Riikka Noronen
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1982 (42 anos) Jyväskylä, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo, adestrador de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - 2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Riikka Noronen, nada en Jyväskylä o 23 de novembro de 1982, é unha ex xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo. Xogaba de atacante nas posicións de centro e ala. Desenvolveu a súa carreira principalmente no JYP de Jyväskylä e no HPK de Hämeenlinna, aínda que tamén vestiu as camisolas do Ilves e do Tappara, ambos da cidade de Tampere.
Na tempada 2022-23 Noronen lideraba a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés en puntos (775), asistencias (447) e partidos xogados (644).[1] Noronen conseguiu un total de 14 medallas no campionato finlandés, entre as que salientan tres campionatos nos anos 1997, 1998 e 2011. Con todo, non vestiu a camisola da selección finlandesa en ningún gran campionato.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Riikka Noronen naceu o 23 de novembro de 1982 en Jyväskylä. Se ben na súa infancia practicou outros deportes como o pesäpallo, a Noronen comezou a gustarlle o hóckey sobre xeo logo de xogar co seu irmán maior, e posteriormente xogou con equipos de nenos, ata que na categoría "júnior D" xa non lle permitiron xogar con eles e tivo que unirse ao equipo de mulleres por non haber equipo de nenas.[2]
Inicios da súa carreira
[editar | editar a fonte]Na tempada 1995-96, aos 12 anos, debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja,[a] co JyP HT da súa cidade natal, sendo a xogadora máis nova en debutar na Naisten SM-sarja.[2][4][5] O 23 de novembro de 1995 anotou o seu primeiro gol na liga feminina coincidindo co día do seu 13º aniversario, converténdose na xogadora máis nova en marcar un gol na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.[2]
En 1997 e 1998 gañou os seus primeiros campionatos finlandeses nas filas do equipo de Jyväskylä,[2] se ben en ningún deles tivo un papel salientable. Na tempada 1996-97 Noronen xogou un total de 24 partidos durante a liga regular nos que rexistrou sete puntos (tres goles e catro asistencias), mentres que nas series pola Sammon Malja non conseguiu sumar ningún punto nos seis encontros que disputou.[6]
A súa contribución ao equipo aumentou na tempada seguinte, cando sumou 14 puntos nos 24 partidos da liga regular cun total de 10 goles e catro asistencia. Tamén nos play-offs as súas achegas aumentaron e conseguiu sumar un gol e tres asistencias en seis partidos para un total de catro puntos.[7]
De novo no Ilves
[editar | editar a fonte]Aínda que en 2016 Noronen se propuxera a retirada, a súa fichaxe polo Ilves para a tempada 2017-18 devolveulle as ganas de xogar tendo como obxectivo o seu cuarto ouro no campionato finlandés, e xunto con Linda Välimäki formou unha gran dupla ofensiva que levou a ambas xogadoras ao primeiro equipo das estrelas da Naisten Liiga esa tempada.[2][8][4]
A súa segunda tempada no equipo de Tampere viuse interrompida por unha hernia discal provocada por un esforzo prolongado e que se converteu na lesión máis dura da súa carreira deportiva pero que finalmente non precisou de cirurxía.[2]
Últimos anos no HPK
[editar | editar a fonte]O 20 de outubro de 2019, aos 36 anos, Noronen converteuse na máxima puntuadora de todos os tempos no campionato finés con 705 (302+403) puntos nas 25 tempadas que disputara ata a data. O fito chegou na vitoria do seu equipo por 8-3 fronte o Sport de Vaasa e no que rexistrou tres puntos (un gol e dúas asistencias). Deste xeito, a xogadora de Jyväskylä superaba a Linda Välimäki (702 puntos), que se retirara do hóckey en activo ao final da tempada precedente e que fora a primeira xogadora en superar a barreira dos 700 puntos en partidos da liga regular.[9]
Na tempada 2021-22 retirouses da máxima competición aos 39 anos logo de que o seu equipo, o HPK caera nos cuartos de final fronte o HIFK. Noronen puña así o punto e final a unha traxectoria de case 28 anos na máxima categoría na que conseguiu 14 medallas, cun total de tres campionatos, cinco medallas de ouro e seis de bronce. A centro de Jyväskylä retirouse sendo a máxima puntuadora (775), asistente (447), así como a xogadora que máis partidos xogou (644) na historia liga regular, e cun rexistro de 814 partidos, 393 goles e 521 asistencias para un total de 914 puntos incluíndo os play-offs.[1][2] Con todo, durante a tempada 2022-23 Noronen volveu ao xeo aos 40 anos e xogou algúns partidos co equipo da academia do HPK na segunda categoría, a Naisten Mestis, antes de retirarse definitivamente como xogadora e iniciar a súa carreira nos banquillos dentro do equipo técnico do Ilves da adestradora xefa Marjo Voutilainen.[10][11]
