Saltar ao contido

Kurt Vile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKurt Vile

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Lansdowne, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPenn Wood High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautor, artista discográfico, Cantante de rock, cantante, guitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock e música tradicional Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e Banjo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSecretly Canadian Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSam Vile Editar o valor en Wikidata

Páxina webkurtvile.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4693174 Facebook: kurtvileofphilly Twitter: therealkurtvile Instagram: kurtvile Tumblr: therealkurtvile MySpace: kurtvileofphilly Souncloud: kurtvile Spotify: 5gspAQIAH8nJUrMYgXjCJ2 iTunes: 274234314 Last fm: Kurt+Vile Musicbrainz: e07a111e-4e8a-4651-a849-01ac60551ab2 Songkick: 4294851 Discogs: 1203535 Allmusic: mn0001988927 Deezer: 294912 Editar o valor en Wikidata

Kurt Samuel Vile, nado o 3 de xaneiro de 1980,[1] é un cantante, compositor, multiinstrumentista e produtor musical estadounidense. É coñecido polo seu traballo en solitario e como antigo guitarrista da banda de rock The War on Drugs. Tanto no estudio como en vivo Vile está acompañado pola súa banda de apoio, The Violators, que no presente está formada por Jesse Trbovich (guitar, saxophone), Rob Laakso (guitar, bass, teclados), Kyle Spence (batería) e Adam Langellotti (baixo).

Influenciado por Pavement, John Prine, Neil Young, Tom Petty, Dinosaur Jr., e John Fahey,[2] Vile comezou a súa carreira musical creando gravacións caseiras lo-fi co colaborador habitual Adam Granduciel en Filadelfia, co cal participou nos primeiros traballos de The War on Drugs e en varios proxectos en solitario. Centrándose na súa carreira en solitario, Vile publicou dous álbums, Constant Hitmaker (2008) e God Is Saying This to You... (2009), recompilando varias gravacións caseiras de 2003. Vile asinou con Matador Records en 2009 e lanzou o seu terceiro álbum, Childish Prodigy, ese mesmo ano. O disco foi o seu primeiro gravado nun estudio e coa participación total de The Violators.

En 2011 Vile publicou o seu cuarto álbum de estudio, Smoke Ring for My Halo, que incrementou significativamente a súa exposición. O seu quinto álbum de estudio, Wakin on a Pretty Daze, foi lanzado en 2013 con Laakso substituíndo a Granduciel na banda de apoio. En 2015 Vile publicou o seu sexto álbum, B'lieve I'm Goin Down.... O sinxelo proncipal dese disco, "Pretty Pimpin", foi a canción de Vile que mellor funcionou ata a data, chegando ao número 1 da lista Billboard Adult Alternative Songs en marzo de 2016. O seu lanzamento de 2017, Lotta Sea Lice, é unha colaboración coa cantante e guitarrista australiana Courtney Barnett. En 2018 publicou o seu oitavo álbum de estudio, Bottle It In, seguido por un EP con influencias country, Speed, Sound, Lonely KV, en 2020.[3]

  1. "The Fly May 2013 by The Fly - Issuu". issuu.com (en inglés). Consultado o 2022-06-20. 
  2. "Questions of doom with Kurt Vile". Bad Vibes. 2011-07-11. Archived from the original on 11 de xullo de 2011. Consultado o 2022-06-20. 
  3. "News: Listen to Kurt Vile Sing “How Lucky” with John Prine, “Speed, Sound, Lonely KV” EP Out 10/2". New Noise Magazine (en inglés). 2020-09-28. Consultado o 2022-06-20.