Saltar ao contido

Lobo floculonodular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lóbulo floculonodular»)
Lobo floculonodular
Representación esquemática cos lobos do cerebelo.
Gray's pág.791

O lóbulo floculonodular ou lobo floculonodular é un dos tres lobos do cerebelo. Sitúase por diante da fisura posterolateral e como o seu propio nome indica está formado polo nódulo, tamén chamado vermis, e os flóculos (que corresponden aos hemisferios), unidos polo pedúnculo do flóculo.O termo corpo do cerebelo utilízase para denominar a totalidade do cerebelo, agás o lóbulo floculonodular.[1]

O lobo floculonodular constitúe a parte do cerebelo denominada vestibulocerebelo. Recibe aferencias dos canais semicirculares e das máculas a través dos núcleos vestibulares, e do córtex visual a través dos núcleos da ponte. As eferencias que envía chegan directamente aos núcleos vestibulares sen pasaren previamente por ningún núcleo profundo do cerebelo. Pode modular a actividade dos tractos que descenden desde os núcleos vestibulares á medula espiñal e das motoneuronas α que innervan os músculos extrínsecos do globo ocular. Grazas a isto o vestibulocerebelo pode encargarse de controlar e regular o equilibrio corporal, os movementos oculares e o ton muscular.[2] This lobe is also involved in the maintenance of balance equilibrium and muscle tone.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. Frank H. Netter, MD. Atlas of Human Anatomy, 4º Edición; 2007
  2. "Chapter 8B: Cerebellar Systems". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. Consultado o 02 de marzo de 2013. 
  3. Mathias Baehr; Michael Frotscher (2012-01-25). Duus' Topical Diagnosis in Neurology: Anatomy, Physiology, Signs, Symptoms. Thieme. ISBN 978-3-13-164455-8.