Soter Stefan Ortynskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1866 Ortinichi (en) |
Morte | 24 de marzo de 1916 (50 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Filadelfia |
Bispo diocesano | |
4 de marzo de 1907 – | |
Bispo titular | |
4 de marzo de 1907 – Diocese: Daulia (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Estados Unidos de América (1907–) |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1907–), sacerdote católico (1891–) |
Consagración | Andrei Sheptytskyi |
Soter Stefan Ortynskyi de Labets (en ucraíno: Сотер Стефан Ортинський де Лабетц), nado o 29 de xaneiro de 1866 en Ortynychi (Ucraína) e finado o 24 de marzo de 1916 en Filadelfia (Estados Unidos) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, 1º ordinario dos Estados Unidos dende 1907 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 29 de xaneiro de 1866 en Ortynychi (Reino de Galicia e Lodomeria).[1] En 1889 fixo a profesión solemne como basiliano, e o 18 de xullo de 1891 foi ordenado sacerdote.[1]
O 28 de febreiro de 1907 o papa Pío X nomeouno bispo visitador para os greco-católicos dos Estados Unidos de América, asignándolle a sé titular de Daulia.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo Andrei Sheptytskyi en Lviv o 12 de maio do mesmo ano.[1] O 28 de maio de 1913 foi nomeado exarca apostólico dos Estados Unidos. Finou en Filadelfia o 24 de marzo de 1916.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: (Creación da sé) |
Ordinario dos Estados Unidos 1907 - 1916 |
Sucesor: Petro Poniatyshyn (como administrador apostólico) |