Rovaniemen Kiekko
Rovaniemen Kiekko | |
---|---|
Fundación | 1979 |
Cidade | Rovaniemi, Laponia Finlandia |
Estadio | Lappi Areena (3.500 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | Eero Vierola |
Cores | Azul, amarelo e branco |
Na rede | |
http://www.rokihockey.fi/ |
O Rovaniemen Kiekko ou RoKi é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Rovaniemi (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Lappi Areena, un pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Os inicios do hóckey sobre xeo remóntanse ao inicio da década de 1960, cando na pista de Lapinaukea os equipos RTP, RoPS, Lappi Seura e Lapin Lukko loitaban pola supremacía do hóckey na capital de Laponia, e xa en 1970 xogábanse xa competicións de mozos e homes na cidade.[1]
A pesar de que na década de 1970 o RoPS, o Lapin Lukko e o Rovaniemen Lappi cesaron as súas operacións, o equipo máis forte da década anterior, o RTP, continuou a súa actividade durante algún tempo.[1]
Fundación do RoKi
[editar | editar a fonte]O RoKi fundouse en 1979.
En 2003 construíuse o Lappi-areena, o que mellorou as condicións do club, que elaborou un plano para ascender á Mestis nuns anos.[2]
Na tempada 2008-09 ascendeu á segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, logo de clasificarse para a cualificación como segundo da Suomi-sarja. Na liguiña o RoKi conseguiu a segunda posición, arrebatándolle a praza na segunda categoría aos Titaanit de Kotka no seu primeiro intento.[2]
Na tempada 2009-10 o equipo de Rovaniemi xogou na Mestis, mais descendeu ao finalizar a tempada novamente á terceira categoría, a Suomi-sarja, competición que gañou ao ano seguinte, porén non foi quen de ascender á Mestis nos play-offs.
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns
[editar | editar a fonte]Dende o primeiro ascenso do RoKi á Mestis na tempada 2009-10 o equipo tivo cinco capitáns distintos, aínda que tanto Henri Joki-Erkkilä como Hannu Erkkilä exerceron en máis dunha tempada e en varios períodos, mentres que Antti Järvelä foi capitán en tres tempadas consecutivas. Na tempada 2023-24 o capitán do equipo é Antti Erkinjuntti. A continuación todos os capitáns do RoKi dende o seu ascenso á II-divisioona (cuarta categoría):[3]
Nome(s) | Período |
---|---|
Pasi Tammela | 1995-1996 |
Okko Reku | 1996-1998 |
Marko Gröhn | 1999-2000 |
Mika Hand | 2000-2001 |
Samu-Matti Karppinen | 2001-2002 |
Ilari Sainio | 2002-2004 |
Jani Rautio | 2004-2005 |
Ilari Sainio | 2005-2010 |
Henri Joki-Erkkilä | 2010-2011 |
Hannu Erkkilä | 2011-2012 |
Henri Joki-Erkkilä | 2012-2014 |
Hannu Erkkilä | 2014-2015 |
Henri Joki-Erkkilä | 2015-2019 |
Antti Järvelä | 2019-2023 |
Antti Erkinjuntti | 2023- |
Líderes históricos
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia dous xogadores do RoKi superaron a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salienta a figura de Ilari Sainio, que con 18 tempadas no equipo de Rovaniemi é o líder en partidos xogados, puntos, asistencias e goles, ademais de ser o xogador que máis tempadas vestiu a camisola do equipo e o xogador máis penalizado. A continuación os rexistros das seis máximas puntuadoras históricas do equipo:[4]
Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.
Xogadora | Pos | PX | G | A | Pts |
---|---|---|---|---|---|
Ilari Sainio | F | 492 | 156 | 253 | 409 |
Vesa-Matti Inkeröinen | F | 276 | 136 | 227 | 363 |
Hannu Erkkilä | F | 188 | 124 | 114 | 238 |
Henri Joki-Erkkilä | F | 369 | 73 | 165 | 238 |
Olli-Matti Järvelä | F | 340 | 125 | 101 | 226 |
Números retirados
[editar | editar a fonte]O RoKi ten retirado tres números de xogadores ao longo da súa historia. Todos os xogadores homenaxeados son finlandeses. A continuación todos os números retirados polo RoKi:[5]
Número | Nome | Posición | Traxectoria | |
---|---|---|---|---|
6 | Ilari Sainio | F | 1995-2013 | [6] |
8 | Henri Joki-Erkkilä | D | 2008-2011 2011-2014 2015-2019 2020-2021 |
[7] |
17 | Jani Mikkola | D | 1995-2008 | [8] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]A continuación todos os adestradores do RoKi dende o seu ascenso á Suomi-sarja:[9]
Nome(s) | Período |
---|---|
Kyösti Ulkuniemi | 1999-2000 |
Marko Sykkö | 2000-2001 |
Ari Kokkonen | 2001-2002 |
Jari Helle | 2002-2004 |
Kai Suikkanen | 2004-2006 |
Ari Kokkonen | 2006-2007 |
Jouko Lukkarila | 2007-2008 |
Ari Kokkonen | 2008-2009 |
Miikka Rousu | 2008-2009 a 2009-2010 |
Vesa Surenkin | 2009-2010 |
Eero Vierola | 2010-2011 |
Janne Väihkönen | 2011-2012 |
Ari Kokkonen | 2012-2013 |
Petteri Hirvonen | 2013-2014 a 2016-2017 |
Juha Juujärvi | 2016-2017 |
Petri Karjalainen | 2017-2018 |
Santeri Immonen | 2018-2020 |
Matias Lehtonen | 2021-2023 |
Sakari Salmela | 2023- |
Equipo feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: RoKi Naiset.
O RoKi conta cun equipo feminino que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, categoría á cal ascendeu na primavera de 2020.[10] As mulleres do RoKi xogan tamén os seus partidos como locais no Lappi Areena, sendo un dos poucos equipos da Naisten Liiga que comparten estadio coa súa contraparte masculina.[11]
O equipo participou por primeira vez nunha competición oficial na tempada 1999-2000, cando xogou no grupo de Laponia na II-divisioona.[12] Na tempada 2014-15 o RoKi gañou o grupo 1 da Mestis, mais non puido conseguir o ascenso á máxima categoría ao finalizar na cuarta posición na serie final superior, ascenso que chegaría cinco anos despois.[12]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2022, 2023
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "HISTORIA" (en finés). RoKi Hockey. Consultado o 8 de outubro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Mikkola, Miikka (13 de outubro de 2020). "MESTIS 2000-2020: KAIKKI EIVÄT VOI OLLA MESTAREITA". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "RoKi - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "RoKi - All Time Regular Season Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). rokihockey.fi. Consultado o 4 de marzo de 2020.
- ↑ "Ilari Sainio" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Henri Joki-Erkkilä" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Jani Mikkola" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "RoKi - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de decembro de 2023.
- ↑ "Historiallinen syksy Rovaniemen lätkäfaneille: kausi alkaa liigajääkiekolla ensimmäistä kertaa ikinä". Yle.fi (en finés). 18 de agosto de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "Pelipaikat... Lipunmyynti... Budjetit... Ulkomaalaiset... Päävalmentajat... Tässä Naisten Liigan faktat ja tunnusluvut 2023–2024!" (en finés). Leijonat.fi. 5 de setembro de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023.
- ↑ 12,0 12,1 "RoKi" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ Uusitalo, Timo (19 de marzo de 2014). "Jääkiekon satutarina - KeuPa HT juhlii Suomi-sarjan voittoa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
- ↑ "Suomi-sarja. 2008-2009 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)