Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished
Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Avey Tare and Panda Bear | ||||
Publicado | 2000 | |||
Gravación | maio - setembro de 1999 | |||
Duración | 60:38 | |||
Xénero(s) | neopsicodelia, electrónica, freak folk | |||
Selo(s) | Animal, FatCat Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished é o álbum de estrea da banda estadounidense de neopsicodelia Animal Collective, publicado en agosto do 2000 a través do seu propio selo Animal (agora coñecido como Paw Tracks). O disco foi editado baixo o nome "Avey Tare and Panda Bear" e só foron lanzadas 2000 copias. Dende entón foi reeditado como CD duplo xunto con Danse Manatee no ano 2003 a través do selo FatCat Records. Tamén está dispoñible nunha edición limitada en vinilo lanzada polo mesmo selo.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Todos os temas foron compostos por Avey Tare (David Portner) dende 1997 ata 1999, agás "Penny Dreadfuls", escrito cando tiña 16 anos. O proceso de composición estivo fortemente influenciado polo seu traslado dende Baltimore ata Nova York, describíndoo como un "período escuro" sendo Brian Weitz (Geologist) o seu único amigo na cidade.
Portner e Panda Bear (Noah Lennox) gravaron a guitarra acústica e a batería ao vivo nun gravador de cinta de 8 pistas Tascam 48 na habitación de Portner en Maryland, durante o verán de 1999. As cancións de piano, xunto cos overdubs, graváronse no salón dos pais de Portner.
Un vello sintetizador Roland SH-2, que o irmán de Brian Weitz atopou almacenado nun campamento, foi usado para os sons de baixo. As baterías foron tocadas con escobillas para emular os álbums Ocean Rain e Forever Changes. Outros sons, como os da maioría de "Spirit They've Vanished", foron creados usando circuítos de retroalimentación.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Spirit They've Vanished" – 5:35
- "April and the Phantom" – 5:53
- (Untitled) – 2:58
- "Penny Dreadfuls" – 7:58
- "Chocolate Girl" – 8:28
- "Everyone Whistling" – 1:00
- "La Rapet" – 7:52
- "Bat You'll Fly" – 5:03
- "Someday I'll Grow to Be As Tall As the Giant" – 3:10
- "Alvin Row" – 12:39
Houbo unha certa confusión sobre a listaxe de cancións do álbum. Na edición orixinal limitada a canción se título que aparecía no corte 3 non se listou xunto cos outros temas. Debido a que a listaxe de cancións non lle daba o seu correspondente número ao resto dos temas, pensouse erroneamente que que os cortes 3-9 eran realmente os 4-10, polo que "Alvin Row" non tiña título. Este erro aparece en case todas as recensións do álbum tras a súa publicación inicial no ano 2000. A reedición de Fat Cat do 2003 aclara este erro numerando as cancións e deixando un espazo en branco para o corte 3.