Saltar ao contido

Auroraliiga 2024-2025

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaAuroraliiga 2024-2025
Imaxe
TipoAuroraliiga Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2024-2025 Editar o valor en Wikidata

A tempada 2024-2025 da Naisten Liiga será a 42ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga regular comezou o 6 de setembro de 2024 e finalizará o 16 de febreiro de 2025. O IFK de Helsinqui defenderá o título conquistado na tempada precedente.

Nesta edición participaron un total de nove equipos, os mesmos que na tempada precedente ao non producirse ningún ascenso nin descenso.

Movementos na liga

[editar | editar a fonte]

Cambio de denominación

[editar | editar a fonte]

O 15 de agosto anunciouse un novo cambio de denominación da liga, que pasou a chamarse Auroraliiga. O obxectivo deste cambio foi o de desenvolver a liga co obxectivo de profesionalizala e facer do hóckey sobre xeo finlandés un deporte máis igualitario. En palabras da directora da Auroraliiga, Henni Laaksonen, o cambio de nome supuxo ademais un "importante acto simbólico", sinalando que "xa é hora de xogar ao hóckey sobre xeo sen prefixos", en alusión á eliminación da especificación "naisten" (traducible como "feminina" ou literalmente "de mulleres").[1]

Retransmisións

[editar | editar a fonte]

Ademais, anunciouse o acordo para a retransmisión da liga en televisión pola canle MTV Katsomo.[2] Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, todos os partidos da liga puideron seguirse vía streaming a través de Leijonat TV, a plataforma da propia federación finlandesa.

Patrocinio da liga

[editar | editar a fonte]

O mesmo día que se anunciou o cambio de nome da competición fíxose público tamén o novo patrocinador da nova Auroraliiga, o fabricante canadense de equipamento para hóckey sobre xeo CCM.[3]

Mudanzas nos corpos técnicos

[editar | editar a fonte]
Equipo 2023–24 2024–25 Detalles
Pretempada
KalPa Mika Väärälä Artturi Rouhiainen O día seguinte de que o KalPa conseguira a medalla de bronce na tempada anterior, o equipo informaba de que logo de dous anos á fronte do equipo técnico Mika Väärälä non continuaría como adestrador xefe do KalPa na tempada 2024-25.[4] O 20 de marzo anunciouse que Artturi Rouhiainen sería o adestrador do equipo na tempada 2024-25. Na tempada 2023-24 Rouhiainen, de 29 anos, ocupara o posto de adestrador xefe do equipo U15 do KalPa, así como o de adestrador xefe asociado do equipo U16 do mesmo club mentres finalizaba o grao en educación física.[5]
RoKi Teemu Koivula Oona Parviainen Teemu Koivula chegou ao equipo feminino do RoKi na tempada 2023-24 logo de exercer como adestrador dos equipos masculinos U15 e U16 do equipo de Rovaniemi.[6] En marzo Koivula deixou o equipo logo de asinar coas Kärpät de Oulu.[7] O 11 de marzo o RoKi anunciou a incorporación de Oona Parviainen como adestradora xefa do equipo para a tempada 2024-25.[8] Durante a tempada 2023-24 Parviainen, de 46 anos e que puxera fin á súa carreira como xogadora na tempada 2020-21 no equipo de Rovaniemi, adestrara o equipo U16 masculino de RoKi.[9]
Kärpät Satu Kiipeli Teemu Koivula A tempada 2023-24 o equipo de Oulu viviu moitas mudanzas na dirección do equipo, con tres adestradoras distintas á fronte (Sanna Lankosaari, Saija Tarkki e Satu Kiipeli). As Kärpät acabaron a tempada nos cuartos de final logo de caer nos play-offs contra o HIFK (3-0). En marzo de 2024 anunciouse que Teemu Koivula, de 27 anos, dirixiría o equipo na tempada 2024-25 procedente do RoKi de Rovaniemi.[7]

Formato das series

[editar | editar a fonte]

En maio de 2024 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo aprobou os axustes das series finais e pola promoción da Auroraliiga, incluíndo a ampliación das series de semifinais e finais dos play-offs, que pasaron a disputarse do mellor de cinco partidos ao mellor de sete.[10]

Pola súa banda a promoción, que na tempada precedente non se disputou,[11] pasou a disputarse como unha serie ao mellor de cinco encontros entre o último clasificado da Auroraliiga e o gañador dos play-offs da Naisten Mestis (disputados polos seis mellores equipos da segunda categoría) sen importar os equipos.[10]

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2024-25 da Naisten Liiga tomarán parte na competición un total de nove equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, xa que non houbo ascensos nin descensos ao non disputarse a cualificación en 2024 xa que ningún dos equipos interesados en disputala cumpriu cos requisitos da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo.[12] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).

