Konstantin Tsiolkovskii
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1857 (Xuliano) ![]() Izhevskoe (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 19 de setembro de 1935 ![]() Kaluga (Unión Soviética) ![]() |
Lugar de sepultura | Kaluga (pt) ![]() ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Vyatka men's gymnasium (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronáutica, ballooning (en) ![]() ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Borovsk (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, filósofo, astrónomo, científico, cosmólogo, físico, escritor, escritor de ciencia ficción, matemático, inventor, mestre ![]() |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Familia | Q6545773 ![]() ![]() |
Cónxuxe | Q28357677 ![]() |
Fillos | Q15707329 ![]() |
Pai | Q131577849 ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Циолковский Константин Эдуардович) Obálky knih, ![]() Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Konstantin Eduardovich Tsiolkovskii (en ruso: Константин Эдуардович Циолковский) nado en Izhevskoe (Riazan) o 17 de setembro de 1857 e finado en Kaluga o 19 de setembro de 1935, foi un científico ruso, pioneiro na teoría da Astronáutica e impulsor teórico dos foguetes espaciais. As súas obras máis tarde inspiraron os principais enxeñeiros de foguetes como Sergey Korolev e Glushko Valentín e contribuíron ao éxito do programa espacial soviético.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos seus primeiros anos viviu en Ryazan, ao sur de Moscova. Cando tiña 10 anos unha febre produciulle a perda completa da audición do oído esquerdo, o que o imposibilitou o resto da súa vida.
Aos 16 anos trasladouse a Moscova onde aprendeu por si mesmo matemáticas, mecánica analítica, astronomía física e química na biblioteca de Moscova.
En 1897 construíu o primeiro túnel de vento de Rusia, o que permitiu comprobar características aerodinámicas de modelos de aeronaves diferentes. A academia das ciencias outorgoulle diñeiro para construír un túnel de vento máis grande.
Inspirado pola novela Da terra á lúa de Jules Verne teorizou moitos aspectos dos viaxes espaciais e da propulsión de foguetes.
Está considerando o pai dos voos espaciais e a primeira persoa en concibir un ascensor espacial.[1]
Con 22 anos o Ministerio outorgoulle unha praza de mestre, profesión que exerceu ata a súa xubilación en 1920.
Publicacións científicas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Chertrg_Tsiolkovsky.jpg/220px-Chertrg_Tsiolkovsky.jpg)
Gradualmente Tsiolkovskii foi centrar a súa atención nos voos espaciais e comezou a escribir sobre o espazo. O seu libro Грезы о Земле и небе, Greozy o zemie i Neve (Soños da Terra e do Ceo) foi publicado en 1895; o ano seguinte publicou un artigo sobre como comunicarse con seres doutro planeta.
En 1903 aparecía publicado no número cinco da revista Nauchnoe Obozrenie a súa Изследование мировых пространств реактивными приборами Izsledovanie mirobykh prostranstv reactivymi privorami ( Investigación do espazo por medio de motores de reacción) definindo os cálculos básicos dos voos espaciais modernos. Tsiolkovskii describiu en profundidade o uso de foguetes para o lanzamento de naves espaciais orbitais.
Estableceu a relación de masas dos foguetes e en consecuencia a fórmula fundamental da astronáutica. Propuxo o sistema de foguetes segmentados, aceptado universalmente, e a substitución do combustible sólido da época por propergol líquido, de maior rendemento.
A época entre 1910 e 1920 demostrou ser especialmente produtiva, publicou dez grandes obras que tentaban esclarecer a natureza dos corpos en órbita, o desenvolvemento de principios científicos de vehículos de reacción, deseño de estacións espaciais orbitais ou as viaxes interplanetarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.spaceward.org/elevator-who Arquivado 23 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Konstantin Tsiolkovskii |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Konstantin Tsiolkovskii |