Kosmogonías
Aparencia
Kosmogonías | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Berrogüetto | ||||
Publicado | 2010 | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Berrogüetto Producciones | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Kosmogonías é o título do quinto disco de Berrogüetto, publicado o 26 de abril de 2010 e que ten a novidade de ser o primeiro no que a formación galega conta con Xabier Díaz como cantante.
Composto por once cancións, Kosmogonías mantén o seu estilo tan persoal e definido por Berrogüetto dende os seus inicios. Innovadores dende o seu primeiro traballo, este último disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma de Berrogüetto a través da súa especial concepción musical. Xunto á súa acostumada sensibilidade, atopamos as colaboracións de escritores como Rosa Aneiros ou Manuel Rivas, quen cedeu un dos seus poemas como letra de Alalá da noite.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Alalá da Noite" | 4:34 | |
2. | "Astrea" | 2:20 | |
3. | "Igneominea" | 4:24 | |
4. | "Líridas de Abril" | 4:20 | |
5. | "Planeta Can" | 5:06 | |
6. | "Cantar de Camiño" | 4:54 | |
7. | "Nadir" | 4:41 | |
8. | "Meirol" | 4:24 | |
9. | "Ataque de Jota" | 5:04 | |
10. | "Caneta de Poeta" | 4:30 | |
11. | "Esfericantus" | 4:33 |