Shumi no iden
Aparencia
Shumi no iden | |
---|---|
Autor/a | Natsume Sōseki |
Orixe | Xapón |
Lingua | lingua xaponesa |
Data de pub. | 1906 |
Precedido por | Kusamakura (1906) |
Seguido por | Nihyakutōka (1906) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Shumi no iden (xaponés: 趣味の遺傳, lit. "A herdanza do gusto") é unha novela curta de Natsume Sōseki. Foi escrita nun período de oito días en decembro do 1905, e publicada en xaneiro do 1906 na revista Teikoku bungaku 帝国文学 ("Literatura imperial"). A historia transcorre durante a guerra ruso-xaponesa, e expresa as opinións do autor sobre a guerra.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A obra conta a chegada do narrador a unha estación de tren xunto cos soldados nipóns. O protagonista ve a un soldado moi parecido ao seu amigo Kō-san, asasinado durante o conflito. Máis tarde, no cemiterio, descobre que unha rapaza estivo a visitar o sepulcro do seu amigo. Movido pola curiosidade, viaxa á casa da nai de Kō-san, onde le o seu diario e coñece a historia da moza.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Natsume, S. (2010). Shumi no iden: La herencia del gusto. Tradución directa ao castelán de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Shumi no iden". www.sigueme.es. Consultado o 2024-04-14.