Saltar ao contido

Auroraliiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaAuroraliiga
Editar o valor en Wikidata
Nome oficialAuroraliiga (2024–sen valor)
Naisten SM-sarja (1982–2017)
Naisten Liiga (2017–2024) Editar o valor en Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación Finesa de Hóckey sobre Xeo Editar o valor en Wikidata
Liga superiorsen valor Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorNaisten Mestis Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1982 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónRuutu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialleijonat.fi… Editar o valor en Wikidata
Instagram: auroraliiga.fi Editar o valor en Wikidata

A Auroraliiga (anteriormente denominada Jääkiekon naisten SM-sarja entre 1982 ata 2017, e Naisten Liiga dende 2017 ata 2024) é a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. A competición naceu na tempada 1982-83 e na actualidade a integran nove equipos.

A meirande parte dos campionatos foron gañados por Espoo Blues (16) Tampere Ilves (10), mentres que os 10 restantes se reparten entre 6 equipos. Os Blues dominaron a competición a principios do novo século, cun récord de títulos acadados entre 1999 e 2005, mentres que Ilves conseguiu a meirande parte dos seus títulos entre 1985 e 1993 con oito títulos en nove anos.

Antecedentes e creación

[editar | editar a fonte]

Os primeiros equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia comezaron a aparecer a principios da década de 1970, aínda que pasaron varios anos ata que se disputara a primeira competición no país. Esta primeira competición, non oficial, denominouse Lipstick-turnaus (en galego Torneo Lipstick) e disputouse durante varios anos, sendo a súa primeira edición en 1978.[1]

A Sammon Malja, trofeo entregado ao equipo campión da SM-sarja ata 2010.

Non foi ata a tempada tempada 1982-82 cando comezou a organizarse o campionato feminino finlandés oficial,[2] inicialmente denominado Naisten SM-sarja.[1] Na primeira edición do campionato participaron un total de dez equipos divididos en dous grupos: EVU (Vantaa), Haukat (Järvenpää), HIFK (Helsinqui), HJK (Helsinqui), Ilves (Tampere), Jäähonka (Espoo), SaiPa (Lappeenranta), Shakers (Kerava), Tiikerit (Hämeenlinna) e Ässät (Pori). O primeiro equipo en coroarse campión finlandés na primavera de 1983 foi o HJK, logo de impoñerse no torneo final disputado en Tampere.[3]

Dominio de Ilves

[editar | editar a fonte]

A medida que o número de equipos de mulleres aumentou, a liga pasou a xogarse nun único grupo na tempada 1985-86, cando se fundou ademais a segunda categoría, a I-divisioona.[a] O Ilves de Tampere dominou a segunda metade da década de 1980, cando gañou un total de catro títulos consecutivos (1985-1988) antes de que o EVU de Vantaa curtara a racha na primavera de 1989.[3][4]

Logo do título logrado polo EVU en 1989, Ilves volveu gañar o campionato na tempada 1989-90, cando se introduciron os play-offs. O equipo de Tampere revalidou o título nos tres anos seguintes. Os primeiros anos da década de 1990 viron o crecemento do Shakers, que pasou a converterse no máximo rival do Ilves e rompeu a segunda racha de catro campionatos consecutivos do equipo do lince en 1994. Mentres tanto, os tempos de 20 minutos establecéronse en 1992.[3][4]

Shakers e JYP

[editar | editar a fonte]

A segunda metade da década de 1990 estivo marcada principalmente por dous equipos: Shakers e JYP. A pesar de ter sido un dos equipos fundadores da Naisten SM-Sarja, o papel das Shakers nas tres primeiras tempadas da competición fora moi pobre, xa que contou todos os seus partidos por derrotas. Ao seu regreso á máxima competición na tempada 1986-87 convertéronse nun equipo competitivo e gañou a medalla de bronce ese mesmo ano, e na tempada 1993-94, logo de ter chegado tres anos consecutivos ás finais fronte o Ilves, conquistaron o campionato. Parte do éxito do equipo de Kerava veu da dianteira Riikka Välilä, quen tamén fora fundamental no éxito do EVU en 1989.[5][4]

