Animal Collective
Animal Collective | |
---|---|
Orixe | Baltimore, Maryland, Estados Unidos |
Período | 2000 - presente |
Xénero(s) | pop experimental, pop sicodélico, neo-psychedelia, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Animal, Catsup Plate, St. Ives, Paw Tracks, Fat Cat, Domino |
Membros | David Portner (Avey Tare) Noah Lennox (Panda Bear) Brian Weitz (Geologist) Josh Dibb (Deakin) |
Artistas relacionados | Automine, Black Dice, Vashti Bunyan, Gang Gang Dance, Kría Brekkan |
Na rede | |
myanimalhome.net | |
Animal Collective é unha banda orixinaria de Baltimore, Maryland, baseada na actualidade en Nova York. Animal Collective está composta por Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox), Deakin (Josh Dibb) e Geologist (Brian Weitz). Os discos gravados baixo o nome Animal Collective poden incluír contribucións dalgúns ou todos eses membros, xa que a formación non é uniforme.
O traballo da banda caracterízase por unha exploración ecléctica de estilos, incluídos psicodelia, freak folk, noise, e electrónica,[1] co uso de elementos como loops, drones, sampling, harmonías vocais, e collages sonoros. Fred Thomas de AllMusic suxire que o grupo "definiu a cara do rock experimental independente durante os anos 2000 e 2010".[2]
Os seus membros coñecéronse na escola e comezaron a gravar xuntos en distintas formas de colaboracións a unha idade moi temperá. En 1999 fundaron o selo discográfico Paw Tracks, publicando o que agora é considerado o seu álbum de estrea, Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished (2000), así como traballos doutros artistas.[3] O seu álbum de 2007 Strawberry Jam foi o primeiro en entrar na lista Billboard 200.[4] A continuación de 2009 Merriweather Post Pavilion foi o traballo máis exitoso do grupo, chegando aos número 13 da lista estadounidense;[5] o seu son pop psicodélico con moita reverberación resultou moi influente na música independente da década seguinte.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished | 2000 | Animal | como Avey Tare e Panda Bear |
Danse Manatee | 2001 | Catsup Plate | como Avey Tare, Panda Bear e Geologist |
Campfire Songs | 2003 | Catsup Plate | como Campfire Songs |
Here Comes the Indian | 2003 | Paw Tracks | |
Sung Tongs | 2004 | FatCat Records | |
Feels | 2005 | FatCat Records | |
Strawberry Jam | 2007 | Domino Records | |
Merriweather Post Pavilion | 2009 | Domino Records | |
Centipede Hz | 2012 | Domino Records | |
Painting With | 2016 | Domino Records | |
Time Skiffs | 2022 | Domino Records | |
Isn't It Now? | 2023 | Domino Records |
EPs
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Prospect Hummer | 2005 | FatCat Records | con Vashti Bunyan |
People | 2006 | FatCat Records | |
Water Curses | 2008 | Domino Recording Company | |
Fall Be Kind | 2009 | Domino Recording Company | |
Keep + Animal Collective | 2011 | Keep | |
Transverse Temporal Gyrus | 2012 | Domino Recording Company | |
Monkey Been to Burn Town | 2013 | Domino Recording Company | |
New Psycho Actives Vol. 1 | 2015 | autoeditado | como Avey Tare e Geologist |
The Painters | 2017 | Domino Recording Company | |
Meeting of the Waters | 2017 | Domino Recording Company | |
New Psycho Actives Vol. 2 | 2019 | autoeditado | como Avey Tare e Geologist |
Bridge to Quiet | 2020 | Domino Recording Company |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mac, Sam C. (2016-02-04). "Review: Animal Collective, Painting With". Slant Magazine (en inglés). Consultado o 2023-10-02.
- ↑ "Animal Collective Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-02.
- ↑ "Animal Collective Interview - Geologist + Avey Tare - Identity Theory". www.identitytheory.com (en inglés). 2005-08-29. Consultado o 2023-10-02.
- ↑ Trust, Gary (2015-01-22). "We’re No. 1! ‘Billboard #1 Gospel Hits’ Debuts Atop Gospel Albums Chart". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-10-02.
- ↑ "Animal Collective - Merriweather Post Pavilion - Uncut.co.uk". web.archive.org. 2013-12-02. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 2023-10-02.
- ↑ Kloczko, Justin (2019-01-04). "Animal Collective’s Indie Psych-Pop Masterpiece Is Still Reverberating". The Ringer (en inglés). Consultado o 2023-10-02.