Saltar ao contido

Kneecap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kneecap
OrixeBelfast, Irlanda do Norte
Período2017 - actualidade
Xénero(s)rap
Selo(s) discográfico(s)Heavenly Recordings
MembrosMóglaí Bap
Mo Chara
DJ Provaí
Na rede
https://www.kneecap.ie/
Twitter: kneecapceol Instagram: kneecap32 Youtube: UCR8_tdf_kr2tn01dFmRK6wQ TikTok: kneecapceol Bandcamp: kneecapSouncloud: user-89644332 Spotify: 1ZVACPeq7ccGCoUXwtafUU iTunes: 1330315811 Musicbrainz: 6ac275dd-eb37-42cf-9a60-6b147320c7be Songkick: 9759359 Allmusic: mn0004594146 Deezer: 13860855 Editar o valor en Wikidata

Kneecap (en inglés "rótula") é un trío de hip hop orixinario de Belfast que fai música en lingua irlandesa. Os seus integrantes son Móglaí Bap e Mo Chara, cos que tamén toca o DJ Provaí.[1][2] As súas letras conteñen temas sobre o republicanismo irlandés. O seu primeiro sinxelo "C.E.A.R.T.A." (termo irlandés para "dereitos") lanzouse en 2017, seguido do seu primeiro álbum 3CAG, en 2018.[3] O seu segundo álbum, Fine Art lanzouse en 2024 e un filme biográfico do grupo estreouse ese mesmo ano.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 2017 lanzaron o seu primeiro sinxelo, "C.E.A.R.T.A".[5] Acadaron sona cando a Raidió Teilifís Éireann (a canle pública irlandesa) censurou a canción.[6] As súas letras falan sobre a precariedade laboral, as drogas, o sexo, a festa, pero tamén sobre a presenza militar británica en Irlanda do Norte ou a discriminación lingüística dos falantes de irlandés.[7] A súa controversia provén do feito de que as súas cancións abordan de xeito explícito esta temática e con elas promoven o consumo de drogas, os actos antisociais e o insulto ás autoridades.[8]

O filme biográfico de 2024 Kneecap, na que os membros reais da banda se interpretan a si mesmos xunto a actores profesionais como Michael Fassbender, Josie Walker e Simone Kirby, está ambientado no Gaeltacht Quarter de Belfast Oeste en 2019. O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 18 de xaneiro de 2024, sendo o primeiro filme en lingua irlandesa en facelo.[9]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • C.E.A.R.T.A (2017)
  • Amach Anocht (2018)
  • H.O.O.D (2018)[11]
  • Gael-Gigolos (2019)
  • Fenian Cunts (2019)
  • Get Your Brits Out (2019)
  • MAM (2020)[12]
  • Thart agus Thart (2021)
  • Guilty Conscience (2022)[13]
  • IT'S BEEN AGES (2023)
  • Better Way to Live (2023)
  1. Earley, Kelly. "Who are KNEECAP? Everything you need to know about the Irish rappers in trouble with both BBC and RTÉ". The Daily Edge (en inglés). Consultado o 2020-09-07. 
  2. Mullally, Una (2022-03-16). "A Celtic Revival, in Hip-Hop and More". The New York Times (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  3. "3CAG YouTube" – vía YouTube. 
  4. "Kneecap movie trailer released ahead of UK premiere in London". Belfast Telegraph (en inglés). 2024-06-06. Consultado o 2024-06-18. 
  5. "Amhrán na hAoine 'C.E.A.R.T.A.', le Kneecap". nos.ie. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  6. Conway, Christopher Ronan (24 de marzo de 2020). "Belfast hip hop trio Kneecap and the new Irish rebel music". irishcentral.com. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  7. X.M.P. (9 de abril de 2020). "Kneecap: hip hop en gaélico desde o barrio menos leal de Belfast". Nós Diario. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  8. Feeney, Oisin (3 de marzo de 2019). "Celebrating Gaelic gangster rap in Ireland this Seachtain na Gaeilge". irishcentral.com. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  9. O'Broin, Cian (6 de decembro de 2023). "Belfast rap group Kneecap make history with new film becoming first Irish language movie at Sundance Festival". Irish Independent. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  10. "3cag". Consultado o 10 de abril de 2020. 
  11. Luke Sharkey, ed. (2019-04-17). "KNEECAP are maestro provocateurs in new video for 'H.O.O.D.'". Nialler9 (en inglés). Consultado o 2024-01-27. 
  12. "KNEECAP X DYRT - MAM (Official Audio)" (en irlandés). 
  13. "KNEECAP - Guilty Conscience (Official Music Video)" (en irlandés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]