Saltar ao contido

Naisten SM-sarja 1997-1998

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaNaisten SM-sarja 1997-1998
TipoAuroraliiga Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1997-1998 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJYP Naiset Editar o valor en Wikidata

1996 Editar o valor en Wikidata
1998Editar o valor en Wikidata

A tempada 1997-1998 da Naisten SM-sarja foi a 16ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.

Ao finalizar a tempada o JYP gañou o segundo campionato da súa historia logo de derrotar nas finais (3-0) ás Kärpät de Oulu, revalidando deste xeito o título conquistado na tempada precedente. Pola súa banda o Kiekko-Espoo conseguiu a medalla de bronce logo de derrotar ás Ilves no partido polo bronce (3-2 na prórroga).

Estrutura da tempada

[editar | editar a fonte]

A 16ª tempada do campionato finlandés feminino de hóckey sobre xeo constou de tres fases:[1]

  • Unha rolda preliminar (alkusarja[a]) na que participaron un total de oito equipos que se enfrontaron todos contra todos a dobre volta, polo que cada equipo disputou un total de 14 partidos. Os seis mellores equipos clasificáronse para a jatkosarja, mentres que os dous últimos tiveron que xogar cos mellores equipos da I-divisioona para manter a súa praza na máxima categoría.
  • Na liga regular (denominada jatkosarja[b]) os seis mellores equipos da primeira fase enfrontáronse entre eles nunha liga a dobre volta (10 partidos máis) na que se acumularon os resultados da rolda preliminar. Os catro mellores equipos clasificáronse para as series polo campionato.
  • Disputáronse dúas roldas de play-offs: semifinais e final. As semifinais xogáronse ao mellor de tres partidos e a final ao mellor de cinco encontros. Disputouse tamén un partido para decidir o equipo que conseguía a medalla de bronce do campionato.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Un total de oito equipos de sete cidades distintas disputaron a rolda preliminar nun único grupo. A única cidade con máis dun representante foi Tampere, que contou coa presenza do Ilves (daquela o equipo máis laureado da competición) e o Tappara. Os seguintes equipos competiron na rolda preliminar:[1]

Nome Cidade
Ilves Tampere
JYP Jyväskylä
Karhut Joensuu
K-Espoo Espoo
Kärpät Oulu
Shakers Kerava
Tappara Tampere
TPS Turku

Rolda preliminar

[editar | editar a fonte]

Na primeira fase de competición participaron oito equipos, dos cales os seis primeiros se clasificaron para a liga regular. Ao finalizar esta rolda o K-Espoo liderou a táboa clasificatoria con 26 puntos, os mesmos que as Kärpät, mentres que o TPS e as Karhut tiveron que xogar o torneo de permanencia.[1]

O K-Espoo e o Ilves foron os equipos máis goleadores con 96 goles cada un, mentres que as xogadoras de Espoo encaixaron menos goles (16). No outro extremo, o TPS foi o equipo menos goleador con tan só 17 goles, mentres que as Karhut foron o equipo máis goleado cun total de 110 goles en contra.[1]

Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 K-Espoo 14 13 0 1 96 16 80 26
2 Kärpät 14 13 0 1 69 19 50 26
3 Ilves 14 9 0 5 96 30 66 18
4 Shakers 14 8 1 5 55 32 23 17
5 JYP 14 6 1 7 47 41 6 13
6 Tappara 14 3 0 11 23 74 -51 6
7 TPS 14 2 0 12 17 100 -83 4
8 Karhut 14 1 0 13 19 110 -91 2

Liga regular

[editar | editar a fonte]

Os seis primeiros equipos da rolda preliminar disputaron a liga regular. Os rexistros da primeira parte da competición tivéronse en conta para a clasificación final.[2]

Ao final da liga regular o K-Espoo conseguiu manter a primeira posición, conseguindo ampliar a vantaxe con respecto ás Kärpät a dous puntos. Os outros dous equipos clasificados para os play-offs foron o Ilves e o JYP, mentres que o Tappara e as finalistas da tempada precedente, as Shakers de Kerava, non conseguiron clasificarse para as series polo título.[2][1]

O K-Espoo foi o equipo máis goleador e menos goleado, rexistrando 148 goles a favor por tan só 45 en contra, mentres que o Tappara estivo no lado oposto. As colistas só foron quen de anotar 35 goles, mentres que recibiron un total de 153.[2][3]

Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 K-Espoo 24 20 0 4 148 45 +103 40
2 Kärpät 24 19 0 5 110 53 +57 38
3 Ilves 24 17 0 7 144 52 +92 34
4 JYP 24 13 1 10 89 65 +24 27
5 Shakers 24 10 1 13 87 71 +16 21
6 Tappara 24 3 0 21 35 153 -118 6