Nome Cidade Estadio Capacidade Adestrador/a Capitá
Stadin Gimmat
HIFK Naiset
Helsinqui Pirkkolan jäähalli 1 100 Saara Niemi Athena Locatelli
HPK Hämeenlinna Metritiski Areena 700 Jari Risku Heta Seikkula
Ilves Tampere Tesoman jäähalli 1 500 Marjo Voutilainen Jenna Lehtiniemi
KalPa Kuopio Olvi Areena 5 224 Artturi Rouhiainen Elli Mäkelä
K-Espoo Espoo Tapiola 2 750 Sami Haapanen Reetta Valkjärvi
Kärpät Oulu Oulun Energia Areena 6 614 Teemu Koivula Aino Kaijankoski
RoKi Rovaniemi Lappi Areena 3 500 Oona Parviainen Viivi Iso-Kouvola
Team Kuortane Kuortane Kuortaneen urheiluopiston jäähalli 350 Juuso Nieminen Kerttu Lehmus
TPS Turku Rajupaja Areena 2 875 Terhi Mertanen Eevi Ilvonen

Liga regular

[editar | editar a fonte]
A primeira fin de semana de competición da Auroraliiga celebrouse no Gatorade Center de Turku.

A nova etapa do campionato finlandés iniciouse o 6 de setembro de 2024 co partido inaugural entre o TPS e o K-Espoo no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 10 500 persoas e que será o escenario de oito dos nove partidos da primeira fin de semana de competición.[13][14]

O 3 de novembro a lenda finlandesa do hóckey feminino Karoliina Rantamäki anotou dous goles no partido que enfrontou o seu equipo, K-Espoo, conta o Team Kuortane. Os dous goles valéronlle para converterse na máxima puntuadora da historia do campionato finlandés feminino, tendo en conta todos os partidos de liga regular, play-offs e partidos de cualificación. Rantamäki, que acumulou un total de 900 puntos (477+423) en 562 partidos superou deste xeito o rexistro que ostentaba Riikka Noronen (898), que con todo mantiña aínda o mellor rexistroo de puntos na liga regular.[15]

O 23 de novembro de 2024 Saija Tarkki converteuse na primeira muller en ser retirado o seu número das Kärpät Naiset, recoñecendo deste xeito os máis de 20 anos de carreira da xogadora nada en Oulu, cuxo número 20 pasou a pendurar do teito do Oulun Energia Areena. Con motivo da retirada do seu número, o club de Oulu organizou unha xornada de homenaxe á xogadora que comezou xa pola mañá coa cerimonia de retirada, á cal seguiu o partido da Auroraliiga ente as Kärpät e o Ilves, e pechouse co enfrontamento da liga masculina entre o equipo local e o HPK.[16][17]

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 K-Espoo 24 19 3 0 2 136 47 +89 63
2 HPK 23 15 1 3 4 92 51 +41 50
3 Team Kuortane 24 13 3 2 6 84 51 +33 47
4 HIFK 23 14 1 3 5 85 54 +31 47
5 Ilves 24 14 1 1 8 86 74 +12 45
6 KalPa 24 7 2 3 12 58 70 -12 28
7 TPS 23 5 3 2 13 47 70 -23 23
8 Kärpät 23 4 0 0 19 40 96 -56 12
9 RoKi 24 1 0 0 23 38 153 -115 3
Resultados


Estatísticas das xogadoras

[editar | editar a fonte]
Líderes de anotación
Xogadora Equipo PX G A Pts
1 Matilda Nilsson Ilves 14 14 9 23
2 Lisette Täks K-Espoo 12 11 10 21
3 Emilia Varpula Ilves 14 5 15 20
4 Emma Nuutinen K-Espoo 10 5 13 18
5 Barbora Jurickova HPK 12 8 9 17
6 Julia Matejkova HPK 12 6 11 17
7 Emma Ekoluoma Ilves 14 10 6 16
8 Anni Pere HIFK 13 8 7 15
9 Kiti Seikkula HPK 12 7 8 15
10 Minnamari Tuominen K-Espoo 10 5 10 15
Porteiras
Xogadora Equipo PX TOI V D S GC SO SV% GAA
1 Tiina Ranne TPS 8 441:04 2 3 221 11 1 95,3 1,50
2 Salla Sivula KalPa 10 574:11 3 5 365 20 2 94,8 2,09
3 Minja Drufva K-Espoo 6 360:00 6 0 98 8 1 92,5 1,33
4 Kerttu Kuja-Halkola Team Kuortane 8 456:33 3 1 130 11 1 92,2 1,45
5 Anni Keisala HPK 8 491:25 5 1 163 14 1 92,1 1,71
6 Emilia Piekkari Kärpät 7 379:08 1 6 183 16 1 92,0 2,53
7 Neea Pohjamo Ilves 10 606:55 7 2 236 21 1 91,8 2,08
8 Tiia Pajarinen K-Espoo 6 364:06 4 1 109 10 0 91,6 1,65
9 Miia Vainio HIFK 10 610:00 5 3 225 22 0 91,1 2,16
10 Lilia Huovinen Team Kuortane 7 398:06 4 3 141 19 1 88,1 2,86

