Saltar ao contido

Lo-fi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lo-fi
Orixe musicalrock and roll, garage rock, punk rock
Orixe cultural1960s – 1980s
Instrumentos típicosinstrumentación rock con medios baratos de gravación

Lo-fi (do inglés low fidelity) é un enfoque estético da música onde predomina o uso de medios de gravación de baixa fidelidade. O obxectivo é obter un son auténtico, algo menos producido. Moitos artistas lo-fi usan medios económicos de gravación como as cintas de casetes.

O termo low-fi deulle nome a un movemento dentro do underground estadounidense dos anos 80, formado por bandas que gravaban o seu material en equipos de catro pistas caseiros. Estes grupos flutuaban entre cancións sinxelas de rock ou pop ata estruturas de noise puro ou experimentación.[1]

Inicialmente o material das bandas lo-fi movíanse a través de casetes gravados na casa, pero algúns selos independientes, como K Records, publicaron os seus traballos en vinilo.[1]

Algunhas bandas do xénero

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Allmusic (ed.). "Lo-fi en Allmusic". Consultado o 5 de marzo de 2016.