RoKi Naiset
Rovaniemen Kiekko | |
---|---|
Fundación | 2012 |
Cidade | Rovaniemi, Laponia Finlandia |
Estadio | Lappi Areena (3.500 espectadores) |
Liga | Naisten Liiga |
Director | Juuso Toivola |
Adestrador | Teemu Koivula |
Cores | Azul, amarelo e branco |
O Rovaniemen Kiekko Naiset, ou simplemente RoKi Naiset ou RoKi, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Dende 2020 compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 persoas.
Historia
[editar | editar a fonte]O RoKi de Rovaniemi participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona.[1]
En 2012 conseguiu o ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis, onde axiña se converteu nun equipo competitivo e exitoso. Finalmente, na primavera de 2020 o equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría, a Naisten Liiga.[2]
Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior.[1] Con todo cinco anos despois, na tempada 2019-20, o equipo de Rovainemi conseguiu o obxectivo de xogar cos mellores equipos femininos de Finlandia logo de gañar o seu grupo na Mestis e finalizar por detrás do Lukko na liga de clasificación. Esa tempada salientaron a nivel individual Essi Jaako, Jenna Hietala e Oona Parviainen.[1]
Para a tempada 2021-22 Rovaniemen Kiekko ry anunciou que comezaría a apoiar ás xogadoras do RoKi seleccionadas para os campamentos do equipo nacional e torneos de avaliación con bolsas dende uns poucos centos ata mil euros. Tamén ofreceu ás súas xogadoras na selección nacional a posibilidade de adestrar e xogar co equipo masculino. O adestrador de RoKi Naiset Tuomas Liitola sinalou que a meta a longo prazo era reducir os custos de xogo das xogadoras de RoKi a cero.[3]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadoras
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado a 15 de febreiro de 2024.[4]
# | Nac | Xogador/a | Posición[nota 1] | S/G[nota 2] | Idade | Adquirido/a | Lugar de nacemento |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Annika Saastamoinen | G | E | (17 anos) | |||
31 | Iina Kankaanpää | G | E | (17 anos) | |||
35 | Alexandra Väyrynen | G | (26 anos) | ||||
3 | Emma Salpakari | D | D | (25 anos) | |||
5 | Maria Heinonen | D | E | (32 anos) | Pyhäjärvi, Finlandia | ||
16 | Matilda Penttilä | D | E | (22 anos) | |||
25 | Maisa Nikka | D | (20 anos) | ||||
26 | Oona Koski | D | (19 anos) | ||||
28 | Aada Pietilä | D | (18 anos) | ||||
49 | Janina Jatkola | D | E | (31 anos) | Kittilä, Finlandia | ||
98 | Alexandra Mateickova | D | E | (18 anos) | Bratislava, Eslovaquia | ||
0 | Ida-Sofia Kangas | F | E | (18 anos) | |||
7 | Iida Tokola | F | (17 anos) | ||||
9 | Emma Lappalainen (A) | F | E | (19 anos) | Inari, Finlandia | ||
10 | Monica Koukkula | F | (24 anos) | ||||
11 | Sina-Safira Säily | F | E | (20 anos) | |||
13 | Anna Kalová (A) | F | E | (21 anos) | |||
14 | Rianna Mustonen | F | (17 anos) | ||||
15 | Magdalena Felcmanova | F | E | (17 anos) | |||
18 | Iida Lappalainen (A) | F | E | (19 anos) | Ivalo, Finlandia | ||
19 | Viivi Hihnala | F | E | (18 anos) | |||
21 | Eveliina Ollila (C) | F | E | (35 anos) | Sodankylä, Francia | ||
24 | Jemina Lepola | F | E | (18 anos) | |||
29 | Moona Keskisarja | F | E | (20 anos) | Nivala, Finlandia | ||
68 | Iina Pohjamo | F | E | (19 anos) |
Capitás do equipo
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia RoKi Naiset tivo catro capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. A primeira capitá do equipo foi Arja Oja, quen exerceu o liderado na pista durante as tempadas 2014-15 e 2015-16, mentres que Janina Jatkola é a xogadora que máis tempadas exerceu como capitá cun total de tres entre a 2016-17 e a 2018-19. A continuación amósanse todas as capitás do equipo:[5]
Nome(s) | Período |
---|---|
Arja Oja | 2014 a 2016 |
Janina Jatkola | 2016 a 2019 |
Ella Lahtela | 2019-2020 |
Jenna Pirttijärvi | 2020-2021 |
Adestradoras e adestradores
[editar | editar a fonte]A principios de xuño de 2023 anunciouse que Teemu Koivula pasaría a ser o adestrador xefe do equipo para a tempada 2023-24 en substitución de Tuomas Liitola, que deixou o equipo a mediados do mes de maio para adestrar na segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
*G: Goalie (porteiro)
*C: Center (central)
*W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
*D: Defenceman (defensa). - ↑ As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "RoKi" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023.
- ↑ "Historiallinen syksy Rovaniemen lätkäfaneille: kausi alkaa liigajääkiekolla ensimmäistä kertaa ikinä". Yle.fi (en finés). 18 de agosto de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2020.
- ↑ Kuivas, Eeva (9 de xuño de 2021). "Rovaniemen Kiekko alkaa tukea rahallisesti arvokisoihin ja maajoukkueleireille valittuja naiskiekkoilijoitaan". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "KOKOONPANO RoKi" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "RoKi - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de setembro de 2020.
- ↑ Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RoKi Naiset |