Kim Campbell
Avril Phaedra Douglas "Kim" Campbell, coñecida como Kim Campbell, nada en Port Alberni, Columbia Británica o 10 de marzo de 1947, é unha avogada e política canadense. Foi a primeira muller en acceder como primeira ministra do Canadá do 25 de xuño ao 3 de novembro de 1993.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Campbell naceu en Port Alberni, Columbia Británica, como filla de Phyllis "Lissa" Margaret (de solteira Cook; 1923–2013) e de George Thomas Campbell (1920–2002), un avogado que prestou servizo nun rexemento de infantaría do exército canadense en Italia.[1][2] O seu pai naceu en Montreal, fillo de pais escoceses, provenientes de Glasgow. A súa nai abandonou a familia cando ela tiña doce anos, deixando á pequena Kim e a súa irmá Alix ao coidado do seu pai. Sendo adolescente, Campbell comezou a utilizar permanentemente o alcume de Kim.
Na súa preadolescencia, Campbell foi reporteira e condutora dun programa para nenos da CBC, chamado Junior Television Club.[3]
Campbell e a súa familia mudáronse a Vancuver, onde asistiu á Prince of Wales Secondary School e foi unha estudante sobresaliente. Graduouse en 1964.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Impartiu ciencias políticas na Universidade da Columbia Británica e exerceu a carreira de dereito durante dous anos antes de dedicarse á política. En 1988 foi elixida para o parlamento federal.
Primeira Ministra do Canadá
[editar | editar a fonte]Baixo o cargo do Primeiro Ministro Brian Mulroney, fíxose Ministra de Asuntos Indíxenas (1989), Ministra de Xustiza e Fiscal Xeral (1990) e Ministra de Defensa (1993). Despois da xubilación de Mulroney en xuño de 1993, pasou a ser a primeira muller en ocupar o posto de Primeiro Ministro do Canadá.
Derrota polos liberais
[editar | editar a fonte]O seu mandato foi breve; o 3 de novembro de 1993 o seu partido sufriu a peor derrota da súa historia e ela renunciou.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lissa VROOM's Obituary on The Times Colonist".
- ↑ McDonell, James K.; Campbell, Robert Bennett (1997). Lords of the North (en inglés). General Store Publishing House. ISBN 9781896182711.
- ↑ "Introducing Avril Campbell – Kim Campbell, First and Foremost – CBC Archives". Consultado o 6 de xuño de 2015.
- ↑ Joanna Everitt. "Uncovering the Coverage: Gender Biases in Canadian Political Reporting". Media Awareness Network. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2021.