Naisten SM-sarja 1985-1986
Tipo | Auroraliiga |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Período de tempo | tempada 1985-1986 |
Competición | |
Primeiro posto | Ilves Naiset |
A tempada 1985-1986 da Naisten SM-sarja foi a cuarta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.
Ao final da tempada o Ilves de Tampere revalidou o título conseguido na tempada precedente.
Estrutura da tempada
[editar | editar a fonte]A competición xogouse por primeira vez na súa historia nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.[1]
O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Nome | Cidade |
---|---|
EVU | Vantaa |
Ilves | Tampere |
Ilves-Kiekko | Tampere |
HIFK | Helsinqui |
HJK | Helsinqui |
SaiPa | Lappeenranta |
Sport | Vaasa |
Ässät | Pori |
Liga regular
[editar | editar a fonte]Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar os seus 14 partidos e sumar 28 puntos, mentres que a prata foi para o HJK de Helsinqui (21 puntos) e o bronce para o Sport de Vaasa (19 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (93 goles a favor) e menos goleado (14 goles en contra). Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (17), e o Ilves-Kiekko de Tampere foi o equipo máis goleado (99). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando tres partidos con 10 ou máis goles anotados e máis de 10 goles de diferenza.[2]
Ao final da tempada non houbo ningún descenso, xa que o HJK abandonou a competición, permitindo que o Ilves-Kiekko se mantivera unha tempada máis e as Shakers de Kerava ascenderan á máxima categoría.[2]
- Clasificación
Pos. | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Ilves | 14 | 14 | 0 | 0 | 93 | 14 | +79 | 28 |
2 | HJK | 14 | 9 | 3 | 2 | 50 | 21 | +29 | 21 |
3 | Sport | 14 | 9 | 1 | 4 | 65 | 44 | +21 | 19 |
4 | EVU | 14 | 6 | 3 | 5 | 39 | 24 | +15 | 15 |
5 | HIFK | 14 | 3 | 4 | 7 | 36 | 40 | -4 | 10 |
6 | SaiPa | 14 | 2 | 3 | 9 | 17 | 47 | -30 | 7 |
7 | Ässät | 14 | 3 | 0 | 11 | 28 | 69 | -41 | 6 |
8 | Ilves-Kiekko | 14 | 2 | 2 | 10 | 28 | 99 | -71 | 6 |
- Resultados
Ilves | HJK | Sport | EVU | HIFK | SaiPa | Ässät | Ilves-K | |
Ilves | 4-1 | 5-1 | 3-1 | 6-2 | 3-0 | 8-1 | 13-2 | |
HJK | 1-3 | 4-2 | 2-2 | 1-1 | 5-0 | 4-0 | 9-1 | |
Sport | 1-5 | 4-4 | 3-1 | 5-3 | 4-1 | 6-2 | 5-6 | |
EVU | 0-3 | 0-1 | 2-3 | 2-2 | 2-0 | 5-0 | 7-1 | |
HIFK | 2-4 | 0-2 | 5-8 | 0-1 | 4-0 | 5-1 | 1-2 | |
SaiPa | 0-7 | 1-3 | 0-6 | 3-3 | 2-2 | 1-0 | 5-3 | |
Ässät | 1-14 | 2-5 | 5-7 | 1-3 | 2-5 | 3-2 | 3-0 | |
Ilves-K | 1-15 | 1-8 | 1-10 | 2-10 | 4-4 | 2-2 | 2-7 |
Anotadoras
[editar | editar a fonte]Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 53 puntos (46 goles e 7 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Päivi Virta (Ilves) e Eija Sorvari (Sport) foron as máximas asistentes con 14 asistencias cada unha.[2]
Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | PIM |
---|---|---|---|---|---|---|
Sari Krooks | Sport | 14 | 46 | 7 | 53 | 21 |
Anne Haanpää | Ilves | 12 | 19 | 6 | 25 | 4 |
Päivi Virta | Ilves | 14 | 10 | 14 | 24 | 22 |
Eija Sorvari | Sport | 14 | 9 | 14 | 23 | 16 |
Marianne Ihalainen | Ilves | 14 | 13 | 9 | 22 | 6 |
Jaana Rautavuoma | Ilves | 13 | 14 | 4 | 18 | 14 |
Liisa Karikoski | EVU | 14 | 12 | 4 | 16 | 18 |
Tarja Kujanpää | HJK | 13 | 10 | 6 | 16 | 8 |
Tiia Reima | Ilves-Kiekko | 14 | 11 | 4 | 15 | 4 |
Nina Saarinen | Ilves-Kiekko | 13 | 6 | 7 | 13 | 16 |
Equipo campión
[editar | editar a fonte]O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1986 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]
Campión feminino de Finlandia Ilves |
Porteiras: Kati Ahonen Patinadoras: Anne Haanpää, Päivi Virta, Marianne Ihalainen, Jaana Rautavuoma, Anne Nurmi, Sari Keisa, Liisa Mäenpää, Minna Nisula, Jaana Peltonen, Leena Pajunen, Minna Katajisto, Leena Majaranta, Satu Huotari, Maarit Virtanen |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023.
- ↑ "1986 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023.