Saltar ao contido

Kreuzlingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKreuzlingen
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°38′45″N 9°10′42″L / 47.6458, 9.1783
Estado federadoSuíza
CantónsTurgovia
DistritoDistrito de Kreuzlingen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación21.801 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.897,39 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie11,49 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Constanza Editar o valor en Wikidata
Altitude397 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal8280 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico071 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo4671 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkreuzlingen.ch Editar o valor en Wikidata

Kreuzlingen é unha cidade e comuna suíza do cantón de Turgovia, capital do distrito de Kreuzlingen.

Situación

[editar | editar a fonte]

Kreuzlingen atópase nas beiras do lago Constanza. Limita ao norte coa comuna de Constanza (DE-BW), ao leste con Bottighofen, ao sueste con Lengwil, ao suroeste con Kemmental e ao oeste con Tägerwilen.

Cidade transfronteiriza

[editar | editar a fonte]

Realmente esta cidade e a veciña alemá de Constanza forman un único núcleo urbano, compartindo as súas rúas e conformando unha cidade real que supera os 100.000 habitantes, a maior concentración urbana deste gran lago.

A orixe da cidade está no antigo mosteiro agostiño de "Crucelin", fundado no ano 1125 polo bispo Ulrich I (Santo Ulrico). Unha das rutas do Camiño de Santiago comeza en Kreuzlingen-Constanza.[1]

Monumentos e turismo

[editar | editar a fonte]

A cidade de Kreuzlingen conta con numerosos monumentos e lugares de lecer. Anexo ao seu porto atópase o Seeburgpark, un parque á beira do lago cunha importante zona de xogos infantís, amplos recintos de animais en perigo da zona e acceso directo ao Seemuseum, ou Museo do Lago, cuxo contido xira ao redor da historia do transporte fluvial e a pesca no mesmo.

Entre os edificios máis importantes da cidade están a basílica de Santo Ulrico (século XII) e o Palacio Girsberg (século XV), que alberga un Museo de Marionetas.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

A cidade sitúase no extremo nordés de Suíza e nas beiras do lago, o cal a converte nun nó de comunicacións importante, con accesos directos por ferrocarril e barco a diferentes cidades das veciñas Alemaña e Austria. Ademais, o aeroporto de Zürich atópase a só unha hora de traxecto por tren.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]