A viaxe de Chihiro
A viaxe de Chihiro | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sen to Chihiro no kamikakushi |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Rumi Hiiragi Miyu Irino Mari Natsuki |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Atsushi Okui |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho (Xapón) Walt Disney Pictures (USA) Universal Studios (só distribución de vídeos domésticos en Italia e México) |
Estrea | 2001 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación, aventuras |
Orzamento | $19 000 000 |
Recadación | $330 000 000 |
Na rede | |
https://www.ghibli.jp/works/chihiro/, http://bventertainment.go.com/movies/spiritedaway/index2.html e http://SpiritedAway15.com | |
A viaxe de Chihiro[1] (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Chihiro é unha nena de aproximadamente dez anos, perturbada polo cambio de residencia que está obrigada a facer cos seus pais. Cando estes, chamados Akio e Jou, din que teñen que cambiar de casa, Chihiro non pode ocultar agochar os seus sentimentos negativos. No camiño para a súa nova casa, a familia vai no coche por unha estrada abandonada e de súpeto atópanse cunha rúa sen saída. Alí descobren un enorme edificio vermello cun túnel escuro que semella unha boca xigantesca. O túnel leva a unha cidade pantasma onde hai un fantástico banquete.
Akio e Jou non dubidan en probalos alimentos dicíndolle á súa filla que aínda que non hai ninguén para atendelos teñen cartos abondo para pagar. Chihiro mira ós seus pais sen unirse a eles, e eles engulindo prato tras prato ata que sen decatarse, son transformados en porcos. Sen querer entraron nun mundo habitado por deuses antigos e seres máxicos, gobernado pola, malvada Yubaba, unha meiga que rexenta un casa de baños para milleiros de deuses e espíritos. Yubaba dille a Chihiro que os seus pais foron transformados en animais por comportarse coma eles, e a súa intención é matalos para servir de alimento, este é o castigo por comer un banquete que estaba reservado para os deuses.
Afortunadamente, Chihiro atopa un amigo na forma do enigmático Haku. Haku vive na casa de baño con Yubaba. El é un neno (aparentemente) que a axuda a sobrevivir no mundo espiritual, por razóns que son reveladas ó final do filme.
Temática
[editar | editar a fonte]A temática principal é a viaxe liminal que realiza a personaxe protagonista cara ao reino dos espíritos, onde fica alonxada de todo o que coñece. O tránsito de Chihiro neste mundo alternativo, que pode ser comparado co de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll, representa o seu paso da infancia á madurez.[2] A entrada arquetípica no outro mundo delimita a condición de Chihiro como alguén que se atopa entre esas dúas etapas. A personaxe tamén se mantén fóra dos límites da sociedade na contorna sobrenatural. O uso da palabra «kamikakushi» (神隠し? lit. «Oculto polos deuses») no título xaponés da pelícua e o seu respectivo folclore reforzan esta pasaxe. «Kamikakushi é un veredito de "morte social" neste mundo e regresar a este mundo tras o kamikakushi significa a "resurrección social"'». Pola súa banda, a personaxe de Yubaba comparte certas semellanzas co cocheiro das Aventuras de Pinocchio porque transforma os humanos en porcos do mesmo xeito que os cativos do país do xoguete se transformaban en asnos. Ao conseguir emprego na casa de baños termais, Yubaba rouba o verdadeiro nome de Chihiro, o que simbolicamente significaría a morte da rapaza, e que debe asumir entón a entrada na vida adulta. Chihiro experimenta un rito de pasaxe segundo o formato do monomito. No seu intento de recuperar a continuidade co pasado, Chihiro debe forxar unha nova identidade.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2002: Oscar ó mellor filme de animación.
- 2002: Nomeada ó BAFTA: Mellor filme de fala non inglesa.
- 2002: Berlín: Oso de Ouro Mellor Filme.
- 2002: Nomeada ó César: Mellor filme estranxeiro.
- 2002: National Board of Review: Mellor longametraxe animado.
- 2002: Festival de Sitges: premio especial (Hayao Miyazaki). 2 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A viaxe de Chihiro". NUMAX.
- ↑ Satoshi, Ando (2008). "Regaining Continuity with the Past: Spirited Away and Alice's Adventures in Wonderland" (PDF). Bookbird: A Journal of International Children's Literature (Project MUSE) 46 (1): 23–29. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A viaxe de Chihiro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A viaxe de Chihiro na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)