Oulun jäähalli
Oulun jäähalli Oulun Energia -areena | |
---|---|
Exterior. | |
Datos | |
Coordenadas | 65°00′31″N 25°29′34″L / 65.008611111111, 25.492777777778 |
Localización | Oulu, Finlandia |
Outros nomes | Raksilan jäähalli |
Construción | |
Inauguración | 1974 |
Estadio | |
Capacidade | 6.768 espectadores |
Propietario | Oulu |
Localía | Kärpät (1974-) Kiekko-Laser (2005-2011) RB-Oulu (2000-) |
Web | https://www.ouka.fi/sisaliikuntapaikat/oulun-jaahalli |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Oulun jäähalli, tamén coñecido como Oulun Energia -areena é un pavillón deportivo da cidade de Oulu (Finlandia) adicado principalmente á práctica do hóckey sobre xeo, sendo a casa do Oulun Kärpät, o principal equipo da cidade e que compite na SM-liiga, a máxima categoría deste deporte no país. O pavillón está localizado no distrito de Raksila, ao que debe o seu anterior nome, Raksilan jäähalli. Foi inaugurado en 1974 e no 2004 foi remodelado. No 2006 o pavillón mudou o seu nome polo de Oulun Energia -areena polo seu patrocinador, Oulun Energia.
Ademais da actividade deportiva, no pavillón celebráronse diversos concertos, como os das bandas de rock Kiss, Judas Priest e White Snake. Do mesmo xeito, filme coa participación da banda finlandesa Lordi Dark Floors recibiu unha estrea excepcional no pavillón en 2007, á que asistiron os membros da banda.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oulun jäähalli |