Lüderitz
Lema | «Challenge, Innovation, Prosperity» | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Adolf Lüderitz | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Namibia | |||
Rexión | Karas | |||
Circunscrições da Namíbia (pt) | ǃNamiǂNûs Constituency (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 12.537 (2011) (819,41 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 15,3 km² | |||
Altitude | 6 m-5,7 m | |||
Creación | 12 de maio de 1883 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 6331 | |||
Sitio web | luderitz-tc.com |
Lüderitz é unha cidade portuaria de Namibia, situada na rexión de Karas, a máis meridional do país.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio ocupa unha superficie de 112,9 km². No ano 2011 contaba cunha poboación de 12 537 habitantes, polo que nese ano a súa densidade de poboación de 162,44 hab./km².
Ten un clima semidesértico, con fortes diferenzas entre as temperaturas (máxima anual media, 37,5 °C, e mínima anual media de 0,2 °C) e escaseza de precipitacións, cunha media anual de 17 mm.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada o 12 de maio de 1883 polo comerciante bremés Adolf Lüderitz, despois da compra da Angra Pequena e os seus arredores a un xefe local nama.
A cidade comezu como unha factoría con actividade pesqueira e de recolección de guano. Foi a cidade principal da Compañía Colonial da África do Suroeste Alemá.
En 1909, tras o descubrimento de diamantes na zona, Lüderitz converteuse nunha cidade próspera. Na actualidade a extracción de diamantes eé escasa, pero segue sendo importante.
O seu porto é de augas pouco profundas, o que o fai inutilizábel para as naves modernas. Isto conduciu a que Walvis Bay se convertera no centro industrial marítimo de Namibia. Recentemente, porén, a construción dun molle novo permitiu que buques de pesca máis grandes atraquen en Lüderitz.
Economía
[editar | editar a fonte]A actividade pesqueira é a principal fonte de ingresos da cidade. É importante a pesca de lagosta e pescada. A maior parte das capturas destínanse á exportación. España é un dos principais destinos das exportacións pesqueiras. A antiga empresa española Pescanova (e agora a súa sucesora Nueva Pescanova),[2] conta con dúas plantas de procesado Namibia, a principal, NovanNam-Lüderitz, en Lüderitz,[3] onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.[4] A outra, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa conta con 300 operarios.[4]
O turismo cada vez se afianza máis como unha importante fonte de ingresos. A cidade conta con edificios coloridos da época colonial alemá, incluíndo algúns exemplos de Art Nouveau que recordan con nostalxia estar en Alemaña, pero co deserto de fondo. A cidade tamén foi redeseñada nun intento por atraer turistas á área, que inclúe unha zona ribeirá para tendas e oficinas.
Lüderitz conta adenais con construcións para a protección da vida salvaxe, incluíndo focas, pingüíns, flamengos e avestruces.
É tamén sede dun museo, nun edificio que antigamente era a cabeceira final da liña férrea a Keetmanshoop.
Nas aforas de Lüderitz xace o pobo fantasma de Kolmanskop. Este pobo, antigamente animado, está agora abandonado e en constante loita para non ser enterrado baixo as movedizas dunas das areas do deserto do Namib.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escudo de armas da cidade
-
Escudo de armas na época colonial alemá
-
O porto de Lüderitz
-
A cidade vista desde a illa dos Tiburóns
-
Foto aérea de Lüderitz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Klimatafel von Lüderitz-Diaz Point (Leuchtturm) / Namibia" (PDF). Baseline climate means (1961-1990) from stations all over the world (en alemán). Deutscher Wetterdienst. Agosto de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2019.
- ↑ Elena Salgado ficha por Nueva Pescanova y entra en el consejo de administración. Europa Press, 09/02/2016.
- ↑ NovaNam, filial del grupo Nueva Pescanova en Namibia, cumple 27 años de historia
- ↑ 4,0 4,1 Un libro recoge el papel de NovaNam, filial del Grupo Nueva Pescanova, en el desarrollo de la industria pesquera en Namibia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lüderitz |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lüderitz. Between wind and water Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés).
- Nueva Pescanova presenta el documental "La Ciudad que Nació del Mar".