Humpy Koneru
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (te) కోనేరు హంపి ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de marzo de 1987 ![]() Vijayawada, India ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista ![]() |
Nacionalidade deportiva | India ![]() |
Deporte | xadrez ![]() |
Título de xadrecista | Mestra Internacional Femenina (1998) Gran Mestra Feminina (2001) Gran Mestre (2002) ![]() |
Puntos ELO (màx.) | 2.623 (2009)< |
Identificador FIDE | 5008123 ![]() |
Participou en | |
2018 | Women's Chess Olympiad 2018 (en) ![]() |
2006 | Women's Chess Olympiad 2006 (en) ![]() |
2006 | Jogos Asiáticos de 2006 (pt) ![]() |
2004 | Women's Chess Olympiad 2004 (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Koneru Ashok ![]() |
Premios | |
|
Koneru Humpy ou Humpy Koneru[1] nada en Vijayawada, Andhra Pradesh, o 31 de marzo de 1987, é unha xadrecista india.[2] En 2002 converteuse na oitava muller en conseguir o título de Gran Mestra Feminina e a máis nova (15 anos, 1 mes e 27 días), co que superou o récord previo de Judit Polgár por tres meses. A chinesa Hou Yifan superou esa marca en 2008.[3] En outubro de 2007 Humpy converteuse na segunda muller, após Polgár, en superar a barreira de 2600 puntos Elo, con 2606 puntos.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Humpy gañou tres medallas de ouro no Mundial Xuvenil de Xadrez: en 1997 (sub-10 feminino), 1998 (sub-12 feminino) e 2000 (sub-14 feminino). No Campionato Asiático Xuvenil de Xadrez de 1999 en Ahmedabad gañou na categoría sub-12, competindo cos mozos.[5] En 2001 gañou o Mundial Júnior Feminino. Na edición do ano seguinte en Goa empatou con Zhao Xue no primeiro lugar, mais ficou segunda tralo desempate.[6] Humpy competiu cos mozos no Mundial Júnior de 2004 en Kochi, o cal gañou Pentala Harikrishna. Empatou no quinto posto, mais acabou décima tralo reconto cunha puntuación de 8,5/13 puntos.[7]
Humpy gañou o Campionato Femenino Británico en 2000 e en 2002. En 2003 gañou o 10º Campionato Individual Feminino de Asia e o Campionato Feminino da India.[8] En 2005 gañou a Copa Urais Norte, un torneo feminino celebrado en Krasnoturiinsk (Rusia) que conta coas dez mellores xadrecistas a nivel mundial do momento.[9]
En 2004 participou por primeira vez no Mundial Feminino. Desde entón, competiu en todas as edicións co formato de knockout ou de eliminación directa. Humpy chegou ás semifinais en 2004, 2008 e 2010.
En 2009 empatou no 1º posto con Alexander Areshchenko, Magesh Panchanathan e Evgenii Miroshnichenko na Mayor Cup de Mumbai.[10] Finalmente, foi Areshchenko quen se fixo co triunfo.
En 2009 Humpy acusou a All India Chess Federation de prohibirlle participar na 37ª Olimpíada de Xadrez en Turín. Previamente denunciara acoso psicolóxico por parte do secretario da entidade.[11][12] O seu pai e adestrador, Humpy Ashok, non foi autorizado para viaxar con ela aos torneos.
Humpy obtivo o segundo lugar no Grand Prix Feminino de 2010, polo que puido clasificarse para o Mundial Feminino de Xadrez de 2011 en Doha.[13][14] Hou Yifan gañou o encontro, ao gañar tres xogos e facer cinco táboas. Humpy foi subcampioa nas series de Grand Prix Feminino tamén en 2011–2012, 2013–2014, 2015–2016 e 2019–2021.