O éxito das Shakers durou dous anos máis nos a rivalidade co Ilves acabou dando paso á loita coas Kärpät de Oulu na tempada 1995-96, cando a final entre os dous equipos pasou á historia como unha das máis reñidas e igualadas da historia do campionato feminino finlandés. Ese mesmo ano foi o primeiro no que o que fora o gran dominador, o Ilves de Tampere, non conseguiu ningunha medalla.[4]

Na tempada 1996-97, a Naisten SM-sarja viu a chegada dun novo equipo campión, o JYP de Jyväskylä, que se impuxo ás Shakers nas finais por un contundente 3-0. O JYP conquistou o seu segundo campionato consecutivo fronte ás Kärpät un ano despois (3-0) malia a terse clasificado na cuarta posición (a última que daba acceso aos play-offs) e enfrontarse ás campioas da liga regular, as mulleres do K-Espoo (2-1).[5][4]

Os anos 2000: Espoo Blues

[editar | editar a fonte]

Logo de que o equipo das Shakers abandonara a competición antes da tempada 1998-99, as súas xogadoras pasaron a xogar no equipo de Espoo, chamado agora Espoo Blues,[b] e no recentemente ascendido Itä-Helsingin Kiekko. Esa mesma tempada as Blues destronaron ao JYP, conseguindo o seu primeiro campionato logo de ter conquistado varios bronces na década, e iniciando un período de sete anos consecutivos nos que o campionato quedou en Espoo.[4]

Na primavera de 2011 a comunidade finlandesa do Canadá doou a Aurora Borealis Malja, o trofeo que dende entón é entregado ao equipo campión en substitución da Sammon Malja.[6][7] O primeiro equipo que alzou a copa foi o HPK de Hämeenlinna, que derrotou ao Ilves na final.[8][9]

Na 2015-16 as xogadoras de JYP proclamáronse campioas, un logro que o equipo de Jyväskylä non acadaba dende 1998. As xogadoras do equipo de Finlandia Central impuxéronse a HPK en tres partidos, disputando o último deles no seu estadio ante 1 600 persoas.[10] Con todo, na tempada seguinte JYP renunciou á súa praza, que foi ofrecida a Lukko, que finalmente participou na seguinte edición.[11]

Nova denominación: a Naisten Liiga

[editar | editar a fonte]
Logo da Naisten Liiga entre 2017 e 2020.

Na tempada 2017-18 a SM-sarja mudou a súa denominación a Naisten Liiga.[12] Na tempada seguinte uníronse á liga Vaasan Sport e TPS,[13] producíndose un aumento do número de equipos participantes de oito a dez.

A causa da pandemia por coronavirus, na tempada 2019-20 por primeira vez a liga non decidiu ningún equipo campión,[14] cancelándose a tempada logo das semifinais, non disputándose a final entre Kiekko-Espoo e KalPa.[15]

O 9 de setembro de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo fixo público a través do seu sitio web que Aija Saha pasaría a presidir a Naisten Liiga a partir do 1 de outubro dese mesmo ano substituíndo a Eeva Perttula, e que Jukka Valtanen sería o vicepresidente.[16]

Cara a unha liga profesional

[editar | editar a fonte]
Interior do Gatorade Center de Turku durante a primeira fin de semana de competición.

O 15 de agosto anunciouse un novo cambio de denominación da liga, que pasou a chamarse Auroraliiga. O obxectivo deste cambio foi o de desenvolver a liga co obxectivo de profesionalizala e facer do hóckey sobre xeo finlandés un deporte máis igualitario. En palabras da directora da Auroraliiga, Henni Laaksonen, o cambio de nome supuxo ademais un "importante acto simbólico", sinalando que "xa é hora de xogar ao hóckey sobre xeo sen prefixos", en alusión á eliminación da especificación "naisten" (traducible como "feminina" ou literalmente "de mulleres").[17] Ademais, anunciouse o acordo para a retransmisión da liga en televisión pola canle MTV Katsomo.[18]

