Saltar ao contido

Ylöjärvi-Ilves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ylöjärvi-Ilves foi un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Ylöjärvi (Finlandia). Fundado en 1990, salientou especialmente o seu equipo feminino.

O Ylöjärvi-Ilves foi fundado en 1990.[1] Ao finalizar a tempada 1999-00, o equipo clasificouse para disputar a promoción á máxima categoría ao ocupar a segunda posición da táboa por detrás do TPS, aínda que cos mesmos puntos que o equipo de Turku, ao finalizar a liga regular.[2] Con todo, as xogadoras de Ylöjärvi só foron capaces de gañar dous dos 14 partidos disputados e finalizaron sétimas, só por diante do TPS e superadas polas JyHC de Jyväskylä e as Ässät de Pori, que na I-divisioona finalizaran en 3ª e 4ª posición respectivamente, e non conseguiron o ascenso.[3]

Na tempada 2000-01 o equipo comezou disputando a liga regular na segunda categoría, finalizando en quinta posición da táboa con 17 puntos, os mesmos que o 3º e o 4º clasificados (TPS e K-Reipas respectivamente), quedando ás portas de disputar a promoción. O equipo tivo que xogar por manter a categoría, obxectivo que acadou sen complicacións logo de finalizar na primeira posición do Grupo 1 con 15 puntos e contando todos os seus partidos por vitorias coa excepción dun empate.[4]

O maior logro do Ylöjärvi-Ilves chegou na categoría feminina na tempada 2001-02, cando se finalizou na terceira posición da táboa na I-divisioona (segunda categoría) cun rexistro de 10 vitorias, 1 empate e 3 derrotas, o que supuxo a súa clasificación para disputar a promoción á máxima categoría, onde finalizou na cuarta posición e conseguiu o ascenso.[5]

O Ylöjärvi-Ilves debutou na Naisten SM-sarja o 14 de setembro de 2002 cunha derrota n prórroga fronte o JyHC (1-2). Logo dos 14 partidos da primeira fase de competición non conseguiron clasificarse para o grupo final ao ter rematado na sétima praza con 7 puntos. Deste xeito o club de Ylöjärvi tipo que disputar o grupo de promoción, no que conseguiu unha das dúas prazas que outorgaban o dereito a competir na máxima categoría na tempada 2003-04.[6]

A tempada 2003-04 foi a segunda e última do equipo de Ylöjärvi na Naisten SM-sarja. Logo dunha mala primeira fase na que perdeu os 14 partidos que disputou e tan só puido sumar un punto grazas a unha derrota na prórroga. No grupo final da I-divisioona o equipo mellorou, mais non puis clasificarse para as series de promoción ao finaliza na cuarta posición con 18 puntos, polo que consumou o seu descenso á segunda categoría.[7]

No seu regreso á segunda categoría, o Ylöjärvi-Ilves finalizou o grupo final na quinta posición con 12 puntos, moi lonxe dos 26 puntos que rexistrou o TPS, primeiro da táboa, para clasificarse para as series de promoción.[8] Logo desta tempada o club non puxo en competición ningún equipo nas dúas máximas categorías do hóckey sobre xeo feminino finlandés.

En 2009 fusionouse co Ylöjärvi-Tappara para crear os Uplakers.[9]

Xogadoras destacadas

[editar | editar a fonte]

Entre as xogadoras máis destacadas formadas no club figuran:

  • Linda Leppänen (de solteira Välimäki): logo de comezar no club de Ylöjärvi desenvolveu a súa carreira no Ilves de Tampere e nas Blues de Espoo, téndose proclamado campioa finlandesa en ambos equipos. Leppänen tivo lamén unha exitosa carreira coa selección finlandesa, formando parte do equipo que conquistou a prata no mundial de 2019.[10] En 2024 iniciou o traballo cun grupo de nenas a nivel pasatempo dentro da organización do Tappara de Tampere.[11]
  • Saara Niemi (de solteira Tuominen): tan só xogou unha tempada no club antes de pasar a xogar no Ilves de Tampere, co que se proclamou campioa de Finlandia en 2006. Posteriormente xogou nos Estados Unidos nas filas das Minnesota Duluth Bulldogs da NCAA. Niemi tamén conseguiu numerosas medallas de bronce coa selección finlandesa, tanto en mundiais como nos Xogos Olímpicos. Logo de retirarse como xogadora, Niemi iniciou unha frutífera carreira como adestradora, levando ao HIFK a dous títulos consecutivos da Naisten Liiga.[12]
  1. "Y-Ilves" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  2. "I-divisioona (W) - 1999-2000" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  3. "SM-sarja (W) - 1999-2000" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  4. "Championnat féminin de Finlande 2000/01" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  5. "Championnat féminin de Finlande 2001/02" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  6. "Championnat féminin de Finlande 2002/03" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de marzo de 2025. 
  7. "Championnat féminin de Finlande 2003/04" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de marzo de 2025. 
  8. "Championnat féminin de Finlande 2004/05" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 23 de marzo de 2025. 
  9. "Seura" (en finés). UPLAKERS Ry. Consultado o 22 de marzo de 2025. 
  10. "Linda Leppänen" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 23 de marzo de 2025. 
  11. Vainionperä, Pasi (7 de outubro de 2024). "TYTTÖKIEKKOVIIKKO: Tapparassa alkoi syksyllä tyttökiekon harrasteryhmä, Ilves haluaa entisestään kehittää tyttöjen junioripolkua aina Auroraliigaan asti" (en finés). Kiakkoradio.fi. Consultado o 13 de decembro de 2024. 
  12. "Saara Niemi" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 23 de marzo de 2025.