Konstantin Paustovski
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1892 (Xuliano) ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Morte | 14 de xullo de 1968 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Lugar de sepultura | Tarusa (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética (1922–) Imperio Ruso (–1917) ![]() |
Educación | Universidade Estatal de Moscova ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , dramaturgo , escritor de literatura infantil , xornalista , xornalista de opinión ![]() |
Período de actividade | 1912 ![]() |
Empregador | Instituto de Literatura Maxim Gorki ![]() |
Xénero artístico | Novela, novela curta, conto, obra de teatro, Conto de fadas e sketch story (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua rusa ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Konstantin Paustovski, nado o 31 de maio de 1892 en Moscova e finado o 14 de xullo de 1968, foi un escritor soviético.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Moscova, fillo dun ferroviario que descendía dunha liñaxe de cosacos e da filla dun intelectual polonés, pero medrou en Ucraína, estudou en Kíiv e en 1912 matriculouse na universidade, primeiro realizando estudos de historia natural e despois de dous anos de dereito, pola primeira guerra mundial interrompeu os seus estudos, traballou como paramédico nun tren hospital e tras a morte de dous irmáns volveu a Moscova con súa nai e despois traballou en fábricas metalúrxicas de Dnipropetrovsk e Donestk. En 1916 trasladouse a Tanganrog e alí comezou a escribir a que sería a súa primeira novela, Romantiki que non publicou ata 1935, Paustovski comezara a escribir mentres estudaba no instituto e en 1911 unha revista de Kíiv publicáralle o seu primeiro relato. Con todo, o primeiro libro publicado foi o conxunto de relatos Morskiye Nabrosk en 1925. Kara-Bogaz (1932) constituíu un éxito e permitiulle dedicarse por enteiro á literatura. Durante a segunda guerra mundial foi correspondente de guerra.