A nova etapa do campionato finlandés iniciarase o 6 de setembro de 2024 co partido inaugural entre o TPS e o K-Espoo no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 10 500 persoas e que será o escenario de oito dos nove partidos da primeira fin de semana de competición.[19][20]

Equipos 2024-25

[editar | editar a fonte]

Dende a tempada 2023-24 a Auroraliiga está formada por nove equipos de 9 cidades distintas. Por rexións, 8 das 19 rexións de Finlandia estaban presentes na tempada 2022-23: Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Norte, Ostrobotnia do Sur, Savonia do Norte, Pirkanmaa, Tavastia Propia e Uusimaa. Dos nove equipos que participan na tempada 2024-25 tan só o Ilves disputou todas as edicións do campionato finlandés feminino.[3]

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, K-Espoo, Kärpät e TPS) ou a Mestis (RoKi)

Nome Cidade Estadio Capacidade Fundación Títulos
Stadin Gimmat
HIFK Naiset
Helsinqui Pirkkolan jäähalli 1 100 1982[c] 2
HPK Hämeenlinna Metritiski Areena 700 1929 1
Ilves Tampere Tesoman jäähalli 1 500 1931 10
KalPa Kuopio Olvi Areena 5 224 1929 0
Kiekko-Espoo Espoo Tapiolan harjoitusareena 750 1989 16
Kärpät Oulu Oulun Energia Areena 6 614 1990 3
RoKi Rovaniemi Lappi Areena 3 500 2012 0
Team Kuortane Kuortane Kuortaneen jäähalli 350 2010 0
TPS Turku Rajupaja-areena 2 875 1990 0

Estrutura da tempada

[editar | editar a fonte]

O 28 de abril de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunción que a 40ª edición da Naisten Liiga mudaría o modelo respecto da tempada precedente, e que esta estrutura se mantería na tempada 2023-24.[21] Deste xeito a competición dividiuse nunha liga regular e os play-offs polo título ou liguiña pola permanencia:[22]

  • Na liga regular os dez equipos xogan unha cuádrupla volta entre eles, de xeito que cada equipo disputa un total de 36 partidos. Ao finalizar a liga regular os oito mellores clasificados xogan os play-offs pola Aurora Borealis Malja, mentres que os dous equipos restantes deben xogar pola permanencia fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis.
  • Os play-offs polo título dispútanse en eliminatorias ao mellor de cinco encontros, coa excepción da medalla de bronce, que se decide a partido único. Pola súa banda, os dous peores equipos da liga regular xogan fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis unha liguiña a dobre volta, na que os dous mellores clasificados disputarán a seguinte edición da máxima categoría.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aurora Borealis Malja.
Partido das finais da tempada 2018-19 entre o Ilves e as Espoo Blues, os dous equipos máis laureados da competición.

Dende a primeira edición da liga na tempada 1982-83, oito equipos gañaron a Naisten Liiga. Dende 2011 o equipo campión recibe a Aurora Borealis Malja, mentres que o segundo e terceiro clasificados reciben medallas de prata e bronce. A seguinte táboa amosa os equipos campións do campionato finlandés feminino de hóckey sobre xeo:[23][24]

