Kostiantyn Bohachevskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1884 Manayiv (en) |
Morte | 6 de xaneiro de 1961 (76 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
1º Arcebispo católico | |
10 de xullo de 1958 – – Ambrosii Senyshyn → | |
Arcebispo titular | |
5 de abril de 1954 – Diocese: Beroe (en) | |
Bispo titular | |
20 de maio de 1924 – Diocese: titular see of Amisus (en) | |
Bispo católico oriental | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína e Igrexa católica |
Educación | Universidade de Innsbruck |
Actividade | |
Campo de traballo | Pastoral e ecclesiastical hierarchy (en) |
Ocupación | bispo católico (1924–), sacerdote católico (1909–), Arcebispo, presbítero greco-católico, Arcebispo metropolitano |
Consagración | Yosafat Kotsylovskyi |
Kostiantyn Bohachevskyi[1] (en ucraíno: Костянтин Богачевський), nado o 17 de xuño de 1884 en Manaiv (Ucraína) e finado o 6 de xaneiro de 1961 en Filadelfia (Estados Unidos) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, 1º metropolita de Filadelfia entre 1958 e 1971.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 17 de xuño de 1884 en Manaiv (entón no Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína).[2] O 31 de xaneiro de 1909 foi ordenado sacerdote en Lviv polo arcebispo Andrei Sheptytskyi.[2] Entre 1923 e 1924 foi vigairo xeral de Przemyśl.[2] O 20 de maio de 1924 foi nomeado exarca apostólico dos Estados Unidos e bispo titular de Amisus.[2] Recibiu a consagración episcopal o 15 de xuño en Roma, de mans do bispo de Przemyśl, Yosafat Kotsylovskyi, e tivo como co-consagradores principais ao exarca de Constantinopla Isaias Papadopoulos e ao bispo de Križevci Dionizije Njaradi.[2]
O 5 de abril de 1954 foi nomeado arcebispo, recibindo a sé titular de Beroë.[2] O 10 de xullo de 1958 foi nomeado metropolita de Filadelfia.[2] Finou en Filadelfia o 6 de xaneiro de 1961.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Soter Stefan Ortynskyi |
Exarca Apostólico dos Estados Unidos 1924 - 1958 |
Sucesor: (Elevación da sé) |
Predecesor: (Elevación da sé) |
Arcebispo de Filadelfia 1958 - 1961 |
Sucesor: Ambrosii Senyshyn |