Lobo anterior (cerebelo)
Aparencia
Lobo anterior | |
---|---|
Representación esquemática cos lobos do cerebelo. | |
Gray's | pág.791 |
O lobo anterior ou lóbulo anterior é un dos tres lobos do cerebelo. Sitúase por diante da fisura prima e abrangue parte da cara anterior e parte da cara superior.[1] Subdivídese en:
- Língula, que é a porción máis anterior do vermis e se une ao veo medular superior.
- Lobuliño central, que se sitúa xusto por encima da língula e se prolonga a ambos os lados mediante as ás do lobuliño central. A fisura que o separa da língula recibe o nome de fisura precentral.
- Culmen, que é a porción máis cranial de todo o vermis e se asocia lateralmente coa porción anterior dos lobuliños cuadrangulares. A fisura que o separa do lobuliño central denomínase poscentral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frank H. Netter, MD. Atlas of Human Anatomy, 4º Edición; 2007
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lobo anterior |