Saltar ao contido

Kneecap (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kneecap
Ficha técnica
Título orixinalKneecap
DirectorRich Peppiatt
Produtor
  • Jack Tarling
  • Trevor Birney
GuiónRich Peppiatt
Baseado enHistoria de
Intérpretes
MúsicaMichael "Mikey J" Asante
FotografíaRyan Kernaghan
Montaxe
  • Julian Ulrichs
  • Chris Gill
Estudio
Distribuidora
EstreaSundance: 18 de xaneiro de 2024
Duración105 minutos[2]
OrixeIrlanda Irlanda
Reino Unido Reino Unido
XéneroDrama e comedia
Recadación3,6 millóns de euros[3]
Na rede
https://www.sonyclassics.com/film/kneecap/
IMDB: tt27367464 Editar o valor en Wikidata

Kneecap é un filme irlandés de 2024 escrito e dirixido por Rich Peppiatt. O filme conta a historia do ascenso musical do grupo de hip hop Kneecap, orixinario de Belfast. O filme está protagonizado polos propios membros do grupo, xunto cob Josie Walker, Fionnuala Flaherty, Jessica Reynolds, Adam Best, Simone Kirby e Michael Fassbender nos papeis secundarios.

Kneecap estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 18 de xaneiro de 2024, sendo o primeiro filme rodado en lingua irlandesa en facelo, e gañou o Premio NEXT Audience. Estreouse en Irlanda na 36ª edición do Galway Film Fleadh, onde gañou o premio ao mellor filme irlandés, o premio da audiencia e mellor filme en lingua irlandesa. Estreouse nos Estados Unidos o 2 de agosto de 2024 a través de Sony Pictures Classics, o 8 de agosto nos cinemas de Irlanda 2024 a través de Wildcard Distribution. Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios.[4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

Jack Tarling e Trevor Birney producen o filme para Mother Tongues e Fine Point Films respectivamente. Rich Peppiatt escribiu e dirixiu o filme malia non ser falante de lingua irlandesa.[5] Para Peppiatt, marca o seu debut na dirección de longametraxes, xa que dirixiu previamente o videoclip do sinxelo da banda, "Guilty Conscience".[6] Os propios membros da banda aparecen no filme intepretándose a si mesmos, xunto a actores irlandeses experimentados como Michael Fassbender, Josie Walker e Simone Kirby.[7] A fotografía principal realizouse en Belfast en maio de 2023.[8][9]

  1. 1,0 1,1 Ritman, Alex (19 de xaneiro de 2024). "'Kneecap' Biopic Acquired by Sony Pictures Classics in First Major Sundance Sale". Variety. Consultado o 19 de xaneiro de 2024. 
  2. "Kneecap (18)". BBFC. 13 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  3. "Kneecap". Box Office Mojo. Consultado o 13 de setembro de 2024. 
  4. Goodfellow, Melanie (2 de agosto de 2024). "Oscars: Ireland Submits 'Kneecap'For 2025 Best International Feature Film Category". Deadline Hollywood. Consultado o 2 de agosto de 2024. 
  5. Clarke, Donald (6 de decembro de 2023). "Kneecap: Irish rap group's biopic to have world premiere at Sundance Film Festival 2024". The Irish Times. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  6. Keslassy, Elsa; Yossman, KJ (27 de outubro de 2023). "Michael Fassbender to Star in Biopic About Irish Rap Group Kneecap (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  7. Corscadden, Jane (6 de decembro de 2023). "Film based on Kneecap's origin story to premiere at Sundance Film Festival in US". Belfast Live. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  8. Roy, David (6 de decembro de 2023). "Kneecap: Irish rap group's movie to premiere at Sundance Film Festival". Irish News. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  9. Keslassy, Elsa (9 de maio de 2023). "Irish Rap Band Kneecap to Be Portrayed in Rich Peppiatt's Raucous Comedy Slated for GREAT 8 Showcase, Boarded by Charades, Curzon (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 8 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]