Saltar ao contido

Kissy Chandiramani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKissy Chandiramani
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Ceuta, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Ceuta Editar o valor en Wikidata

Kissy Chandiramani Ramesh, nada o 8 de marzo de 1979 en Ceuta,[1] é unha política española. Membro do goberno autónomo de Ceuta, formou parte brevemente do grupo parlamentario do Partido Popular (PP) no Congreso dos Deputados en 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É membro da comunidade hindú de Ceuta.[2] Obtivo unha licenciatura en Dereito na Universidade San Pablo CEU[3] e licenciouse en dereito da Unión Europea na Sorbona (2001-2002). [4] Traballou nun bufete de avogacía e nunha oficina do BBVA.[5] [6] Despois de concorrer no posto 12 da lista do Partido Popular (PP) ás eleccións locais de 2003, entrou na Asemblea de Ceuta en 2003.[6] Foi nomeada conselleira de Economía, Finanzas e Función Pública do Goberno Autónomo de Ceuta en 2017.[5]

Tras ser Juan Bravo Baena nomeado Conselleiro de Economía da Xunta de Andalucía,[4] Kissy tomou posesión do escano deste por Ceuta no Congreso dos Deputados o 12 de febreiro de 2019.[7][8] Converteuse así na "primeira deputada do Congreso de orixe hindú".[9] Tomou posesión de novo como conselleira de Economía, Finanzas e Función Pública en Ceuta en marzo de 2020.[10]