Gañou o bronce individual no Mundial Feminino por equipos de 2015 en Chengdu. O equipo indio quedou cuarto na competición, a só un punto do chinés, que gañou a medalla de bronce.[15]
En 2019 converteuse en campioa mundial feminina de xadrez rápido despois de dous anos sabáticos debido á súa maternidade.[16]
Representou á India nas Olimpíadas de Xadrez de 2022 en Mahabalipuram.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Os seus pais, Koneru Ashok e Latha Ashok, chamárona nun principio «Hampi», nome derivado de champion («campioa»). O pai mudou máis adiante a ortografía a Humpy, para que tivese unha sonoridade máis próxima ao ruso.[3][17]
En agosto de 2014 casou con Dasari Anvesh.[18] Na actualidade traballa en ONGC Ltd., a empresa pública india de petróleo e gas natural.[19]

Deu a luz unha nena, Ahana, en 2017.[20]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]
- 1999: a Mestra Internacional Feminina máis nova de Asia
- 2001: a Gran Mestra Feminina máis nova da India
- 2003: Premio Arjuna ao mérito deportivo do Goberno da India
- 2007: Premio Padma Shri, recoñecemento civil outorgado polo Goberno da India
- 2019: Grand Prix Feminino de Skolkovo
- 2019: Grand Prix Feminino de Mónaco
- 2019: Mundial Feminino de Xadrez Rápido[21]
- 2020: Copa Cairns[22]
- 2020: Ouro na Olimpíada Online de Xadrez
- 2021: Premio da BBC á Deportista Feminina India do ano, por votación pública[23]
- 2021: Bronce na Olimpíada Online de Xadrez
- 2022: Bronce na 44ª Olimpíada de Xadrez
- 2022: Copa Gaprindashvili por equipos da 44ª Olimpíada de Xadrez
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En moitas partes da India é común pór primeiro o apelido familiar, seguido do nome persoal. Así, "Koneru" é o apelido e "Humpy" é o seu nome persoal. Unhas veces o seu nome é escrito Koneru Humpy, segundo a tradición da cultura telugu, e outras, polas convencións occidentais, é escrito Humpy Koneru.
- ↑ "The inspiring return of Koneru Humpy". ChessBase India. 29 de decembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Humpy beats Judit Polgar by three months". ChessBase (en inglés). 31 de maio de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Anand crosses 2800 and leads the October 2007 FIDE ratings". ChessBase (en inglés). 10 de febreiro de 2007. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Humpy on high!". Rediff.com (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Goa 2002 - 20° Campeonato Mundial Juvenil Feminino". BrasilBase (en portugués). Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Cochin 2004 - 43° Campeonato Mundial Juvenil". BrasilBase (en portugués). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The Week in Chess 471". The Week in Chess (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ "North Urals Cup: Humpy wins, Xu Yuhua second". ChessBase (en inglés). 15 de xullo de 2005. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ Zaveri, Praful (15 de maio de 2009). "Areshchenko triumphs in Mayor's Cup – Jai Ho Mumbai!!". ChessBase (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Koneru Humpy accuses AICF secretary of harassment". IBN Sports. 24 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 October 2009. Consultado o 20 de outubro de 2010.
- ↑ "Humpy replies to Sundar – issues open challenge". ChessBase. 25 de outubro de 2009. Consultado o 20 de outubro de 2010.
- ↑ "Women GP Nalchik". FIDE (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Humpy pulls it off – wins Doha GM and qualifies". ChessBase (en inglés). 5 de marzo de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ "World Women Chess: Harika wins silver, bronze for Humpy". The Hindu (en inglés) (Chengdu). PTI. 29 de abril de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ Shah, Sagar (29 de decembro de 2019). "The inspiring return of Koneru Humpy". Chessbase.in (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The Tribune, Chandigarh, India - Sports Tribune". The Tribune (en inglés). 8 de abril de 2006. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ J. R. Shridharan. "Humpy enters wedlock with Anvesh". The Hindu. Consultado o 17 de febreiro de 2015.
- ↑ "Humpy joins ONGC". The Hindu. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Grandmaster Koneru Humpy learning the moves of a mother". www.telegraphindia.com (en inglés). Consultado o 2020-05-22.
- ↑ Sampat, Amit (30 de decembro de 2019). "Koneru Humpy pockets first world chess crown, clinches Women's rapid title in Russia". The Times of India (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2023.
- ↑ "2020 Cairns Cup March 2020 United States of America FIDE Chess Tournament report". FIDE (en inglés). 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Koneru Humpy: Chess player is BBC Indian Sportswoman of the Year". BBC (en inglés). 8 de marzo de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Humpy Koneru en ChessGames.com
- Humpy Koneru chess games at 365Chess.com
- Entrevista con GM Humpy Humpy de LastChess.com
- "Super-Grandmaster Koneru Humpy speaking" (en inglés). 12 de decembro de 2007. Consultado o 12 de xaneiro de 2023.