,[2] que foi entregado ao Helsingin Jääkiekkoklubi, quen repetiría o ano seguinte.[3]
Ao longo da súa historia, Ilves e Espoo Blues foron os dous equipos que máis veces alzaron o trofeo, dez cada un.[2]
En 2010 foi entregado por última vez ao campión desa edición da Naisten SM-sarja, Ilves,[3][2] e o na primavera seguinte foi substituído pola Aurora Borealis Malja.[4]
Orixinalmente a copa posuía unha tapa que se perdeu.[2]
En 2022 o trofeo expúxose no Museo finlandés do hóckey sobre xeo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Tempada | Campión | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
1982-83 | HJK | Ilves | EVU |
1983-84 | HJK | EVU | Ilves |
1984-85 | Ilves | EVU | HJK |
1985-86 | Ilves | HJK | Sport |
1986-87 | Ilves | EVU | Shakers |
1987-88 | Ilves | EVU | HIFK |
1988-89 | EVU | Ilves | HIFK |
1989-90 | Ilves | EVU | SaiPa |
1990-91 | Ilves | Shakers | EKS |
1991-92 | Ilves | Shakers | EKS |
1992-93 | Ilves | Shakers | Kiekko-Espoo |
1993-94 | Shakers | Ilves | Kiekko-Espoo |
1994-95 | Shakers | Ilves | KalPa |
1995-96 | Shakers | Kärpät | KalPa |
1996-97 | JYP | Shakers | Kiekko Espoo |
1997-98 | JYP | Kärpät | Kiekko-Espoo |
1998-99 | Blues | JYP | Ilves |
1999-00 | Blues | Kärpät | Ilves |
2000-01 | Blues | Kärpät | Ilves |
2001-02 | Blues | IHK | Kärpät |
2002-03 | Blues | Kärpät | Ilves |
2003-04 | Blues | Ilves | Kärpät |
2004-05 | Blues | Ilves | Kärpät |
2005-06 | Ilves | Kärpät | Blues |
2006-07 | Blues | Kärpät | IHK |
2007-08 | Blues | Ilves | Kärpät |
2008-09 | Blues | Ilves | HPK |
2009-10 | Ilves | Blues | HPK |
Casificación de equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Prata | Bronce | Medallas totais |
---|---|---|---|---|
Ilves | 10 | 8 | 5 | 23 |
EKS/Kiekko Espoo/Espoo Blues | 10 | 1 | 7 | 18 |
Shakers | 3 | 4 | 1 | 8 |
HJK | 2 | 1 | 1 | 4 |
JYP | 2 | 1 | 0 | 3 |
EVU | 1 | 5 | 1 | 7 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liiga" (en finés). leijonat.fi. 21 de marzo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
- ↑ 3,0 3,1 Jääkiekkokirja 2022 (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 247. ISSN 0784-3321.
- ↑ Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 11 de xullo de 2022.