Léon Gaston Seurat
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1872 Châlons-en-Champagne, Francia |
Morte | 5 de xullo de 1949 (77 anos) Bir Mourad Raïs (pt) |
Q89547790 | descritor do xénero Wuchereria |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, naturalista, parasitólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Argel Benyoucef Benkhedda (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Seurat |
Léon Gaston Seurat, nado en Châlons-en-Champagne o 27 de abril de 1872 e finado en Bir Mourad Raïs (Alxeria) o 5 de xullo de 1949[1], foi un zoólogo, naturalista, parasitólogo e profesor universitario francés.[2] coñecido polas súas investigacións sobre a fauna nativa da Polinesia Francesa e do norte de África.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1899 presentou a súa tese de doutoramento sobre himenópteros entomófagos na Universidade de París. Desde 1902 a 1905 traballou como naturalista nos mares do sur, sobre todo nas illas Tuamotu e Gambier.[3] En maio de 1906 comezou a traballar como zoólogo no laboratorio da Biologie appliquée aux colonies.[4] Máis adiante foi nomeado profesor de Zooloxía na Universidade de Alxer.[3]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Observations sur la Structure, la Faune et la Flore de l'Ile Marutea du Sud, 1903.
- Observations sur l'évolution de l'huître perlière des Tuamotu et des Gambier, 1904.
- Observations sur quelques îles orientales de l'Archipel Tuamotu, 1904.
- Tahiti et les établissements français de l'Océanie, 1906.
- Sur un nouvel Ophiostonum parasite du Gundi, 1915.
- Sur deux nouveaux Spiroptères des carnivores, 1915.
- Physaloptères des Mammifères du Nord-Africain, 1917.
- Faune des eaux continentales de la Berbérie, 1921.
- Exploration zoologique de l'Algérie de 1830 à 1930, 1930.
- Exploration zoologique des côtes de l'Algérie de 1724 à 1930, 1930.
- Exploration zoologique des côtes de l'Algérie orientale secteurs de Bône et de La Calle, 1937.
- Faune des eaux continentales de la Tunisie (eaux superficielles), 1944.
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]Varios taxons foron nomeados na súa honra,[4] entre eles Acomys seurati, Perinereis seurati, unha especie de anélido descrita por Charles Gravier en 1905,[5] e Calcinus seurati, un crustáceo descrito en 1951 por Jacques Forest.[6]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Seurat emprégase para recoñecer a Léon Gaston Seurat como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía e botánica.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Léon-Gaston Seurat". BNF.
- ↑ Seurat, Léon Gaston (1872-1949) en www.idref.fr.
- ↑ 3,0 3,1 IDREF.fr bibliography
- ↑ 4,0 4,1 Archive.org Full text of "Bulletin du Museum national d'histoire naturelle"
- ↑ WoRMS (2014). G. Read & K. Fauchald, ed. "Perinereis seurati Gravier, 1905". World Polychaeta database. World Register of Marine Species. Consultado o 2014-04-30.
- ↑ iNaturalist.org Seurat's Hermit Crab
- ↑ Seurat – Léon Gaston Seurat (1872-1949) no IPNI.