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
1982-83 Helsinqui HJK Liguiña Tampere Ilves - Dous grupos
1983-84 Helsinqui HJK Liguiña Vantaa EVU - Tres grupos
1984-85 Tampere Ilves Liguiña Vantaa EVU - Tres grupos
1985-86 Tampere Ilves Liga regular Helsinqui HJK -
1986-87 Tampere Ilves Liga regular Vantaa EVU -
1987-88 Tampere Ilves Liga regular Vantaa EVU -
1988-89 Vantaa EVU Partido único Tampere Ilves -
1989-90 Tampere Ilves 2 - 0 Vantaa EVU - Vantaa EVU
1990-91 Tampere Ilves 2 - 0 Kerava Shakers - Tampere Ilves
1991-92 Tampere Ilves 2 - 0 Kerava Shakers - Tampere Ilves
1992-93 Tampere Ilves 3 - 0 Kerava Shakers - Kerava Shakers
1993-94 Kerava Shakers 3 - 0 Tampere Ilves - Kerava Shakers
1994-95 Kerava Shakers 3 - 0 Tampere Ilves - Kerava Shakers
1995-96 Kerava Shakers 3 - 2 Oulu Kärpät - Kerava Shakers
1996-97 Jyväskylä JYP 3 - 0 Kerava Shakers - Oulu Kärpät
1997-98 Jyväskylä JYP 3 - 0 Oulu Kärpät - Espoo K-Espoo
1998-99 Espoo Blues 3 - 1 Jyväskylä JYP - Espoo Blues
1999-00 Espoo Blues 3 - 0 Oulu Kärpät - Espoo Blues
2000-01 Espoo Blues 3 - 2 Oulu Kärpät - Espoo Blues
2001-02 Espoo Blues 3 - 1 Helsinqui IHK - Espoo Blues
2002-03 Espoo Blues 3 - 1 Oulu Kärpät - Espoo Blues
2003-04 Espoo Blues 3 - 0 Tampere Ilves - Espoo Blues
2004-05 Espoo Blues 3 - 0 Tampere Ilves - Espoo Blues
2005-06 Tampere Ilves 3 - 0 Oulu Kärpät - Tampere Ilves
2006-07 Espoo Blues 3 - 1 Oulu Kärpät - Espoo Blues
2007-08 Espoo Blues 4 - 0 Tampere Ilves - Tampere Ilves
2008-09 Espoo Blues 3 - 0 Tampere Ilves - Espoo Blues
2009-10 Tampere Ilves 3 - 2 Espoo Blues - Hämeenlinna HPK
2010-11 Hämeenlinna HPK 3 - 0 Tampere Ilves - Hämeenlinna HPK
2011-12 Oulu Kärpät 3 - 1 Tampere Ilves - Tampere Ilves
2012-13 Espoo Blues 3 - 2 Jyväskylä JYP - Espoo Blues
2013-14 Espoo Blues 3 - 2 Jyväskylä JYP - Espoo Blues
2014-15 Espoo Blues 3 - 2 Jyväskylä JYP - Jyväskylä JYP
2015-16 Jyväskylä JYP 3 - 0 Hämeenlinna HPK - Jyväskylä JYP
2016-17 Oulu Kärpät 3 - 2 Espoo Espoo United - Oulu Kärpät
2017-18 Oulu Kärpät 3 - 1 Tampere Ilves - Tampere Ilves
2018-19 Espoo Blues 3 - 0 Tampere Ilves - Espoo Blues
2019-20 Tempada cancelada
2020-21 Espoo K-Espoo 3 - 1 Kuopio KalPa - Espoo -Espoo
2021-22 Espoo K-Espoo 3 - 2 Helsinqui HIFK - Espoo K-Espoo
2022-23 Helsinqui HIFK 3 - 0 Espoo K-Espoo - Helsinqui HIFK
2023-24 Helsinqui HIFK 3 - 1 Espoo K-Espoo - Helsinqui HIFK
2024-25 -

Campionatos por equipo

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende 1983. En letra grosa os títulos conseguidos logo de que a competición cambiara a súa denominación a Naisten Liiga, é dicir, os acadados dende 2018:

NºTítulos Equipo Campionatos
16 Espoo Blues / K-Espoo 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2014, 2015, 2019, 2021, 2022 (Equipo mais laureado da Naisten Liiga)
10 Tampere Ilves 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1993, 2006, 2010
3 Oulu Kärpät 2012, 2017, 2018
3 Kerava Shakers 1994, 1995, 1996
3 Jyväskylä JYP 1997, 1998, 2016
2 Helsinqui HJK 1983, 1984
2 Helsinqui HIFK 2023, 2024
1 Vantaa EVU 1989
1 Hämeenlinna HPK 2011

Status das xogadoras

[editar | editar a fonte]