Xogadoras da semana

[editar | editar a fonte]

Xogadoras do mes

[editar | editar a fonte]

Outros recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Antes da última fin de semana de competición do mes de novembro o socio comercial da Auroraliiga, Nocco, recoñeceu ás mellores xogadoras do inicio da tempada:[34]

Fichas dos partidos
  1. "TPS vs K-Espoo (6 setembro)" (en finés). 
  2. "K-Espoo vs Ilves (7 setembro)" (en finés). 
  3. "HIFK vs Kärpät (7 setembro)" (en finés). 
  4. "HPK vs RoKi (7 setembro)" (en finés). 
  5. "Team Kuortane vs KalPa (7 setembro)" (en finés). 
  6. "HIFK vs RoKi (8 setembro)" (en finés). 
  7. "TPS vs Kärpät (8 setembro)" (en finés). 
  8. "Team Kuortane vs HPK (8 setembro)" (en finés). 
  9. "Ilves vs KalPa (8 setembro)" (en finés). 
  10. "KalPa vs Team Kuortane (13 setembro)" (en finés). 
  11. "TPS vs HPK (14 setembro)" (en finés). 
  12. "RoKi vs K-Espoo (14 setembro)" (en finés). 
  13. "Kärpät vs Ilves (14 setembro)" (en finés). 
  14. "KalPa vs HIFK (14 setembro)" (en finés). 
  15. "RoKi vs Ilves (15 setembro)" (en finés). 
  16. "HPK vs TPS (15 setembro)" (en finés). 
  17. "Team Kuortane vs HIFK (15 setembro)" (en finés). 
  18. "Kärpät vs K-Espoo (15 setembro)" (en finés). 
  19. "HPK vs Kärpät (21 setembro)" (en finés). 
  20. "HIFK vs K-Espoo (21 setembro)" (en finés). 
  21. "Ilves vs KalPa (21 setembro)" (en finés). 
  22. "Team Kuortane vs RoKi (21 setembro)" (en finés). 
  23. "K-Espoo vs Kärpät (22 setembro)" (en finés). 
  24. "KalPa vs RoKi (22 setembro)" (en finés). 
  25. "Ilves vs Team Kuortane (22 setembro)" (en finés). 
  26. "TPS vs HIFK (22 setembro)" (en finés). 
  27. "RoKi vs HIFK (28 setembro)" (en finés). 
  28. "Kärpät vs HPK (28 setembro)" (en finés). 
  29. "Ilves vs TPS (28 setembro)" (en finés). 
  30. "KalPa vs Team Kuortane (28 setembro)" (en finés). 
  31. "RoKi vs HPK (29 setembro)" (en finés). 
  32. "Team Kuortane vs Ilves (29 setembro)" (en finés). 
  33. "KalPa vs K-Espoo (29 setembro)" (en finés). 
  34. "Kärpät vs HIFK (29 setembro)" (en finés). 
  35. "KalPa vs Kärpät (5 outubro)" (en finés). 
  36. "HIFK vs Ilves (5 outubro)" (en finés). 
  37. "TPS vs Team Kuortane (5 outubro)" (en finés). 
  38. "K-Espoo vs RoKi (5 outubro)" (en finés). 
  39. "TPS vs RoKi (6 outubro)" (en finés). 
  40. "HPK vs Team Kuortane (6 outubro)" (en finés). 
  41. "KalPa vs Ilves (6 outubro)" (en finés). 
  42. "RoKi vs TPS (12 outubro)" (en finés). 
  43. "Ilves vs HPK (12 outubro)" (en finés). 
  44. "Team Kuortane vs HIFK (12 outubro)" (en finés). 
  45. "KalPa vs K-Espoo (12 outubro)" (en finés). 
  46. "HPK vs Ilves (13 outubro)" (en finés). 
  47. "KalPa vs HIFK (13 outubro)" (en finés). 
  48. "Kärpät vs TPS (13 outubro)" (en finés). 
  49. "Team Kuortane vs K-Espoo (13 outubro)" (en finés). 
  50. "K-Espoo vs HPK (18 outubro)" (en finés). 
  51. "HIFK vs TPS (18 outubro)" (en finés). 
  52. "Ilves vs RoKi (19 outubro)" (en finés). 
  53. "Team Kuortane vs Kärpät (19 outubro)" (en finés). 
  54. "TPS vs KalPa (19 outubro)" (en finés). 
  55. "Ilves vs Kärpät (20 outubro)" (en finés). 
  56. "K-Espoo vs HIFK (20 outubro)" (en finés). 
  57. "Team Kuortane vs RoKi (20 outubro)" (en finés). 
  58. "HPK vs KalPa (20 outubro)" (en finés). 
Referencias
  1. "Naisten jääkiekon pääsarja Naisten Liiga on nyt Auroraliiga" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  2. "Huippuviihdettä halleissa ja kotikatsomoissa – Auroraliigan avauspeli Subilla ja Leijonat TV:ssä" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  3. "CCM Auroraliigan ensimmäiseksi pääyhteistyökumppaniksi" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 17 de agosto de 2024. 
  4. Seppä, Lassi (17 de marzo de 2024). "Mika Väärälä ei jatka KalPan naisten päävalmentajana". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de abril de 2024. 
  5. Nousiainen, Ville (20 de marzo de 2024c). "KalPan naiset nimesi uuden päävalmentajan". Savon Sanomat (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  6. Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de abril de 2024. 