Na selección finlandesa
[editar | editar a fonte]Riikka Noronen tan só xogou oito partidos coa selección finlandesa nas tempadas 2009-10 e 2012-13, mais ningún deles como parte dun gran torneo como os Campionatos do Mundo ou os Xogos Olímpicos.[2] Nos oito partidos que disputou tan só rexistrou unha asistencia e un punto.[5]
A ausencia de Noronen no combinado finés debeuse, nas súas propias palabras, á imposibilidade de adestrar o tempo que requiriría a selección, xa que o campionato feminino finlandés non profesional e durante a súa carreira tivo que compaxinar os adestramentos co seu traballo, non dispoñendo de tempo para adestrar pensando na selección, xa que como recoñeceu, para acadar un bo nivel para a liga finlandesa era suficiente a autoformación, mais non para o equipo nacional. Noronen non puido gozar dunha bolsa deportiva, mais si puido atopar patrocinadores que axudaran a financiar a súa carreira deportiva.[2][4]
Estilo de xogo
[editar | editar a fonte]Durante a súa carreira Noronen destacou por ser unha xogadora de equipo, ela mesma non se considerou unha xogadora que pensara no puntos, mais sin no exemplo que puidera dar ás xogadoras novas.[4]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Xogadora máis nova en debutar e en marcar un gol na Naisten SM-sarja.
- Tres campionatos de Finlandia: 1997, 1998 e 2011
- Cinco medallas de prata do campionato de Finlandia.
- Seis medallas de bronce do campionato de Finlandia.
- Máxima puntuadora, asistente e xogadora con máis puntos do campionato de Finlandia.
- Primeiro equipo das estrelas: 2018.[12]
- Trofeo Sari Fisk á xogadora con mellor resistor plus–minus ao final da liga regular: 2011[13] e 2017.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denominada Naisten Liiga dende a tempada 2017-18.[3]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2022-2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 248-249.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Pitkänen, Henri (14 de abril de 2022). "Suomalaisen jääkiekkolegendan omaa luokkaansa oleva ura päättyi kaikessa hiljaisuudessa – pelit maajoukkueessa jäivät vähiin karusta syystä". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 10 de xullo de 2023.
- ↑ "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Muttilainen, Kimmo (18 de decembro de 2018). "Riikka Noronen on jääkiekon tuntematon tähti, joka aloitti liigassa vain 12-vuotiaana – kaikkien aikojen pistelinko on kelvannut harvoin Leijona-paitaan". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 10 de xullo de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 "Riikka Noronen" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 19 de xullo de 2023.
- ↑ "1997 JyP HT" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "1998 JYP" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (8 de marzo de 2018). "Naisten Liigan kauden 2017-18 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ Teiskonlahti, Kirsi (21 de outubro de 2019). "Riikka Noronen teki mykistävää historiaa Naisten Liigassa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Seppä, Lassi (5 de maio de 2023). "Lajilegenda Riikka Noronen mukaan Ilveksen valmennusryhmään ensi kaudella". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 10 de xullo de 2023.
- ↑ Kiesiläinen, Leevi (17 de xaneiro de 2023). "Naisten Liigan legenda Riikka Noronen on palannut pelikentille". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de outubro de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (8 de marzo de 2018). "Naisten Liigan kauden 2017-18 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 7 de outubro de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (11 de marzo de 2011). "Naisten SM-sarjan palkinnot 2010-11 - Tässä nimilista!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 7 de outubro de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (22 de febreiro de 2011). "Naisten SM-sarjan kauden 2016-17 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 7 de outubro de 2023.