A Naisten Liiga non é unha liga profesional. Na tempada 2022-23 tan só as xogadoras de HIFK e HPK non tiñan que pagar elas mesmas as tarifas de tempada para poder xogar. Nunha entrevista no sitio web especializado Jatkoaika, a ex xogadora Johanna Koivula sinalaba que tan só algúns dos equipos da liga estiveran dentro da estrutura dos equipos masculinos profesionais, o que na súa opinión levaría á competición a un camiño máis profesional e a poder competir coa SDHL sueca, onde as xogadoras si contan cun salario[25] e á cal moitas xogadoras destacadas finlandesas como as internacionais Jenni Hiirikoski, Anni Keisala ou Petra Nieminen acaban marchando.[26]

A maior parte dos equipos da Naisten Liiga comparten os seus nomes cos equipos masculinos profesionais da Liiga ou a MestisHIFK, HPK, Ilves, KalPa, K-Espoo, Kärpät, Lukko, RoKi e TPS – mais os equipos femininos teñen recibido historicamente limitados recursos e promoción por parte dos equipos masculinos afiliados.[27] Nos anos recentes producíronse progresos na construción dunha mellor relación entre os equipos femininos e masculinos; agora moitos equipos masculinos dan algo de apoio ás súas contrapartes femininas anunciando xuntos os seus partidos ou axudando a asegurar patrocinadores.[28][29]

Artigo principal: Trofeos da Naisten Liiga.

Trofeos a equipos

[editar | editar a fonte]
A Aurora Borealis Malja, o trofeo entregado ao equipo campión da Naisten Liiga.
  • Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal): entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición, doado pola comunidade finlandesa no Canadá en 2011, e o primeiro equipo en alzar o trofeo foi HPK.[30] É o equivalente á Kanada-malja da Liiga (máxima competición do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia) ou a Copa Stanley da National Hockey League (NHL).
  • Medallas de prata e bronce para o segundo e terceiro equipos nos playoff respectivamente.
  • Sammon Malja (Copa Sampo): trofeo entregado ao equipo campión da Naisten SM-sarja dende 1983 ata a súa substitución pola Aurora Borealis Malja en 2011. O primeiro equipo en alzar o trofeo foi o Helsingin Jääkiekkoklubi, montres que o Ilves foi o último campión que o recibiu.[31]

Trofeos individuais

[editar | editar a fonte]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Líderes históricas

