Kiko da Silva
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1979 (45 anos) Vigo, España |
Residencia | Pontevedra |
Educación | campus de Pontevedra Facultade de Belas Artes de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | debuxante de banda deseñada, artista de banda deseñada |
Sitio web | kikodasilva.blogspot.com |
Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa de novo, con 17 anos, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra.
En 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño, distribuído por La Voz de Galicia, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz, o protagonista, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos.
Dirixe a revista de historietas semestral BD Banda, ademais de publicar algunhas historietas. A publicación naceu promovida polo propio Da Silva e Cano Paz, e contou con apoio institucional do concello de Pontevedra a partir do segundo número. En 2007 a publicación profesionalizouse coa colaboración da Editorial Kalandraka, sendo relanzada cun novo número un e distribución estatal cunha dobre edición en galego e castelán.
Participa na revista de historietas infantís Mister K con dúas series fixas: "Clases con guasa" (peripecias de Guasa, un estudante lacazán e non moi intelixente) e "TurisTeo" (relacionada co mundo das viaxes e con Teo como "presentador" da serie). Tamén debuxaba con frecuencia historietas da sección de actualidade ou tema de portada. Logo de colaborar nesta publicación, pasou a publicar de xeito esporádico en El Jueves, co personaxe Emilio Eurista.
Dirixe a revista cómica Retranca e colabora habitualmente con La Voz de Galicia nas edicións locais de Pontevedra e Vigo, amais de ilustrar os monólogos de Róber Bodegas. No 2012 fundou a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, coñecida como O Garaxe Hermético, na que traballa como mestre.[2]
Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra.[3] Repetiu candidatura nas de novembro do mesmo ano.
Ilustracións
[editar | editar a fonte]No sector da literatura infantil, iniciouse en 1996 co libro Laia, a nena da illa (Xerais, 2006) ao que seguiu en 1998 co libro de Dolores Rial Fernández O cumpreanos do rei Pericón (Ir Indo) ou O pirata Xocas (Ir Indo). Posteriormente ilustrou varios libros para a editorial Kalandraka: A memoria das árbores (2000), Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (2000), de Chema Heras, Moncho e a mancha (2002, escrito por el mesmo) ou Rato de Campo e rato de cidade (2004), no ano 2007 publica "Que contan as ovellas para durmir" (Galaxia) e en 2019 Orestes perde o sentido (Xerais).
Outros
[editar | editar a fonte]- En 2007 foi galardoado co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra polo "seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada".[4]
- Tamén pintou un mural para unha biblioteca pública en Pontevedra.
- En 2018 estaba traballando na realización da súa primeira novela gráfica, Baixo a sombra das pedras flotantes.[5]
- Gañador do premio Castelao 2014 coa obra O inferno do debuxante, publicada en 2016.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "Kiko da Silva. Dibbuks". www.dibbuks.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019.
- ↑ "Kiko da Silva". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer). Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "Kiko da Silva, Premio Castelao por “O inferno do debuxante”". Sermos Galiza. 30/6/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kiko da Silva |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog do autor
- Kiko da Silva en Culturagalega.org
- Páxina oficial do Garaxe Hermético