Kurenai no Buta
Porco Rosso | |
---|---|
![]() Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kurenai no Buta |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Shūichirō Moriyama Tokiko Kato Akemi Okamura Akio Ōtsuka |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Atsushi Okui |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli Studio Pierrot |
Distribuidora | Toho (Xapón) Walt Disney Pictures (USA) |
Estrea | 1992 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventura, fantasía |
Orzamento | $9 200 000 |
Recadación | $34 100 000 |
Na rede | |
http://movies.disney.com/porco-rosso e https://www.ghibli.jp/works/porco/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Porco Rosso (紅の豚 Kurenai no Buta?, en galego Porco Vermello), é un filme de anime de 1992 sobre un piloto italiano da primeira guerra mundial, que vive coma cazarrecompensas independente contra os "Piratas do Aire" no Mar Adriático. Disque foi vítima dunha maldición que o converteu nun porco. Outros aseguran que el mesmo maldiciuse ó remata-la Gran Guerra, farto dunha humanidade corrupta e que adoraba a guerra e o sangue. Cando coñece a Fio decátase de que aínda quedan persoas boas e puras e dalgún xeito, é capaz de anula-lo feitizo.
Foi orixinalmente pensada coma unha película para amosar en voo para as Japan Airlines, baseada no manga de Miyazaki The Age of the flying Boat (A Era dos Botes voadores), pero a produción foi ensombrecida pola guerra en Iugoslavia que acabou dándolle á película un ton máis serio.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Porco é un cocho aviador que frustra todos os actos de piratería perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a acabar con valente e hábil aviador, póñense de acordo para contratar a un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Actor de dobraxe |
---|---|
Porco Rosso | Shuichiro Moriyama |
Donald Curtis | Akio Ōtsuka |
Madame Gina | Tokiko Kato |
Mamma Aiuto Gang Boss | Tsunehiko Kamijo |
Mr. Piccolo | Sanshi Katsura |
Fio Piccolo | Akemi Okamura |
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1992: Mainichi Film Concours: Mellor filme de animación e mellor BSO.
- 1993: Festival de Annecy: Mellor longametraxe.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kurenai no Buta ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Porco Rosso en Nausicaa.net
- Sobre o manga de Miyazaki A Era dos Botes voadores
- Porco Rosso na IMDb (en inglés)