Líderes de anotación

[editar | editar a fonte]

As xogadoras do K-Espoo Karoliina Rantamäki e Petra Vaarakallio foron as máximas puntuadoras das dúas primeiras fases de competición, rexistrando ambas 60 puntos. Rantamäki foi a máxima goleadora con 38 goles, mentres que Vaarakallio liderou a competición no apartado das asistencias. Tiia Reima pola súa banda foi a xogadora máis penalizada cun total de 34 minutos de penalización.[3]

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Karoliina Rantamäki K-Espoo 24 38 22 60 6
2 Petra Vaarakallio K-Espoo 24 29 31 60 12
3 Anna Aaltomaa Ilves 23 26 17 43 16
4 Marianne Ihalainen Ilves 22 24 16 40 18
5 Tiia Reima Ilves 18 19 20 39 34

Play-offs

[editar | editar a fonte]

Nas series polo título as Kärpät desfixéronse pola vía rápida das Ilves, gañando en dous partidos, mentres que as xogadoras do JYP tiveron que irse ao terceiro encontro fronte o K-Espoo para conseguir un posto nas finais fronte ás xogadoras de Oulu.[3]

Nas finais o JYP conseguiu impoñerse na prórroga (3-4) ás Kärpät no primeiro partido disputado en Oulu, conseguindo o factor pista. No segundo partido disputado en Jyväskykä as locais conseguiron poñer o 2-0 na eliminatoria logo de impoñerse por tres goles a dous. Finalmente o JYP conseguiu unha nova vitoria como visitante (2-3) no terceiro partido para conquistar o segundo campionato da súa historia.[3]

No partido polo bronce que enfrontou aos equipos máis goleadores e menos goleados das dúas primeiras fases de competición, as xogadoras de Espoo impuxéronse na prórroga por tres goles a dous ao Ilves de Tampere[3]

  Semifinais Final
             
  1 - K-Espoo 1  
  4 - JYP 2  
 
      4 - JYP 3
    2 - Kärpät 0
 
 
Terceiro e cuarto posto
  2 - Kärpät 2   1 - K-Espoo   1
  3 - Ilves 0     2 - Ilves   0


Líderes de anotación (play-offs)

[editar | editar a fonte]

A xogadora do JYP Tiina Paananen foi a máxima puntuadora das series cun rexistro de 11 puntos, un máis que a súa compañeira de equipo Riikka Nieminen. Paananen foi a máxima goleadora con 9 goles en seis partidos, mentres que Nieminen repartiu oito asistencias en seis partidos.[3]

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Tiina Paananen JYP 6 9 2 11 0
2 Riikka Nieminen JYP 6 2 8 10 0
3 Karoliina Rantamäki K-Espoo 4 6 0 6 0

Torneo de permanencia

[editar | editar a fonte]

Logo da disputa do torneo de permanencia cos mellores equipos da segunda categoría, a I-divisioona, o TPS mantivo a súa praza na máxima categoría, mentres que as xogadoras do Karhut a perdieron en favor do KalPa.[1][4][c]

Equipo campión

[editar | editar a fonte]

O equipo do JYP que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 1997-98 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[5]

Campión feminino de Finlandia
JYP

Porteiras: Jenna Moilanen, Tuula Puputti

Patinadoras: Tiina Paananen, Riikka Nieminen, Rose Matilainen, Kirsi Hänninen, Katja Nikunen, Katja Lehto, Riikka Noronen, Sanna Peura, Sari Mäkinen, Kati Levänen, Anu Kypärä, Vilma Kujala, Tiina Puputti, Pirjo Blomqvist, Johanna Eloranta, Tuulikki Sointu, Katja Saunalahti, Virve Kauranen, Emilia Kontio, Hanna Jokinen

  1. Literalmete serie ou liga inicial.
  2. Literalmente serie ou liga de continuación.
  3. Na tempada 1998-99 as Shakers de Kerava non tomaron parte na competición e as súas xogadoras pasaron ao equipo de Espoo, que mudou a súa denominación a Espoo Blues, e ao recentemente creado Itä-Helsingin Kiekko (IHK), que substituíu ao equipo de Kerava.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "1997-1998 STANDINGS" (en inglés). Eliteprospects.com. Consultado o 4 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Championnat féminin de Finlande 1997/98" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 4 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 254. 
  4. "1998-1999 STANDINGS" (en inglés). Eliteprospects.com. Consultado o 4 de xullo de 2023. 
  5. "1998 JYP" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de xuño de 2023.