La Bañeza
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León ![]() | |||
Capital | La Bañeza (en) ![]() ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 10.023 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 19,71 km² ![]() | |||
Altitude | 772 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | José Miguel Palazuelo Martín ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24750 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 987 ![]() | |||
Código INE | 24010 ![]() | |||
Sitio web | aytobaneza.es ![]() |
La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, ao sopé da serra do Teleno. É tamén cabeza de partido xudicial. A súa poboación é de 10.068 habitantes (INE, 2021).
Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.
Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como o Entroido, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales se celebra unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do concello Arquivado 21 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)