  7. 7,0 7,1 Seppä, Lassi (27 de marzo de 2024). "Teemu Koivula astuu Kärppien naisten päävalmentajan saappaisiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de abril de 2025. 
  8. "Valmentaja uutisia kaudelle 2024-2025" (en finés). RovaniemenKiekko.fi. 11 de marzo de 2024. Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  9. Seppä, Lassi (24 de marzo de 2024). "Tuore päävalmentaja Oona Parviainen kasaa RoKia kuin Diilissä konsanaan − sponsoreilla ja akatemiajoukkueella on iso merkitys tulevaisuudessa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  10. 10,0 10,1 "Naisten Liigan ja Mestiksen pelaamistapa päätetty". Leijonat.fi (en finés). 16 de maio de 2024. Consultado o 5 de novembro de 2024. 
  11. Löfman, Sini (11 de marzo de 2024). "Naisten Liigan karsintoja ei pelata tänä keväänä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  12. Löfman, Sini (11 de marzo de 2024). "Naisten Liigan karsintoja ei pelata tänä keväänä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de abril de 2024. 
  13. Tsokkinen, Eelis (12de maio de 2023). "Aikansa ihme". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  14. "Näin Auroraliigan avauskausi käynnistyy – Avausviikonloppuna yhdeksän ottelua" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. 15 de agosto de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2024. 
  15. Seppä, Lassi (3 de novembro de 2024). "Karoliina Rantamäki teki historiaa − nousi naisten pääsarjan kaikkien aikojen pörssikärkeen". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 28 de novembo de 2024. 
  16. "#20 Saijan päivä!" (en finés). Kärpät Naiset. Consultado o 29 de novembro de 2024.  Texto "25 de outubro de 2024 " ignorado (Axuda)
  17. Seppä, Lassi (23 de novembro de 2024). "OULULAISTA HISTORIAA TEKEVÄ SAIJA TARKKI KASVOI KÄRPPÄURANSA AIKANA TEINITYTÖSTÄ PERHEENÄIDIKSI". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 29 de novembro de 2024. 
  18. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 9 de setembro de 2024. Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  19. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 17 de setembro de 2024. Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  20. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 23 de setembro de 2024. Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  21. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 1 de outubro de 2024. Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  22. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 8 de outubro de 2024. Consultado o 11 de outubro de 2024. 
  23. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 14 de outubro de 2024. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  24. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 29 de outubro de 2024. Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  25. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 29 de outubro de 2024. Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  26. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 4 de novembro de 2024. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  27. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 18 de novembro de 2024. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  28. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 25 de novembro de 2024. Consultado o 25 de novembro de 2024. 
  29. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 2 de decembro de 2024. Consultado o 3 de decembro de 2024. 
  30. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 10 de decembro de 2024. Consultado o 13 de decembro de 2024. 
  31. "KalPan Salla Sivula Auroraliigan syyskuun pelaaja" (en finés). 1 de outubro de 2024. Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  32. "Kiekko-Espoon Lisette Täks Auroraliigan lokakuun pelaaja" (en finés). 1 de novembro de 2024. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  33. "Ilveksen Elli Suoranta Auroraliigan marraskuun pelaaja" (en finés). 3 de decembro de 2024. Consultado o 3 de decembro de 2024. 
  34. "Publicación da nova no Instagram da Auroraliiga" (en finés). 29 de novembro de 2024. Consultado o 3 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]