[editar | editar a fonte]
Na liga regular[45]
Karoliina Rantamäki é a máxima goleadora histórica da liga.
Récord Nome Rexistro
Puntos Finlandia Riikka Noronen 775
Goles Finlandia Karoliina Rantamäki 375
Asistencias Finlandia Riikka Noronen 447
Partidos xogados Finlandia Riikka Noronen 644
Penalty minutes Finlandia Rosa Linstedt 483
Nos play-offs[45]
Linda Välimäki é a máxima puntuadora e asistente na historia dos play-offs.
Récord Nome Rexistro
Puntos Finlandia Linda Välimäki 129
Goles Finlandia Karoliina Rantamäki 76
Asistencias Finlandia Linda Välimäki 72
Partidos xogados Finlandia Saija Tarkki 145
Penalty minutes Finlandia Tea Vilillä 129
  1. Actualmente denominada Naisten Mestis.
  2. Ata aquela denominado primeiro EKS (Espoon Kiekko Seura) e Kiekko-Espoo despois.
  3. Refundado en 2018.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "JUHLITAAN YHDESSÄ KANSAINVÄLISTÄ NAISTENPÄIVÄÄ!" (en finés). Joensuun Kiekko-Pojat. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  2. "MESTARIEN KOKOONPANOT" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Jääkiekon Naisten Liiga 40 vuotta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Historia. Naisten SM-sarjaa on pelattu kaudesta 1982-1983 saakka" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 JÄÄKIEKKOKIRJA 2022-2023, p. 253-254
  6. Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  7. Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
  8. "Historia" (en finés). HPK Kiekkonaiset. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 23 de febreiro de 2023. 
  9. Mennander, Pasi (27 de marzo de 2011). "HPK parempi myös toisessa finaaliottelussa - Sarja katkolla tiistaina!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de febreiro de 2023. 
  10. Nyholm, Taru (9 de marzo de 2016). "Naisten SM-sarjassa valta vaihtui - JYP on Suomen mestari 2016" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  11. "JYP luopui Naisten SM-sarjapaikasta, Lukko tilalle" (en finés). Leijonat.fi. 16 de agosto de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  12. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  13. Varjonen, Terhi (19 de marzo de 2018). "Vaasan Sportin naiset pelaavat ensi kaudella liigakiekkoa" (en finés). Yle.fi. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  14. "Koronavirus lopettaa Jääkiekkoliiton alaisten sarjojen kauden – Myös alle 16- ja 17-vuotiaiden kotimaan maaottelut peruttu" (en finés). leijonat.fi. 12 de marzo de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  15. "Naisten Liigan finaalit peruttu - Kiekko-Espoo ymmärtää ratkaisun" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  16. "Aija Sahasta Naisten Liigan puheenjohtaja, Jukka Valtasesta varapuheenjohtaja" (en finés). Leijonat.fi. 9 de setembro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  17. "Naisten jääkiekon pääsarja Naisten Liiga on nyt Auroraliiga" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  18. "Huippuviihdettä halleissa ja kotikatsomoissa – Auroraliigan avauspeli Subilla ja Leijonat TV:ssä" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  19. Tsokkinen, Eelis (12de maio de 2023). "Aikansa ihme". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  20. "Näin Auroraliigan avauskausi käynnistyy – Avausviikonloppuna yhdeksän ottelua" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  21. "Naisten Liigan, Mestiksen ja Suomi-sarjan pelaamistavat vahvistettu kausille 22-23 ja 23-24" (en finés). Leijonat.fi. 28 de abril de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  22. Löfman, Heikki (9 de setembro de 2022). "Naisten Liiga alkuun – kaikki joukkueet heti tulessa viikonvaihteen avausturnauksessa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  23. "MITALIJOUKKUEET". Jääkiekkokirja (PDF) (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 237. 
  24. "Tältä se näyttää - Aurora Borealis -malja julkistettiin!". leijonat.fi (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 21 de marzo de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2020. 
  25. Seppä, Lassi (28 de febreiro de 2023). "40 vuotta täyttävä Naisten Liiga henkii naisten jääkiekon kasvua − "Ei riittänyt enää pelkkä pallon potkiminen ja pesäpallon peluu, vaan täytyi oikeasti alkaa tehdä töitä"" (en finés). Jatkoaika.com. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  26. Löfman, Sini (3 de agosto de 2022). "Naisten MM-joukkue Tanskan MM-kisoihin valittu – Mukana iso kasa viime kauden arvokisamitalisteja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  27. Foster, Meredith (24 de marzo de 2017). "Women's Pro Hockey in Finland Tries to Get More Spotlight" (en inglés). The Victory Press. Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  28. Aykroyd, Lucas (29 de marzo de 2019). "Women’s Worlds media round-table" (en inglés). IIHF. Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  29. Teiskonlahti, Kirsi (11 de setembro de 2018). "Naiskiekon arvostus on kasvanut, mutta ihannetilanteeseen on Suomessa vielä pitkä matka – kehitys vaatii hurmosta ja SM-liigaseurojen apua". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  30. Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  31. Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
  32. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Player (Riikka Nieminen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  33. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  34. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  35. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  36. "Marianne Ihalainen to be honoured" (en inglés). IIHF.com. 8 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  37. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  38. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  39. "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  40. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  41. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  42. "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  43. Seppä, Lassi (31 de maio de 2023). "Pelaajat ovat puhuneet: Elisa Holopainen on Naisten Liigan kauden arvokkain pelaaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 10 de xuño de 2023. 
  44. "Hirschovits voitti Kultainen Kypärä -palkinnon". mtvuutiset.fi (en finés). 27 de abril de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2023. 
  45. 45,0 45,1 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2022-2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 248-249. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]