Kusamakura
Kusamakura 草枕 | |
---|---|
Título orixinal | 草枕 |
Autor/a | Natsume Sōseki |
Orixe | Xapón |
Lingua | Xaponés |
Xénero(s) | Novela |
Data de pub. | 1906 |
Precedido por | Botchan (1906) |
Seguido por | Shumi no iden (1906) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Kusamakura (xaponés: 草枕; lit. "Almofada de herba") é unha novela de Natsume Sōseki, publicada no 1906. O autor describíuna como unha "novela haiku", polo seu peculiar estilo de escrita.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Kusamakura conta a historia dun artista que se retira a un afastado hotel nas montañas, onde coñece á súa anfitrioa, O-Nami, que lle recorda á Ophelia (c. 1851) de John Millais (1829-1896). Malia estar á procura de temas para pintar, pasa a meirande parte do seu tempo escribindo poesía. As súas poesías intégranse nun texto que reflicte escenas da súa vida de reclusión. Estas meditacións conteñen numerosas citas e referencias a pintores e escritores xaponeses, chineses e europeos. Por exemplo, o protagonista analiza a diferenza entre poesía e pintura defendida por Ephraim Lessing (1729-1781) no seu Laokoon oder Ueber die Grenzen der Malerei und Poesie ("Laocoonte, ou Sobre os principios da arte e da poesía", 1766). Outros autores mencionados na obra son Wang Wei (699-759), Matsuo Bashō (1644-1694), Laurence Sterne (1713-1768), Oscar Wilde (1854-1900) e Henrik Ibsen (1828-1906).
O duodécimo capítulo contén un panexírico polo pasamento de Misao Fujimura (1886-1903), un estudante de Sōseki que se suicidou nas cataratas de Kegon. O escritor descríbeo como un acto heroico en nome da poesía.[2][3]
Traducións
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Kusamakura (2009). Tradución directa de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme. ISBN 978-84-301-2089-5.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kusamakura: Almohada de hierbas". www.lecturalia.com. Consultado o 01-04-2024.
- ↑ Asakura (2005): 45.
- ↑ 3,0 3,1 Sōseki (2021).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Asakura, K. (2005). Jisatsu no shisō 自殺の思想 [Pensar o suicidio; en xaponés]. Edicións Ōta. ISBN 978-4-87233-945-1
- Sōseki, N. (2021). Kusamakura (en castelán). Tradución de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme. ISBN 978-84-301-2089-5