Lobo posterior (cerebelo)
Aparencia
Lobo posterior | |
---|---|
Representación esquemática cos lobos do cerebelo. | |
Gray's | pág.791 |
O lobo posterior ou lóbulo posterior é un dos tres lobos do cerebelo. Sitúase por diante da fisura prima e abrangue parte da cara anterior e parte da cara superior.[1]
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O lobo posterior do cerebelo subdivídese en:
- Declive, que descende desde o culmen cara a atrás e se asocia lateralmente ao lobuliño simple ou porción inferoposterior do lobuliño cuadrangular.
- Folium ou folla do vermis, que é unha estreita lámina de unión entre os lobuliños semilunares superiores (ou anseriformes; esquerdo e dereito.
- Túber ou tubérculo do vermis, que se asocia lateralmente aos lobuliños semilunares inferiores e aos lobuliños gráciles (delgados ou paramedianos; e se sitúa xusto por debaixo da fisura horizontal que o separa do folium.
- Pirámide do vermis, que se sitúa por diante do túber e se asocia cos lobuliños digástricos esquerdo e dereito. A fisura que a separa do túber chámase prepiramidal e a que a separa da úvula chámase pospiramidal ou secundaria.
- Úvula do vermis, que se encontra entre as dúas amigdalas cerebelosas xusto por encima da pirámide.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frank H. Netter, MD. Atlas of Human Anatomy, 4º Edición; 2007
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lobo posterior |